Buscar neste blog
05 febreiro 2015
Charla: "Os fuxidos de San Cristobal/Ezkaba, maio de 1938". Luns día 9 ás 20 h.
Charla: "Os fuxidos de San Cristobal/Ezkaba, maio de 1938"
Luns, 9 de febrero ás 20 h. no salón de actos do Ateneo
Intervirá: Fermín Ezkieta Yaben (Autor do libro)
Organiza: Ateneo Ferrolán
A fuxida do Forte de Ezkaba/San Cristóbal, a maior fuga carcelaria coñecida en Europa, ocupou no seu momento as portadas da prensa republicana e internacional, antes de caer no esquecemento e o interesado ocultamento dos vencedores.
Unha multitude de 795 fuxidos documentados, lanzaronse cara a frontera o 22 de maio de 1938, entre eles, 183 galegos. Atrás deixaron 206 mortos, enterrados no val entre o forte e a frontera; 14 fusilados en agosto como dirixentes. Outros 46 capturados que faleceron no forte até 1943. Tan só
tres fuxitivos –quizais catro- alcanzaron Francia.
A charla expón o plan de fuxida, as rutas dos escapados, unha biografía dos tres afortunados que alcanzaron a frontera, mais tamén de outros como o pontevedrés Amador Rodríguez, último fuxido en ser capturado, despois de tres meses; Leopoldo Picó, cerebro da fuxida ou Antonio Valladares, de Silleda, outro dos organizadorses; así como o papel protagonista de diversas mulleres, acusadas de complicidade e que foron encarceladas.
Vidas dignas de non caer no olvido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario