Buscar neste blog

21 xaneiro 2025

Carmen Alberto doa a obra " No siempre llueve" á colección permanente do Ateneo Ferrolán

 Neste Xaneiro temos a fortuna de contar coa doazón ao fondo do Ateneo ferrolán da obra da nova e talentosa Carmen Alberto, a súa exposición na entidade o pasado verán foi das máis visitadas e agardamos que se repita coas súas novas coleccións.

A súa obra achega todo o olor do mar , a luz inconfundible da costa atlántica e nesta ocasión retrata un dos recunchos máis fermosos e queridos na comarca, a praia salvaxe de Doniños en toda a súa beleza de ondas , rochas e luz. 

Carmen asinando a obra.

Carmen malía ser moi nova e estar a cursar aínda os seus estudos en Sevilla posee un grande talento que estamos seguros a levará moi lonxe no dificil mundo da arte que non lle é descoñecido ao ser biznieta dun grande arquitecto moi coñecido en Ferrol , Rodolfo Ucha, o artifice da maior parte de obra modernista da nosa cidade. 

Desde nena soñou con ser pintora e nese vieiro está a estudar Bellas Artes en Sevilla.

Neste tempo xa tivo varios recoñecementos, como un  tercer lugar nos Premios Lidera 2018, a ilustración do libro «El castillo de los calcetines perdidos» e o encargo do cartel procesional da Hermandad de la Virgen de la Alegría en Sevilla.

Carmen destaca sempre o apoio incondicional da súa familia e amigos. Especialmente destaca á súa avoa Clara, quen lle inculcou desde pequena o amor pola arte, unha herdanza digna de Rodolfo Ucha Piñeiro. Ademais, considérase discípula de Eva Liberal, quen lle ensinou os principios da pintura.Hoxe , esta pequena obra que nos cede pasará a ser visitable no Ateneo Ferrolán xunto con obras de pintores senlleiros como Villamil, Segura Torrella, Tomas Barros...etc.


Ningún comentario: