Buscar neste blog

27 febreiro 2015

Obradoiro de Guitarra: Clásica, acústica, electrica. Sábados de 11 a 13 h.

Obradoiro de Guitarra: Clásica, acústica, electrica.
Imparte Gabriel Guerramayor

Todos os sábados de 11 a 13 h.
Prezo mensual 40€ Soci@s e 50€ Non soci@s



Ciclo "Revistas locais e especializadas": "Revista de Neda". Lúns día 2 de marzo ás 19,30 h.

Ciclo Revistas locais e especializadas: "Revista de Neda"

Luns día 2 de marzo ás 19,30 horas no salón de actos do Ateneo
Participan Juan Jose Burgoa e Manuel Perez Grueiro

http://www.neda.es/es/Cultura/revista/
 
 
Ciclo "Revistas locais e especializadas"
 
Ateneo Ferrolan
Días 25 de febreiro, 2 e 5 de marzo

  Nun mundo complexo e interrelacionado, que tende a uniformidade, a edicion de revistas locais e especializadas e unha garantia da recuperacion do noso pasado, e do mantemento das diversas culturas e a preservacion da diversidade cultural.
  
  O Ateneo Ferrolan desexa contribuir ao conocemento e difusion destas publicacions coa presentacion das publicacions Murguia, Revista Galega de Historia, Revista de Neda e Catedra, Revista Eumesa de Estudios. 
  
  Nos actos que teran lugar os dias 25 de febreiro e 2 e 5 de marzo no salón de actos do Ateneo, os responsables destas publicacions e persoas relacionadas coa cultura local presentaran os ultimos numeros das suas publicacions e as suas reflexions sobre a importancia deste tipo de revistas.
 
Murguia, Revista Galega de Historia
www.revistamurguia.com
25 de febreiro, 19,30 horas
Participan Bernardo Maiz e Uxio Breogan Dieguez Cequiel

Revista de Neda
http://www.neda.es/es/Cultura/revista/
2 de marzo, 19,30 horas
Participan Juan Jose Burgoa e Manuel Perez Grueiro

Catedra, Revista Eumesa de Estudios
http://catedra.pontedeume.es
5 de marzo, 19,30 horas
Participan Eliseo Fernandez e Alexandre Cainzos





24 febreiro 2015

Ciclo "Revistas locais e especializadas". Días 25 de febreiro, 2 e 5 de marzo.

Ciclo "Revistas locais e especializadas"
 
Ateneo Ferrolan
Días 25 de febreiro, 2 e 5 de marzo

  Nun mundo complexo e interrelacionado, que tende a uniformidade, a edicion de revistas locais e especializadas e unha garantia da recuperacion do noso pasado, e do mantemento das diversas culturas e a preservacion da diversidade cultural.
  
  O Ateneo Ferrolan desexa contribuir ao conocemento e difusion destas publicacions coa presentacion das publicacions Murguia, Revista Galega de Historia, Revista de Neda e Catedra, Revista Eumesa de Estudios. 
  
  Nos actos que teran lugar os dias 25 de febreiro e 2 e 5 de marzo no salón de actos do Ateneo, os responsables destas publicacions e persoas relacionadas coa cultura local presentaran os ultimos numeros das suas publicacions e as suas reflexions sobre a importancia deste tipo de revistas.
 
Murguia, Revista Galega de Historia
www.revistamurguia.com
25 de febreiro, 19,30 horas
Participan Bernardo Maiz e Uxio Breogan Dieguez Cequiel

Revista de Neda
http://www.neda.es/es/Cultura/revista/
2 de marzo, 19,30 horas
Participan Juan Jose Burgoa e Manuel Perez Grueiro

Catedra, Revista Eumesa de Estudios
http://catedra.pontedeume.es
5 de marzo, 19,30 horas
Participan Eliseo Fernandez e Alexandre Cainzos

 

23 febreiro 2015

Proxección e Charla: "Película urgente por Palestina". Venres 27 de febreiro ás 19,30 h.

Venres día 27 ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán
Proxección: "Película urgente por Palestina" de Alberte Pagán
Charla "Sionismo, limpeza étnica e infancia" 
por Elvira Souto e Lucía Barros

http://www.agamme.org/
http://www.bds-galiza.org/

Esta é unha película urxente por Palestina. Dende Palestina. Esta é unha película sen imaxes. Porque as imaxes son incapaces de representar a historia. Esta é unha película urxente para Palestina. Sobre Palestina. Territorio ocupado. Pobo ocupado. Vidas ocupadas. Futuro ocupado. Palestina Clandestina. Israel Ilegal. Esta é unha película sen imaxes. Este é un pobo sen terra. Futuro roubado. Pasado roubado. Casas ocupadas. Pobo encarcerado.

A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), BDS-Galiza (Campaña Internacional de Boicote, Desinvestimentos e Sancións contra Israel) e o Ateneo Ferrolán organizan unha palestra para reflexionar e debater arredor do xenocidio que se está a cometer en Palestina e que, como sabemos, ten especial incidencia sobre a poboación infantil. Contarase coa presenza de Elvira Souto e Lucía Barros, activistas de BDS-Galiza que presentarán sendos relatorios arredor da situación da infancia en Palestina e a xornada completarase coa proxección da curtametraxe Película urgente por Palestina, do cineasta galego Alberte Pagán
O acto terá lugar o vindeiro Venres 27 de febreiro ás 19:30 horas no salón de actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena 202-204).

A sesión dará inicio coa proxección da fita do cineasta de Carballiño Alberte Pagán Película urgente por Palestina. A curtametraxe, gravada en Palestina polo propio director en 2012, preséntase no propio texto en off do filme como “un panfleto sobre o sufrimento cotiá, sobre o sufrimento histórico, sen imaxes, sen palabras”. Pero, a pesar dos seus escasos 15 minutos de duración, a obra de Pagán consegue ir máis aló da mera denuncia, reflexionando sobre os camiños nos que o cinema pode (e debe) representar o xenocidio.

Tras a proxección terán a palabra dúas representantes de BDS-Galiza, a Campaña Internacional de Boicote, Desinvestimentos e Sancións contra Israel que, segundo se le no seu lema fundacional, agroma como unha resposta á colonización, o apartheid e a ocupación israelí en terras de Palestina. Baixo o título “Sionismo, limpeza étnica e infancia” intervirán as dúas relatoras, por unha banda Elvira Souto, activista de longa traxectoria e actualmente unha das coordinadoras de Esculca, Observatorio para a Defensa dos Direitos e Liberdades, que explicará a historia, funcionamento e obxectivos de BDS-Galiza así como o xeito de participar da campaña. Pola súa banda, Lucía Barros falaranos da súa propia experiencia en Palestina a onde viaxou en 2012 coa ONG Sodepaz e que coñece de primeira man a vida cotiá da poboación palestina baixo a ocupación israelí. No seu relatorio, Barros incidirá naqueles aspectos que vulneran de xeito máis directo a vida dos nenos e as nenas.




Presentación de: "Murguía, Revista Galega de Historia". Mércores día 25 de febreiro ás 19,30.


o próximo mércores día 25 de febreiro ás 19,30 no salón de actos do Ateneo
 
Presentan: Bernardo Maiz e Uxio Breogan Dieguez Cequiel.

 

 Un tempo novo parece estar a se cimentar. Obviamente non sabemos se é aparencia interesada, que levará o vento e con el as ilusións xeradas, ou realidade que deixa a entrever que un novo ciclo histórico se estea a abrir; mais si é obvio que a maior parte dos debates xiran nestes meses arredor de futuríbeis neste senso e das bases da realidade que presidiu o noso día a día nas últimas catro décadas, que non é pouco, daquela transición que deu paso a un estadio asentado centralmente nun tempo que se quixo dar por pasado.
Bases que permitiron pervivencias da ditadura franquista, patente de xeito insultante para a democracia (para as e os demócratas) a partir dun rueiro que insiste en glorificar aos golpistas que atentaron contra o goberno da II República española e na que se soñou (e deseñou) unha República galega… Realidade fronte á que se obviou, por exemplo, toda a arquitectura que as e os exiliados crearon alén mar, contra todo pronóstico, caso no ámbito galego e galeguista do modélico Daniel Rodríguez Castelao. Este tivo que asumir unha referencialidade que o levou a sacrificar toda a súa (curta) vida ao servizo de manter viva a memoria da Terra roubada, da Terra ocupada. E así naceu o Consello de Galiza, que aquí queremos lembrar, cando se cumpre o setenta aniversario da súa creación a cabalo entre Bos Aires (Arxentina) e Montevideo (Uruguai). Un organismo que procurou, igualmente, un tempo novo no que Galiza retomara a rota da súa soberanía, en irmandade co resto de pobos ibéricos, transitada de xeito certo durante o tempo republicano, e non só. Un tempo novo, de se prezar como tal, terá que lembrar activamente a realidade a que pertenceu (e simbolizou en boa medida) o Consello de Galiza, arraigándose no mesmo na súa plenitude.

19 febreiro 2015

Curso de Fotografía Nivel Avanzado. Comezo o mércores 4 de marzo ás 19 h.


Curso de Fotografía Nivel Avanzado. 
                                 Comezo o mércores 4 de marzo ás 19 h.

O curso básico desenvólvese nos locais do Ateneo Ferrolán​ en horario de 19 a 21 horas. Se iniciará o 4 de marzo e finalizará o 20 de maio, todos os mércores (agás o 1 de maio).

As clases teóricas serán complementadas con saídas prácticas para fixar os contidos do curso e formular canta dúbida poida xurdir. Será impartido polos fotógrafos profesionais Xoel Rodriguez Sanjurjo​ e Fran Nieto​, que teñen unha traxectoria educativa de recoñecido prestixio.

O custo do curso será de 110 € (para soci@s do Ateneo e alumn@s que realizasen un curso de iniciación con algún dos profesores) e de 130 € (resto de interesad@s).

info:frannieto.es/pdf/Ateneo.pdf

Para solicitar máis información ou formalizar a matrícula podes contactar no correo electrónico franieto@gmail.com ou na secretaría do Ateneo secretaria@ateneoferrolan.org co telefono 981.357.970

13 febreiro 2015

Concerto de Gabriel Guerramayor. Venres día 20 de febreiro ás 20 h.




 




Concerto de Gabriel Guerramayor 
no salón de actos do Ateneo o venres día 20 de febreiro ás 20 h.
Tangos, Boleros, latinos, ...

Entrada: Non soci@s 3 € / Soci@s 2 €


Gabriel Guerramayor (1969) Córdoba - Arxentina
 

Iniciou os seus estudos aos 6 anos de idade no Conservatorio Provincial de Música (Marcelo T de Alvear ) ingresando como profesor de guitarra e solfexo, aos 12 anos con altas cualificacións.
Crece nunha familia de músicos e bailarins de tango. Referencia e inspiración que achega fascinación e entrega, pola poesía e a arte. Dita clases en escolas de música da cidade de Córdoba, actúa como músico e instrutor de combos e orquestras de jazz, rock, tango, música popular, folkclore arxentino, baixo a dirección do director de orquestra Daniel Shapiro.
 

Desempeña por catro anos a cátedra de guitarra do CIFEM, dirixido polo Profesor Juan Carlos Ciallella e dita cursos de harmonía moderna e improvisación para profesores e alumnos avanzados da Universidade de Córdoba. Continúa a súa formación en guitarra de jazz, co profesor Daniel Corzo (1983- 1987). Forma agrupacións coas que actúa en Arxentina, Brasil, Cuba, México, como docente e músico, interactuar con músicos de diferentes culturas.
 

Dende 1990 ata 1992 continúa os seus estudos en Cuba con mestres do ISA (instituto superior de arte - A Habana ) e traballa en conxunto con músicos dese país e en México DF. Dende 1992 ata 2000 traballa en Arxentina (Córdoba e Bs. Ás ) como instrutor e sesionista en Grupos de Jazz, Rock e Folclore Arxentino.
 

No ano 2001 radícase en España.

05 febreiro 2015

Charla: "Os fuxidos de San Cristobal/Ezkaba, maio de 1938". Luns día 9 ás 20 h.


                Charla: "Os fuxidos de San Cristobal/Ezkaba, maio de 1938"
                    Luns, 9 de febrero ás 20 h. no salón de actos do Ateneo

Intervirá: Fermín Ezkieta Yaben (Autor do libro)

Organiza: Ateneo Ferrolán

A fuxida do Forte de Ezkaba/San Cristóbal, a maior fuga carcelaria coñecida en Europa, ocupou no seu momento as portadas da prensa republicana e internacional, antes de caer no esquecemento e o interesado ocultamento dos vencedores.
Unha multitude de 795 fuxidos documentados, lanzaronse cara a frontera o 22 de maio de 1938, entre eles, 183 galegos. Atrás deixaron 206 mortos, enterrados no val entre o forte e a frontera; 14 fusilados en agosto como dirixentes. Outros 46 capturados que faleceron no forte até 1943. Tan só
tres fuxitivos –quizais catro- alcanzaron Francia.

A charla expón o plan de fuxida, as rutas dos escapados, unha biografía dos tres afortunados que alcanzaron a frontera, mais tamén de outros como o pontevedrés Amador Rodríguez, último fuxido en ser capturado, despois de tres meses; Leopoldo Picó, cerebro da fuxida ou Antonio Valladares, de Silleda, outro dos organizadorses; así como o papel protagonista de diversas mulleres, acusadas de complicidade e que foron encarceladas.
 
Vidas dignas de non caer no olvido.

02 febreiro 2015

Presentación do libro "Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura: historia para un pasado incómodo". Mércores 4 ás 20 h.

Presentación do libro 
"Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura: historia para un pasado incómodo".

Data: Mércores, 4 de febreiro de 2015, ás 20 horas

Lugar: Salón de actos do Ateneo Ferrolán.

Presenta: Eliseo Fernández (Ateneo Ferrolán)

O volume tenta construír un novo relato colectivo “dun pasado incómodo de golpe, guerra e ditadura que se mantivo conxelado nos relatos franquistas-antifranquistas pasados polo baruto da reconciliación na Transición”, explican os coordinadores.

Participan: Emilio F. Grandío Seoane (USC), Lourenzo Fernández Prieto (USC-HISTAGRA) e Francisco J. Leira Castiñeira (USC-HISTAGRA).

Club de Lectura do Ateneo. Martes día 3 de febreiro ás 19,30 h.

CLUB LECTURA do ATENEO FERROLÁN - ¡ APÚNTATE !

Día 3 de febreiro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán.

Animamos a tod@s a participar desta emblemática actividade.

Estamos a ler: "Coplas por la muerte de su padre" de Jorge Manrique. 
Poesía culta do século XV.
Las Coplas pola muerte de su padre, tamén citadas como Coplas a la muerte del maestro don Rodrigo ou, simplemente, Las coplas de Jorge Manrique, son unha elixía escrita por Jorge Manrique na morte do seu pai, o Maestre de Santiago don Rodrigo Manrique. Escritas, polo menos unha parte, con posterioridad ao 11 de novembro de 1476, data da morte de don Rodrigo Manrique, constitúe unha das obras capitais da literatura española.

Esta obra pertence ao xénero poético de elixíaa funeral medieval ou planto e é unha reflexión sobre a vida, a fama, a fortuna e a morte con resignación cristiá. Inspírase nos precedentes clásicos e medievais do xénero e no Eclesiastés, pero tamén contén alusiones á entón historia recente de Castilla e ata a sucesos nos que puido estar presente o propio autor.
 
Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso CLUB DE LECTURA, segue levándose a cabo
todos os primeiros MARTES DE CADA MES.

Encontros coa LECTURA onde xúntanse 20 socios e socias todos os primeiros martes de cada mes para reflexionar e comentar un libro guiados pola profesora ANXELES SEOANE.