Presentación de "Strange Mystery Flower sing Willliam Blake". Venres 29 de novembro ás 20,30 h.



Presentación de "Strange Mystery Flower sing Willliam Blake". 
Así se chama a nova criatura discográfica de Amparo e Roger Arias

Venres 29 de novembro ás 20,30 h. no #AteneoFerrolán

Todo comezou durante unha viaxe fascinante polo norte de Italia hai cinco anos, onde Roger descobre unha misteriosa relación cos poemas de William Blake. 

Eses escritos místicos e visionarios espertan o desexo do músico de compoñer melodías e cantalas. Así é como se orixina SMF; e baixo este pseudónimo decídese a gravar dez desas cancións xurdidas durante a viaxe coa colaboración fundamental da súa irmá Amparo e outros músicos afíns, para poder compartir este tesouro atopado hai xa un lustro, que foi cociñándose a lume lento nun proceso de creación e gravación máxicos. 

A presentación deste disco singular será o próximo 29 de novembro ás 20:30h no Ateneo Ferrolán. Para este directo contan cun espectáculo multidisciplinar que en pouco máis dunha hora percorre o imaxinario poético de William Blake a través destas xoias pop atemporal de dous/tres minutos, algún que outro poema recitado e a proxección dalgunhas das súas ilustracións e pinturas máis emblemáticas. 

Entrada: 3 euros.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails