Novidades do Ateneo para novembro 2016


NOVIDADES do ATENEO FERROLÁN

ADIANTO PROGRAMACIÓN MES NOVEMBRO 2016


EXPOSICIÓNS

Exposición "Reciclando Cultura" (Recinor) - 2ª planta
Feirón do Libro Usado - 2ª planta
Exposición 40 anos da refundación do Ateneo - Paneis escaleiras
Exposición Cadros Artistas Solidarios - Entrada
Exposición "Visións de Ferrol Vello" de Alberto Porres Viñes - Secretaría
Mostra de Pablo Prados - Sala de Exposicións 2
Exposición "Reflejos de Vida". Organiza: ASOTRAME - Sala de Exposicións 1

AUDIOVISUAIS

Martes de Cine 2016. Ciclo Mankiewicz
 Todos os martes ás 19 h.

VARIAS

Mércores 2 de novembro ás 18 h.:
  O Ateneo en ruta... "Ferrol coas irmandades da Fala"

Xoves 3 de novembro ás 19 h.:
 Ciclo Cinema e Sociedade

Venres día 4 de novembro ás 20 h.
 Concerto Victor Bueno

Sábado día 5 de novembro ás 10 h.:
 Curso de fotografía Expofoto Narón

Martes día 8 de novembro ás 19,30 h.:
 Club de Lectura . Imparte Anxeles Seoane

Mércores día 9 de novembro ás 19,45 h.:
 Reunión CIRPÉN (Círculo Pensamiento Filosófico)

Xoves 10 de novembro ás 19 h.:
 Ciclo Cinema e Sociedade

Venres día 11 de novembro ás 20,30 h.:
  Presentación Documental "10 anos de Radio Filispim"

Xoves día 17 de novembro ás 19 h.:
 Presentación do libro "El Fulgor" da autora residente en Ferrol  Magali Yanina  Rodríguez Matar

Xoves día 18 de novembro ás 20,30 h.:
 Presentación libro de fotografía de Eduardo Blanco Mendizábal

Xoves día 24 e mércores día 30 de novembro ás 19 h.:
 Ciclo Cinema e Sociedade

CONVOCADAS:

III XORNADAS de DOCUMENTACIÓN. Días 1 e 2 de decembro.
XVI MOSTRA de CURTAMETRAXES. Días 19, 20 e 21 de decembro.

Xa temos a lotaría de nadal!


Xa chegou a Lotaría de Nadal do Ateneo!

Merca a túa participación y colabora co Ateneo .... E se tocase aqui?

Á venda na secretaría do Ateneo Ferrolán. Participacións de 3 €

DOAZÓN MATERIAL BIBLIOGRÁFICO Á EPAPU DE TEIXEIRO




NOTA DE PRENSA

DOAZÓN MATERIAL BIBLIOGRÁFICO Á EPAPU DE TEIXEIRO


Baixo o marco de colaboración institucional do Ateneo Ferrolán, a
Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo fixo entrega este martes 25 de outubro
dunha doazón de diverso material bibliográfico ao Centro Público de
Educación e Promoción de Adultos de Teixeiro (E.P.A.P.U.) sito no Centro
Penitenciario de Teixeiro. Deste xeito, o Ateneo segue a reafirmar o seu
compromiso colaborativo coas diferentes organizacións do tecido cultural e
social da nosa comunidade.

Dita relación de colaboración entre ambas entidades terá continuidade nas
III Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán a celebrar os vindeiros
1 e 2 de decembro de 2016 na sede do Ateneo na rúa Magdalena e na que
representantes da E.P.A.P.U. de Teixeiro participarán como
conferenciantes. Este ano as citadas xornadas dedicaranse ás “Bibliotecas
especializadas”.


Ferrol, a 25 de outubro de 2016.

A Xunta Xestora do Ateneo Ferrolán.


Sesión Vermú: "Redondo & Mandango". Sábado día 29 de outubro a partir das 12 h.




Sesión Vermú: "Redondo & Mandango"

sábado día 29 de outubro a partir das 12 h.

Ven celebrar con nós a recuperación do edificio do Ateneo
evento solidario, reivindicativo e festeiro

 Organizamos un sábado máis a nosa xa mítica sesión vermú ateniense, esta vez coa música en directo do grupo "Redondo & Mandango" composto por Javi Mandango e Tania Redondo que cos seus ritmos e letras esperan conectar co público que se achegue. 

Promo da Sesión Vermú realizada solidariamente co Ateneo pol@s compañeir@s de Radio Filispim.


Evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/516187268592448/


O Ateneo en ruta .... Ferrol coas irmandades da Fala

O Ateneo en ruta...

Roteiro "Ferrol coas irmandades da Fala"

Mércores, 2 de novembro de 2016 ás 18 horas.

Anotarse antes do 1 de novembro en www.goo.gl/IzHCYp




- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Datos da actividade:

Actividade: Roteiro "Ferrol coas irmandades da Fala"
Colabora: Concello de Ferrol
Prezo: De balde

Data da actividade: Mércores, 2 de novembro de 2016
Hora de comezo: 18:00 
Duración previsible: 80 minutos

Lugar de encontro: Praza de Amboaxe (Ferrol)

Número de participantes: 10 mínimo / 25 máximo
Inscrición: Do 20 de outubro ao 1 de novembro de 2016

Formulario de inscrición: www.goo.gl/IzHCYp

Normas completas de “O Ateneo en ruta”: www.goo.gl/vuUlkv

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Presentación do documental "Porta para o exterior". Venres día 28 de outubro ás 19 h.


Presentación do documental "Porta para o exterior" 
dirixido por José Ramom Pichel e Sabela Fernández e  posterior coloquio.

Venres 28 de outubro ás 19 h. no salón de actos do Ateneo

O documental móstranos, non a solución, mais a posibilidade dunha vía imprudentemente desconsiderada até o momento actual, que, porén, está a emerxer os últimos anos con forza en ámbitos ben diversificados.

Porta para o Exterior dá voz a un movemento excluído hai décadas da opinión maioritaria galega: o reintegracionismo. Un movemento plural, cunha estratexia internacional para o galego, que interatua, a través das experiencias e os contactos persoais con Portugal, Brasil e todos os países de fala portuguesa. Un movemento que, a pesar dos seus propios erros, crece, madura e se consolida como un referente cultural.

Reseña: http://pgl.gal/porta-para-o-exterior-resenha/

Concerto do cantautor Víctor Bueno. Venres día 4 de novembro ás 20 h.


Concerto do cantautor Víctor Bueno

Venres día 4 de novembro ás 20 h. no Ateneo

Entrada de balde.

Víctor Bueno, de pais ferroláns, nace un martes de setembro do 96, na cidade de Guadalaxara (España).

Desde moi pequeno deixa ver o seu interese pola música e dedícase a experimentar con gran cantidade de instrumentos.

O espectáculo está sempre presente na súa nenez e organiza, de maneira caseira e familiar, numerosas pezas teatrais e artísticas.

Desde estes anos ata a adolescencia trata de integrarse nalgún grupo musical (banda, conservatorio...etc) pero finalmente ata os 13 anos non é cando tenta formar unha banda cos compañeiros do colexio. Banda abocada ao fracaso en pouco tempo.

Tras varios intentos con distintas bandas, Víctor decide empezar a compoñer as súas cancións en setembro de 2012. É ese mesmo ano no que se traslada a vivir a Madrid. Tras escribir varias cancións, preparalas...etc ofrece o seu primeiro concerto en maio do 2013,na súa cidade natal.

Ese mesmo ano ofrece varios concertos, algúns acompañado de banda, nos que a parte das súas cancións tamén había versións doutros artistas no seu repertorio.


Actualmente está en proceso de gravación do seu primeiro disco, realizando concertos, escribindo, compoñendo....etc

Taller de CLOWN e MIMO CORPORAL. Domingo 30 de outubro



Taller de CLOWN e MIMO CORPORAL
Domingo 30 de Outubro de 11 a 14 h. e de 16 a 19 h.

Aberto o prazo de matrícula.
Imparte: Compañia Niumpaloal´Arte (España)
Prezo: 30 euros xeral, 25 euros para soci@s.
Lugar: Ateneo Ferrolán (Ferrol)

Xornada de aprendizaxe no que daremos dous talleres nun.

Pola mañá adentrarémonos no mundo do Clown e o seu universo de 11 a 14 h.. Traballaremos a desinhibición e entraremos no estado clown que nos permitirá coñecer o mundo desde outro punto de vista e pola tarde Mimo Corporal Dramático de 16 a 19 h., no que lle daremos importancia á calidade do movemento corporal a traves da técnica de Etiene Decroux.

Ao medio dia a idea é comer xuntos e falar e compartir coñecementos e preguntas.

Información e reservas: secretaria@ateneoferrolan.org

Exposición de Pinturas de Verónica Fachal Vázquez. Do 7 ao 31 de outubro.


Exposición de Pinturas de Verónica Fachal Vázquez

Do 7 ao 31 de outubro na Sala de Exposicións do Ateneo 1ª planta

Inauguración o venres día 7 de outubro ás 20 h. (Entrada libre)

Exposición Cerámica de Xedes Peón. Do 4 ao 31 de outubro.


Exposición Cerámica de Xedes Peón "Deusas Celtas".

Do 4 ao 31 de outubro de 2016 
na Sala de Exposicións do Ateneo 2ª planta


Info: http://arteosma.com/xedespeon/


Taller de creatividade e desenvolvemento de proxectos en fotografía. O sábado 22 e domingo 23 de outubro.


Taller de creatividade e desenvolvemento de proxectos en fotografía

O sábado día 22 e domingo día 23 de outubro de 2016 no #Ateneo

De 10 a 14 h. e de 16,30 a 20,30 h.

Imparte: Diego Espada
http://www.diegoespada.es/

Organiza: EXPOFOTO 

Prazas limitadas.

Presentación Documental: "100 anos de Escola Obreira Ferrol". Xoves 20 de outubro ás 19,30 h.



Actos do Centenario da Escuela Obrera de Ferrol

O xoves día 20 de outubro ás 19,30 h. terá lugar no Ateneo Ferrolán 
a presentación do documental "100 años de Escuela Obrera Ferrol"

Neste ano cúmprense 100 anos da inauguración do edificio que sería sede da escola ata 1976, polo que, dende Navantia, montouse unha comisión para organizar unha serie de actos conmemorativos que terán lugar entre o 15 de setembro e o 21 de outubro. 

Os actos incluirán unha exposición temporal, a edición dun libro conmemorativo de autoría múltipla, a presentación dun documental, a celebración dun ciclo de conferencias e un acto musical de clausura.

No centenario desta efeméride, Navantia quere recuperar a memoria desta escola, que encheu un baleiro no ensino primario da bisbarra, educando a milleiros de fillos de operarios do estaleiro.

Ademais, funcionou nos máis dos casos como primeiro paso da oferta formativa da factoría, que continuaba coa Escola de Aprendices, enfocada a converter a estes mesmos nenos en operarios navais.

Organizan: Navantia e Exponav      Colaboran: Concello de Ferrol e Ateneo Ferrolán

Enlace ao programa completo de actos:

Queres expoñer no Ateneo?

O Ateneo Ferrolán, querendo acadar un mellor xeito de colaboración e apoio á difusión das diferentes formas de expresión artística, pon a vosa disposición as súas Salas de Exposicións.

De estar interesado/a, pregámoste te poñas en contacto con nós:

  • E-mail: secretaria@ateneoferrolan.org
  • Telf.: +34 981 357 970
  • Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204.
  • CP.15402 - FERROL (A Coruña)

Sala de Exposición do Ateneo Ferrolán



Estas son as Bases para a utilización das salas.

1) PERIODICIDADE. Deberán transcorrer, cando menos, dous anos dende a anterior mostra individual presentada polo autor na Sala de Exposicións do Ateneo Ferrolán e un ano de expoñer en calquera sala desta localidade.

2) SALA DE EXPOSICIÓNS. A cesión da Sala e as horas de visitas do público serán os establecidos polo Ateneo Ferrolán.

3) MATERIAL IMPRESO.
Terá que estar en galego e debe figurar o logotipo do Ateneo Ferrolán co enderezo, teléfono e demais referencias. O deseño terá que ser entregado con antelación, 15 días antes da exposición, no Ateneo Ferrolán para a súa aprobación.

4) MONTAXE E DESMONTAXE. A exposición deberá ser montada e retirada polo autor ou persoa autorizada por el, adaptándose ás datas e horarios marcados polo Ateneo Ferrolán. O Ateneo achegará unha persoa que colaborará neste traballo.
  • a) A Sala concédese nas condicións de instalacións nas que se atopa, non autorizándose ningunha modificación que conleve alteracións na súa estructura.
  • b) Os gastos de transporte e embalaxe da obra serán por conta e risco do autor.
  • c) O Ateneo Ferrolán velará pola conservación das obras, non responsabilizándose, en ningún caso dos posibles danos ocasionados por perda, destrucción ou deterioro que poidan ocasionarse durante o traslado ou permanencia na Sala.
5) CONCESIÓN. A Sala concédese por un prazo máximo dun mes. Unha vez coñecida a obra a expoñer, o Ateneo resérvase o dereito a retirar parte ou totalidade desta, sempre que se considere que esta non reúne os mínimos de calidade para a súa exposición pública.

6) REFERENCIAS PROFESIONAIS. O solicitante deberá de achegar con este documento un dossier no que incluirá o currículum vítae, material impreso doutras exposicións, recortes de prensa e fotografías dalgunhas das obras a expoñer ou obras recentes.

7) DOAZÓN. O autor, previo acordo coa entidade, comprométese a doar unha obra da mostra realizada que pasará a formar parte do Patrimonio da Entidade.

A SINATURA DO PRESENTE DOCUMENTO IMPLICA A ACEPTACIÓN DE TODAS E CADA UNHA DAS CONDICIÓNS INCLUÍDAS NEL.

Taller de Teatro de Sombras: Xoguemos coas sombras. Sábado día 8 de 11 h. a 13 h.

Taller de Teatro de Sombras: Xoguemos coas sombras.

Imparte: José Diego Ramírez

Sábado día 8 de outubro de 11 a 13 h. no #AteneoFerrolán

Aberto o prazo de inscrición.
Para nenos e nenas a partir de 3 anos

Prezo persoa: 6 € (inclúe material)

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1782977585293811/

Related Posts with Thumbnails