O martes 13 de maio as 19 h acollemos, nunha actividade organizada por Fuco Buxán, a presentación en Ferrol do documental A loita final. Dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera, que analiza os posibles efectos da implantación da planta de Altri en Palas de Rei.
A plataforma Ulloa Viva e máis o colectivo Palas Viva explican que o documental xorde "a raíz da preocupación suscitada" polas posibilidades de que un proxecto da "envergadura" do proxecto industrial da celulosa portuguesa e Greenalia "se puidese realizar".
Unha decena de persoas expertas en eidos coma patrimonio, edafoloxía, agro, hidroloxía, economía, desenvolvemento rural ou saúde abordaron de maneira tan ampla coma crítica os posibles impactos da fábrica de celulosa.
O traballo destacaba que o emprazamento de Altri en Palas "responde a necesidades esóxenas ao territorio", reducido a "soporte da actividade económica" e exposto a "unha grave fractura". Ademais, advertía de que daría menos emprego do prometido e de que suporía "incrementar substancialmente as plantacións de eucaliptos en Galicia ou, no seu defecto, importar madeira".
Creouse de xieto desinteresado e vai estar a disposición de todo aquel que o queira ver. Ademais, considera que a súa difusión supón levar a cabo “un labor de servizo público que agora mesmo non se está a cubrir pola televisión pública”.
Para os autores do documental, segundo explican nun comunicado, o obxectivo é “que a xente teña a posibilidade de coñecer esta información e a partir de aquí que decida libremente”.