VI Exposición Colectiva de Artes Plásticas "Pequeno Formato"


Informamos que no mes de Decembro de 2009, imos celebrar, nas salas do Ateneo Ferrolán, a VI Exposición Colectiva de Artes Plásticas "Pequeno Formato", só para socios e socias do Ateneo Ferrolán, na que podes participar con unha ou dúas obras.

Para iso, debes enviar as obras antes do 10 de decembro, acompañadas dunha plica onde se sinale o nome do autor, enderezo, título da obra, así como o seu prezo si é que a desexas poñer á venda, a medida máxima da obra será de 70 x 70 cm.. incluíndo o marco.

O expositor que venda a súa obra aboará ó Ateneo unha comisión do 10%. Os gastos que orixine a exposición como tarxetas, cartel, copa de viño da inauguración, ... correrá a cargo do Ateneo Ferrolán, excepto transportes e seguros.

As obras non adquiridas, deberán ser retiradas no prazo máximo dun mes, logo da clausura da exposición, que terá lugar do 17 de decembro ate o 14 de xaneiro na primeira planta do Ateneo Ferrolán.

Esperando a túa participación, recibe un cordial saúdo.

Vocalía de Artes Plásticas do Ateneo Ferrolán 2009.

Xornadas de Promoción do Cooperativismo



A Cooperativa de Consumo Responsable "Xoaniña", organiza os vindeiros días 23, 25 e 27 de Novembro, unhas xornadas de Promoción do Cooperativismo no Ateneo Ferrolán.

PROGRAMA:

23 de novembro [Luns]: Proxectos cooperativos socio-culturais
  • Cooperativa Armeria. Cooperativa de usuarias/os, intercultural, , sen ánimo de lucro pensada como un espazo de convivencia , cultura e traballo.
  • Proxeción: “Fasinpat: Fábricas sen patrón”
25 de novembro [Mércores]: Proxectos sociais e cooperativos agro-ecolóxicos
  • Fundación Galicia Verde. Entidad sen ánimo de lucro, que ten como principal obxectivo promover un desenvolvemento rural máis xusto e sostible.
  • Proxecto Amorodo / Asociación LENTURA. Asociación que traballa nos concellos de Ames, Rois e Dodro para o fomento dunha agricultura sustentable de calidade máis próxima ao consumidor.
  • Cooperativa Rainha Lupa. Proxecto de producción ecolóxica que traballa en Quilmas, Carnota.
27 de novembro [Venres]: Proxectos cooperativos financieiros. Banca ética en Galicia.
  • Coop-57. Proxecto de banca ética cooperativa que opera a nivel estatal, cunha sección galega constituída por 16 entidades cooperativas galegas.
  • Fiare. Proxecto de banca ética que está a nacer en Galicia.

Exposición Fotográfica: "De Caza"


A exposición fotográfica, "De Caza", de Marian Romero, estará na Sala de Exposicións do Ateneo Ferrolán, do 20 de novembro ó 2 de decembro.

A inauguración será o Venres 20 às 8 da tarde
.

"Cantar e divertirse xuntos para unha alfabeto-integración" no Ateneo Ferrolán


A música, é unha porta aberta para favorecer a integración.  Inmigrantes de distintos continentes participan no taller "Cantar e divertirse xuntos para unha alfabeto-integración" no Ateneo Ferrolán, a iniciativa naceu da man da Oficina de Inmigración do Concello de Ferrol, e os obxectivos que se búscan son «axudar a mellorar o uso da lingua e, ao mesmo tempo, favorecer a convivencia e a integración, mediante iniciativas de ocio que permitan aos participantes pasar un tempo de diversión xuntos».

O taller impartido por Yanko Yankov, un profesor de música búlgaro con  larga experiencia neste tipo de iniciativas e que subliña todas as posibilidades que a música ofrece non so á hora de favorecer o aprendizaxe dunha lingua (e por tanto a integración nunha nova cultura), senón como territorio especialmente proclive ao desenvolvemento da creatividade e da  integración.
As datas e horarios do taller que se celebra no Auditorio do Ateneo Ferrolán son:
  • luns 16 de novembro de 18 a 21 horas.
  • martes 17 e mércores 18 de 17 a 19 horas.
  • martes 24 e mércores 25 de 17 a 19 horas
  • luns 30 de novembro de 18 a 21 horas

Martes de Cine: 2º Ciclo sobre Memoria Histórica


RELACIÓN DE DOCUMENTAIS
Todas as proxeccións serán ás 19 horas.
2º CICLO: A MEMORIA RECOBRADA
24 NOVEMBRO
  • Galicia, la tempestad del 36, onde Manuel Rivas, aborda a rebelión militar en Galicia, unha das zonas de España onde enseguida triunfou o golpe militar. Ao longo do percorrido polas terras galegas visítanse, entre outras localidades, A Coruña e Tui. Esta última poboación resistiu durante unha semana ás forzas rebeldes, que logo exerceron duramente a súa autoridade e poder contra os vencidos. Manuel Rivas inspirouse en algunhas historias de esta zona de Galicia para as súas novelas “A lingua das volvoretas” e “O lapis do carpinteiro”. O percorrido inclúe tamén entrevistas con historiadores en escenarios que hoxe son idílicos e fai setenta anos eran terribles, como a ponte de Castuelo en Ourense, ou a Illa de San Simón, un antigo lazareto na Ría de Vigo onde foron internados miles de galegos, vascos e asturianos desde 1936.
1 DECEMBRO
  • Los del monte, con Manuel Gutiérrez Aragón -director que en 1978 realizou “El corazón del bosque”, sobre os maquis do norte-, é un regreso ao bosque, nesta ocasión para investigar, entre outras, a lenda de Juan Fernández Ayala, ‘Juanín’, un dos guerrilleiros cuxa vida nos montes recreou na súa película de finais dos 70. A historia de ‘Juanín’ permite facer un repaso polas fases da guerrilla, desde os “fuxidos” ate os que non se quixeron retirar e acabaron en mans da Guarda Civil. O escritor Julio Llamazares, autor de “Luna de Lobos”, tamén colabora neste episodio para mostrar nos montes de León, cerca de Riaño, refuxios e covas que permanecen intactos e aos que acceden as cámaras por primeira vez.
10 DECEMBRO
  • Málaga, 1937, la carretera de la muerte, con Juan Madrid, novelista, historiador e guionista nacido en Málaga, conta a historia da toma de Málaga e a retirada republicana pola estrada da costa cara a Almería. No documental analizase a conquista de Málaga por tropas franquistas e italianas, a situación no interior da cidade e cómo prodúcese a que deuse en chamar “La desbandá”. Non hai cifras fiables, pero falase de que foron unhas cen mil persoas as que fuxiron. Esa columna, de varios quilómetros, foi bombardeada pola aviación e a mariña franquista, que non deixou de hostigar aos que fuxían nos varios días que durou a marcha. Centos de mortos e feridos civís foron a consecuencia desas accions. Un dos personaxes que brillou con luz propia nesa fuxida pola estrada de Málaga foi o famoso doutor Bethune. O doutor Bethune, médico canadense, inventou un quirófano móbil, con plasma refrixerado, montado nunha ambulancia, que serviu para facer transfusións nas cercanías do fronte e salvar así moitas vidas. Con esa ambulancia chegou a Almería e desde alí puxo rumbo a Málaga, cando se percatou da caída da cidade, para axudar aos miles de refuxiados que abarrotaban a estrada. Desde ese momento non deixou de facer viaxes para transportar familias enteiras cos pes destrozados, persoas que sufriron o bombardeo desde o aire e desde o mar, sen un momento de repouso.
15 DECEMBRO
  • Huesos, con Pedro Guerra, lembra que a Guerra Civil comenzou en Canarias. Desde As Palmas, o xeneral Franco voou no “Dragon Rapide” a Casablanca para poñerse ao fronte do exército de África. En Canarias non houbo Guerra Civil propiamente dicha, pero a represión custou moitas vidas. Ademais dos mortos, 4.000 presos abarrotaron cárceres e calabozos.  Entre estas cárceres habilitadas, unha das que tivo peor fama foi o depósito do empaquetado de plátanos da compañía británica Fyffes, en Tenerife, no que se hacinaban máis de 2.000 presos políticos. Ademais, por primeira vez gravábase o descenso á sima de Jinámar, así como os restos de desaparecidos que alberga o seu interior.
17 DECEMBRO
  • Extremadura amarga, con Luis Pastor repasa varios dos episodios ocorridos na Guerra Civil nesta comunidade. O cantautor viaxa pola rexión estremeña para encontrarse con testigos de aqueles anos, aborda a actuación republicana en algún dos pobos e centrase en feitos tan tráxicos como a matanza de Badajoz, a represión en Zafra, Llerena ou o campo de concentración de Castuera. Inclúense imaxes de arquivo inéditas ou pouco vistas en España -como as tomadas polo francés René Brut dos mortos queimados no cemiterio pacense-, e a opinión de historiadores como Justo Vila, Julián Chávez, Francisco Espinosa e José María Lama.

Espazos libres para os novos valores no Ateneo Ferrolán


No Ateneo Ferrolán, sabendo da falta de espazos para os ensaios dos grupos locais e comarcais no ámbito da música e das artes escénicas poñemos a vosa disposición o noso auditorio.


O Ateneo Ferrolán, querendo acadar un mellor xeito de colaboración e apoio á difusión das diferentes formas de expresión artística, pon á vosa disposición as súas Salas de Exposicións.

De estar interesado/a, ponte en contacto con nós:
  • E-mail: secretaria@ateneoferrolan.org
  • Telf.: +34 981 357 970
  • Fax: 981 354 098
  • Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.
    CP.15402 - FERROL (A Coruña)

Fotos e Video do Constantino Bellón 2009


Fotos e Video do Constantino Bellón 2009, iremos subindo e actualizando o album a medida que vaian chegando mais fotos.

Fotos e audio da VII Sesión Vermú no Ateneo Ferrolán


Aquí tedes as fotos do que foi a VII Sesión Vermú do Colectivo OPAII-RFM e o Ateneo Ferrolán, presentando a nova grella de programación de Rádio FilsipiM para a tempada 2009-2010.

Tamén podes escoitar o programa especial que realizou Rádio FilispiM durante a VII Sesión Vermú o 31 do 10 de 2009, na que se presentaron os programas e escoitaron ao grupo de música folk da Terra de Trasancos BOJ.
Descargar o arquivo

Resolución do XIX Concurso de Gaita Galega "Constantino Bellón" 2009


XIX  CONCURSO DE GAITA GALEGA "CONSTANTINO BELLÓN" - ANO 2009

En Ferrol a 8 de novembro de 2009, no Teatro JOFRE, o XURADO cualificador do 19º Concurso Internacional de Gaita Galega  "Constantino Bellón", integrado por Víctor Fernández Gabeiras, Xabier Rodríguez Fariñas, Pablo López Torneiro e Xoán Rodríguez Silvar, e actuando como secretaria sen voto, Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a esta final do Concurso, así como a interpretación de tódolos gaiteiros finalistas, acordan outorgar o Premio SEIVANE que consiste nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición (punto g) correspondente ao "Gaiteiro de Soutelo" a:
  • ERICK ALEXANDER CORRENTE ESPINOZA (Venezuela)
Acordan outorgar dous accésit de 1.000 € cada un a:
  • PEDRO ALVAREZ FARIÑAS
  • GONZALO MANUEL ABELAIRAS LEMOS
Así mesmo, ACORDA por unanimidade, concederlle o Premio ÚNICO de 3.000 € deste 19º Concurso de Gaita Galega "Constantino Bellón" a:
  • PABLO DEVIGO VÁZQUEZ
O xurado quere facer constar o importante nivel de calidade acadado por tódolos finalistas seleccionados para este Concurso Internacional de Gaita Galega na súa décimo novena edición.

Asinado:
  • Victor Fernández Gabeiras
  • Xabier Rodríguez Fariñas
  • Pablo López Torneiro
  • Xoán Rodriguez Silvar

  • Cristina Meizoso Alonso (Secretaria sen voto)

Programa do XIX Concurso Intenacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" 2009

O día 8 de novembro de 2009 no Teatro Jofre de Ferrol realizarase finalmente o XIX CONCURSO INTERNACIONAL DE GAITA GALEGA "CONSTANTINO BELLÓN", o certame que foi suspendido en agosto ante a retirada dalgúns dos apoios económicos que viña recibindo, finalmente celebrarase en novembro ao obter o apoio da Deputación da Coruña e do Concello de Ferrol.

O domingo día 8 ás 20 horas terá lugar a FINAL dos GAITEIROS SOLISTA, a entrega da Mención de Gaita de Ouro e a entrega de premios do apartado de COMPOSICIÓN.

A posta en escea das obras premiadas no apartado de COMPOSICIÓN será dentro deste ano 2009 pero anunciarémolo máis adiante xa que a premura do tempo non permitía executalo como se merece!

Premios Certame de Fotografía 2009



Premios do XIX CERTAME FOTOGRAFICO MEDIO AMBIENTE 2009 do Ateneo Ferrolán
1º PREMIO
JAVIER ARCENILLAS de Alcobendas – MADRID
“TRATADO DE KIOTO I”
2º PREMIO
JOSE MEIS MEAÑO de Abegondo – A CORUÑA
“NATURALEZA HOLLADA”
3º PREMIO
PERE FONT RUIZ de Olot – GIRONA
“MAR EN CALMA” 

Revista ATENEA nº35

SUMARIO ATENEA 35

EDITORIAL

SERVIZOS

  • BIBLIOTECA – HEMEROTECA
  • BREVES HISTORIAS DA NOSA BIBLIOTECA-HEMEROTECA (8)
XENTES
  • EDUARDO BLANCO AMOR: 30 ANOS DA SÚA MORTE.
FALAMOS DE...
  • PLATAFORMA QUEREMOS GALEGO
  • FERVESTEIRO. ARTE NA RÚA. Fotos de Manolo Rei
BREVES
  • RADIO FILISPIM. NOVA PROGRAMACIÓN
  • REHABILITACIÓN ATENEO
  • MERCEDES SOSA
ARTIGOS
  • CRONICAS: “ENSINO PUBLICO NAS FAVELAS” (2) por CARLOS CASTRO PIÑÓN
  • NO 130 ANIVERSARIO DA INAUGURACIÓN DO DIQUE DA CAMPÁ. ANDRÉS A. COMERMA, IN MEMORIAM. por Luis Puig Mosquera (Bisneto de Comerma)
  • DIVERSIÓN E VIDA COTIÁ NO FERROL DO XIX. Por Ana Martín García.
  • A CASA DE SERANTES ENTRE OS SÉCULOS XV E XVI por Fernado Dopico Blanco
PROGRAMACIÓN
  • OUTUBRO – NOVEMBRO – DECEMBRO 09
VARIOS

TEATRO
  • FALLO VII CERTAME TEATRO INFANTIL E XUVENIL “ATENEA” - 2009
MULLER
  • DOLORES. 25 DE NOVEMBRO por Spela Trobec
O PARNASO
  • MARIO BENEDETTI
  • EDUARDO BLANCO AMOR
IMAXES:
  • PORTADA
  • TITULAR: 130 ANOS DO DIQUE DA CAMPANA – 130 ANOS DE ATENEO
  • ANDRES AVELINO COMERMA POLO MEDIO
  • E CONTRAPORTADA
  • “Tratado de Kioto I”
  • 1º PREMIO CERTAME FOTOGRAFIA MEDIO AMBIENTE 2009 de Javier Arcenillas (Alcobendas – Madrid)

CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA
María Xosé Villar Corral

DESEÑO E MAQUETACIÓN
Ateneo Ferrolán

ILUSTRACIÓNS e CABECEIRAS
Leandro, Juan de la Fuente

COLABORACIÓNS

LUIS PUIG MOSQUERA, CARLOS CASTRO PIÑÓN, ANA MARTÍN GARCÍA, MANOLO REI, FERNANDO DOPICO BLANCO, SPELA TROBEC.
O Ateneo Ferrolán respecta a liberdade de expresión e opinión do contido dos artigos, sendo a responsabilidade dos mesmos de cada un dos seus autores. A tod@s eles, grazas!

Agradecementos as empresas publicitarias pola súa confianza:
MESÓN “O ESCUDO”, A ESCOLA DA VACA, CENTRO COMERCIAL ABERTO A MAGDALENA, CONCELLO DE FERROL CULTURA, RUN RUM.

Related Posts with Thumbnails