A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán deséxavos Feliz 2019
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 26.12.18
A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán deséxavos Feliz 2019
"Un lugar de encontro para a cultura dende 1879"
#Ferrol
Proxección documental "O soño de papá". Xoves 27 de decembro ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 21.12.18
Xoves día 27 de decembro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán
Chegar a formar parte da elite futbolística é un soño polo que loitar.
Un soño ao que dedicar unha infancia. Dos nenos futbolistas trata O SOÑO DE PAPÁ: un documental sobre o fútbol base en Galicia. Unha reflexión sobre os diferentes problemas que veñen xurdindo ao redor deste deporte que xunta tanta xente e tanta atención mediática.
O SOÑO DE PAPÁ ten unha duración de 57 minutos.
O seu director, Xavier Bermúdez, acudirá á presentación e ao cabo da proxección poderemos ter un coloquio cos asistentes.
Información do documental na web: www.osonodepapadocumental.com
Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1212856435530275/
Etiquetas: Actividades, Audiovisuais, Cultura, Debates, Deportes, Documentais, Galiza, Infancia, Proxeccións
XVIII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2018. Días 19 e 20 de decembro de 2018 ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 17.12.18
XVIII
MOSTRA de CURTAMETRAXES 2018
19
e 20 de decembro de 2018 ás 19 h. no #AteneoFerrolán
Facemos
un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas
xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’,
preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha
cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 30 de
novembro para poder engadilos ao programa deste ano.
Normalmente
recibimos as curtas a traverso da plataforma vimeo.
Se utilizas esta plataforma, necesitamos saber a ligazón á curta
máis o contrasinal para poder acceder a ela e coa opción "Descarga"
habilitada para que nós a poidamos descargar. Pero tamén estamos
totalmente abertos a calquera outro método que utilices (outra
plataforma calquera ou se xa está público, a ligazón para poder
collelo). Tamén aceptamos correo ordinario ao enderezo físico da
nosa entidade.
Os
días 19 e 20 de decembro de 2018, levarase a cabo a XVIII MOSTRA DE
CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público
en xeral.
A
Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de
difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir
unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a
cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas
xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa
programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén
damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.
Nestes
días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que
sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e
galegas en especial.
O
OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e
variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas
están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para
divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica
agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que
atesoura gran calidade.
SELECCIONADAS ANO 2018
SELECCIONADAS ANO 2018
XVIII "MOSTRA DE CURTAMETRAXES" 2018 | |||||
AUTOR | TITULO | DURACION | IDIOMA | ||
DÍA 1 | |||||
José A. Jiménez | 3 | 13' | Galego | ||
Uxia Santiago | BÁGOAS NEGRAS | 16' | Galego | ||
Silvia Otero e Andrés Castro | METROCABINA | 6'24'' | Galego | ||
Lautaro Herrera Batallán | HOY NO VA A LLOVER | 12'21'' | |||
Xabier Alconaro | EL REDIL DE LOS COBARDES | 6' | |||
Jesús Martínez Nota | EUSEBIO80 | 9' | |||
Daniel Romero | CAMBIO | 9'35'' | |||
Javier García | CASTING (REMUNERADO) | 16' | |||
DÍA 2 | |||||
Julián Candón | CRACK | 3'24'' | |||
Eiande Setoain | EL HOMBRE QUE CONSTRUÍA DRAGONES | 8'43'' | |||
Macarena Astorga | MARTA NO VIENE A CENAR | 16'50'' | |||
David Rodríguez Muñiz | REFUGIADOS | 14' | |||
Daniel Olmos Ochoa | NÓMADA | 15' | |||
Carlos Villafaina | SILENCIO POR FAVOR | 17'03'' | |||
Jorge Naranjo | CUMPLEVIDAS | 18'20'' | |||
Etiquetas: Actividades, Audiovisuais, Curtametraxes
Presentación da nova Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 17.12.18
Presentación da nova Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán presidida por
Francisco Javier Montero Dongil e composta por:
Presidente: Francisco Javier Montero Dongil
Vicepresidente: Luis Calvo Teijo
Tesoureria: Sonia Mauriz Pereira
Contador: Ana Pernas Marquez
Secretaria: Angeles Delgado Pérez
Bibliotecario: Alejandro Rey López
Vogais:
Florentino Martínez Vazquez e Anxeles Seoane Fernandez
O ATENEO FERROLÁN (Un lugar de encontro para a cultura dende 1879) promove unha ampla e diversa oferta de actividades (conferencias, seminarios, debates, exposicións…) orientada á posta en valor dos recursos humanos e o potencial de saber da cidade.
Sen perder de vista o seu obxectivo principal de converterse en foro de debate e de opinión plural e independente, aberto a toda a sociedade.
https://ateneo-ferrolan.blogspot.com
Etiquetas: Actividades, Album de Fotos, Asembleas, Ferrol, Historia
Presentación 'Xenio indomable', a biografía de Nóvoa Santos. Xoves 13 de decembro ás 19,30 h
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 5.12.18
O xoves día 13 de decembro ás 19,30 h. Xosé A. Fraga presenta a súa obra
'Xenio indomable', a biografía de Nóvoa Santos.
No acto intervirá tamén Eliseo Fernández (Historiador e ex-presidente do Ateneo)
Libro para dar a coñecer o primeiro traballo elaborado sobre a vida de Nóvoa Santos do que Xosé Fraga considera como o mellor médico da historia de Galicia, falecido con tan só 48 anos pero que deixou un importante legado científico. Na obra, o investigador detalla o enfrontamento que Nóvoa mantivo co estamento académico compostelán da súa época.
Evento: https://www.facebook.com/events/591445957979201/
Etiquetas: Actividades, Cultura, Ferrol, Historia, Letras, Libros, Presentacións
Exposición "Naturalidad" de Anabel Viñas. Do 5 ao 31 de decembro de 2018
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 2.12.18
Exposición "Naturalidad" de Anabel Viñas
Diferentes pezas pintadas de acrílico sobre madeira e pedra.
Do 5 ao 31 de decembro de 2018
Inauguración o mércores día 5 de decembro ás 20 h. na sala de exposicións do Ateneo (Sala 1)
Evento: https://www.facebook.com/events/330861977495485/
Etiquetas: Actividades, Artes, Artes Plásticas, Exposicións, Ferrol