Tertulia literaria con Miguel Castro no Ateneo Ferrolán
Será unha oportunidade privilexiada para coñecer de primeira man o proceso creativo do autor, comentar cos socios e socias as claves da obra e dialogar sobre as súas personaxes, atmosferas e temas centrais.
Trátase dunha actividade exclusiva para persoas asociadas ao Ateneo Ferrolán, pensada como un espazo de encontro, reflexión e goce compartido da literatura.
Sobre o autor: Miguel Castro Serantes
Natural de Ferrol (1979), Miguel Castro Serantes combina a docencia en Educación Primaria coa súa paixón pola escritura. É autor de Lodo (2020) e da súa segunda novela, La cuadrilla de las olas rotas, ambientada en escenarios moi vencellados á súa vida como Ferrol e Valdoviño.
Ademais de cultivar a narrativa, colabora no suplemento Nordesía do Diario de Ferrol, onde escribe crítica cinematográfica e artigos culturais. A súa obra caracterízase por unha forte carga emocional e xeracional, reflexo dunha adolescencia vivida antes da irrupción do móbil e das redes sociais.
Con La cuadrilla de las olas rotas dá un paso adiante no seu percorrido literario, ofrecendo unha novela íntima e ao tempo coral, na que o paso do tempo, a amizade e a memoria se entrelazan coa forza evocadora da paisaxe atlántica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario