Buscar neste blog

16 outubro 2025

Presentación do doble libro de Pablo Herrero Coira: “Co2 en 32 poemas + Ceum (Camino)”

Presentación do doble libro de Pablo Herrero Coira: “Co2 en 32 poemas + Ceum (Camino)”

O vindeiro 24 de outubro ás 19:00 h teremos un contubernio especial no salón de actos do Ateneo Ferrolán, onde o fotógrafo e poeta Pablo Herrero Coira presentará oficialmente o seu novo dobre libro “Co2 en 32 poemas + Ceum (Camino)”, como expresión da súa afección á escritura. 

Segundo comenta o propio autor:

“Por fin viu a luz o meu libro que xa debería saír en 2008 pero a vida dá moitas voltas”.
“Só fun capaz de vender doce, moi repartidos pola xeografía nacional”.
E engade: “Os dous orixinais en papel histórico e guaflex contiñan a parte da ratita pero decidín non publicala aínda”.

Sobre o autor e as súas obras

Pablo Herrero Coira, ademais da súa faceta fotográfica, ten unha longa inclinación pola poesía que leva cultivando desde hai anos. Algúns dos versos do seu libro xa se podían atopar en espazos culturais e literarios en liña, por exemplo no portal da editorial Ratón de Biblioteca

Os poemas de “Co2 en 32 poemas” mostran influencias de autores como J. A. Valente, Seamus Heaney, W. Whitman, Goethe, entre outros. Xeitos diversos de poesía aproveitan imaxes, emocións, comparacións poderosas, tensión entre o eu e o entorno. A outra parte do libro, “Ceum (Camino)”, está dedicada ás mulleres que pasaron pola súa vida, marcando momentos, lembranzas, emocións intensas.

Sobre a editorial

O libro publica con Ratón de Biblioteca, editorial con sede en Ferrol. Este selo editorial especialízase en poesía e narrativa (novela e relato curto), e ofrece tamén difusión cultural, servizos a autores, etc. 


Ningún comentario: