Buscar neste blog

31 outubro 2025

Presentación "Por que non hei de cantar" de Leticia Eirín e Xosé Manuel Sánchez Rei.

 

A Universidade da Coruña presenta o libro «Por que non hei de cantar» publicado pola mesma Universidade de A Coruña no Ateneo Ferrolán.

A Universidade da Coruña invita a asistir á presentación do libro Por que non hei de cantar, editado pola propia universidade, que terá lugar o próximo 6 de novembro ás 20:00 h na Sala Dúas (3.º andar) do Ateneo Ferrolán, en Ferrol.

No acto estarán presentes os autores:

  • Leticia Eirín (licenciada en Filoloxía Galega pola UDC e doutorada no ano 2012), cuxa liña de investigación se centra na literatura medieval galego-portuguesa. 

  • Xosé Manuel Sánchez Rei (nado en A Coruña en 1973 e profesor titular na UDC na área de Filoloxía Galega e Portuguesa), especialista en gramática da lingua galega actual e en linguaxe literaria contemporánea. 

Tamén acompañarán o acto as vicerreitoras: María Cristina Naya Riveiro e Cristina López Villar.


Sobre o libro

Esta obra publicouse con motivo do Día das Letras Galegas de 2025 adicado á “poesía popular oral” ou, dito doutro xeito, ás “cantareiras” — ás mulleres que conservaron e transmitiron o seu saber a través das cantigas. 

  A obra, polo tanto, quere render homenaxe a todas as mulleres que conservaron e transmitiron o seu saber a través das cantigas. Presenta unha escolma de cantares procedentes de áreas en que, máis dun século despois, se asentarían os campus da Coruña e de Ferrol. A UDC contribúe así a dar a coñecer un patrimonio inmaterial con escasas equivalencias noutras partes de Europa, ao mesmo tempo que reivindica o papel das mulleres na creación e transmisión dese importante legado cultural e literario.



Ningún comentario: