O Ateneo Ferrolán inaugura exposición: "Fachadas de Ferrol a escala"
Ferrol, 25 de setembro de 2025 — Mañá, venres 26 de setembro, ás 19:00 h, o Ateneo Ferrolán acollerá a inauguración da exposición "Fachadas de Ferrol en miniatura", unha mostra do artista ferrolán Carlos Macías, quen recrea con gran detalle e agarimo fachadas emblemáticas da cidade. A inauguración irá acompañada dun aperitivo, e a exposición estará aberta ao público, con entrada libre, desde o 26 de setembro ata o 31 de outubro.
Sobre a exposición
A exposición reúne maquetas feitas de forma completamente artesanal, que reproducen fachadas representativas de Ferrol: edificios da arquitectura naval, fachadas modernistas, inmobles da Ilustración, e outros que forman parte da identidade urbana da cidade.
Unha parte especial da mostra será a alfaia da coroa para nós, a maqueta da fachada do Ateneo Ferrolán, que o autor doa á institución. O Ateneo ten un dos edificios máis señoriais da cidade, e esta maqueta será un tributo á súa historia e ao seu valor arquitectónico.
Construídos en 1879, foi unido ao eidifcio veciño posteriormente mediante unha reforma do arquitecto Alfredo Alcalá; Macías reproducirá esta unión arquitectónica, coas súas particularidades.
Sobre o autor
Carlos Macías adicouse, tras xubilarse, a plasmar en miniatura a memoria arquitectónica de Ferrol.
Creou decenas de pezas entre as que figuran maquetas do Concello, do Casino, do Hotel Suizo, da Casa Pereira, Casa Brañas, do edificio da Escola da Vaca, do faro de Cabo Prior, do mercado,da Casa do Patín, e outros inmobles singulares que forman parte da historia urbana ferrolá.
O seu traballo é un exercicio de memoria, non só arquitectónica senón social: moitos dos edificios que reproduce son aqueles que desapareceron ou foron reformados ata cambiar moito, de modo que as maquetas actúan tamén como testemuños do pasado local.
Ningún comentario:
Publicar un comentario