Presentación de: Murguía, Revista Galega de Historia
o próximo mércores día 25 de febreiro ás 19,30 no salón de actos do Ateneo
Presentan: Bernardo Maiz e Uxio Breogan Dieguez Cequiel.
Un tempo novo parece estar a se cimentar. Obviamente non sabemos se é
aparencia interesada, que levará o vento e con el as ilusións xeradas,
ou realidade que deixa a entrever que un novo ciclo histórico se estea a
abrir; mais si é obvio que a maior parte dos debates xiran nestes meses
arredor de futuríbeis neste senso e das bases da realidade que presidiu
o noso día a día nas últimas catro décadas, que non é pouco, daquela
transición que deu paso a un estadio asentado centralmente nun tempo que
se quixo dar por pasado.
Bases que permitiron pervivencias da ditadura franquista, patente de xeito insultante para a democracia (para as e os demócratas) a partir dun rueiro que insiste en glorificar aos golpistas que atentaron contra o goberno da II República española e na que se soñou (e deseñou) unha República galega… Realidade fronte á que se obviou, por exemplo, toda a arquitectura que as e os exiliados crearon alén mar, contra todo pronóstico, caso no ámbito galego e galeguista do modélico Daniel Rodríguez Castelao. Este tivo que asumir unha referencialidade que o levou a sacrificar toda a súa (curta) vida ao servizo de manter viva a memoria da Terra roubada, da Terra ocupada. E así naceu o Consello de Galiza, que aquí queremos lembrar, cando se cumpre o setenta aniversario da súa creación a cabalo entre Bos Aires (Arxentina) e Montevideo (Uruguai). Un organismo que procurou, igualmente, un tempo novo no que Galiza retomara a rota da súa soberanía, en irmandade co resto de pobos ibéricos, transitada de xeito certo durante o tempo republicano, e non só. Un tempo novo, de se prezar como tal, terá que lembrar activamente a realidade a que pertenceu (e simbolizou en boa medida) o Consello de Galiza, arraigándose no mesmo na súa plenitude.

Ningún comentario:
Publicar un comentario