Ateneo Ferrolán, a súa historia




Acta de constitución do primeiro Ateneo na cidade de Ferrol, asinada o 24 de marzo de 1879

O Ateneo Ferrolán foi fundado no ano 1879 por un grupo de intelectuais presididos por D. Andrés Avelino Comerma y Batalla coa denominación de ATENEO ARTÍSTICO, CIENTÍFICO E LITERARIO DE FERROL.

Cunha Xunta Directiva formada maioritariamente por persoal civil, médicos, xornalistas e escritores, con ao redor de medio centenar de socios/socias comeza a súa andaina esta Sociedade Cultural co obxectivo de “ampliar os coñecementos dos seus compoñentes e difundilos entre as clases populares, elevando o seu nivel intelectual e familiarizándoas cos modernos ideais da ciencia e a arte”.

Non faltaron, desde os primeiros momentos, discrepancias, controversias e enfrontamentos, un dos cales, cun socio - Director dun diario local - transcendeu máis aló da cidade e ata do país, chegando a ser comentado no “The Daily News” de Inglaterra, pois o conflito pasou dunha cuestión persoal e interna do ATENEO a pór en xogo algo tan sensible como a liberdade de prensa.

A non superación deste conflito provocou un decaimento importante das actividades da Sociedade e a súa precipitada desaparición un mes antes de cumprirse un ano do seu nacemento.

En 1903 un grupo de 90 persoas acoden a un chamamento para fundar novamente o ATENEO, o que subscriben soamente 71. A finais dese mesmo ano unha reunión de 100 persoas debate os fins desta institución. Ao final só unhas 15 persoas serán os verdadeiros impulsores da Sociedade cuxos obxectivos principais quedaron así definidos:
  • 1º) Conseguir un ATENEO estable, permanente, institucional e do pobo.
  • 2º) Conseguir unha comunicación intelectual de clase burguesa e proletaria.
  • 3º) Conseguir un Centro de espírito de tolerancia e palabra libre, onde se pense en voz alta con elevación de ideas e fondura de sentimentos.
De 1903 a 1906 a actividade principal do ATENEO céntrase nas Conferencias que imparten socios e non socios e que alcanzan a cifra de 50/60 durante cada un deses catro anos. A partir de 1907 a actividade vaise reducindo ata chegar a menos de media ducia nos últimos tres anos 1913, 14 e 15.

Alcanzaron gran difusión e moi boa acollida os ANUARIOS publicados polo ATENEO coas conferencias e debates producidos ao longo do curso.

É de destacar a homenaxe que o ATENEO FERROLÁN dedicou en 1905 a CERVANTES con motivo do trescentos aniversario da publicación do QUIXOTE, consistente en dúas veladas literarias e a publicación dun folleto cos traballos presentados.

Cunha actividade cada vez máis reducida e un recoñecemento de non avanzar na consecución dos seus obxectivos o ATENEO DE FERROL pecha as súas portas a finais de 1917 por segunda vez.

Coincidindo co languidecemento do ATENEO CIENTÍFICO, ARTÍSTICO E LITERARIO de FERROL, xorde nos anos 1914 e 1915 un ATENEO SINDICALISTA que se nutre de distintas colectividades obreiras constituídas ao redor do socialismo, sindicalismo e anarquismo.

A actividade máis destacada deste ATENEO foi a celebración dun CONGRESO INTERNACIONAL A favor DA PAZ, organizado por iniciativa do ATENEO LIBERTARIO DE XIXÓN.

É interesante apuntar o manifesto-convocatoria deste Congreso:

”O ATENEO SINDICALISTA DE FERROL (ESPAÑA)”, pequeno en número pero grande en ideais de redención humana, convoca a un Congreso Internacional a socialistas, sindicalistas, anarquistas e organizacións obreiras do mundo, para discutir a seguinte orde do día:
  • 1º) As medidas máis rápidas para terminar a actual guerra europea.
  • 2º) Nova orientación a seguir en adiante, para evitar tales crimes de lesa humanidade.
  • 3º) Desarmamento xeral dos exércitos permanentes.
O Congreso foi torpedeado e abortado polas autoridades. Os 36 delegados internacionais que iniciaban as sesións xunto coa maioría dos asistentes foron detidos e os delegados deportados.

A Comisión organizadora recibiu numerosas adhesións de Europa e América, ata dos países en conflito.

Non queda constancia da continuidade do ATENEO SINDICALISTA máis aló de 1915.

Ata 1931 non se recupera a actividade ateneísta en Ferrol. A chegada da República supón un revulsivo social e prodúcese un esplendor cultural xeneralizado. Só en ASTURIAS localízanse 79 Ateneos.

En 1931, terminada a Ditadura de Primo de Rivera, un grupo de personalidades locais e antigos ateneístas deciden recuperar o ATENEO FERROLÁN “como centro de divulgación artística, científica e literaria, con miras exclusivamente ao cultivo intelectivo, de expansión cultural ....” A actividade principal céntrase en conferencias e debates abertos a todo tipo de temas, relixiosos, políticos, sociais, etc.

É de destacar a retirada en masa do sector católico, que reduce á metade o número de socios do ATENEO.

A pintura, a colaboración con outras Entidades, a acollida a todo tipo de actividades culturais na súa sede, son os acenos de identidade do ATENEO FERROLÁN que neste período apenas ten problemas ou detractores, salvo o abandono dos católicos por rexeitamento aos debates sobre relixión que se celebran.

Nos anos 1934 a 1936 temos que apuntar a curta pero intensa existencia dun ATENEO no barrio máis antigo da cidade, o ATENEO CULTURAL DE FERROL VELLO. Chegou a manter un cadro artístico que realizou representacións teatrais no mellor teatro da cidade.

O Alzamento Militar de 1936 acabou cos dous ATENEOS existentes en FERROL nesas datas manténdose pechado os 40 anos da ditadura.


1ª Asamblea de socios e socias do Ateneo Ferrolán e nomeamento da primeira Xunta Directiva en 1976.


En 1976 recupérase o que ata hoxe se denomina ATENEO FERROLÁN.

Restablecidas as liberdades coa morte do ditador en 1975, un grupo de ferroláns que xa viñan desenvolvendo actividades culturais aproveitando ao máximo a Lei de Asociacións vixentes, a través da Asociación Ferrolana de Cine-Club, ou de Antigos Alumnos do Instituto, aborda a recuperación da Sociedade baixo a actual denominación ATENEO FERROLÁN, feito que se produce no clima de efervescencia democrática e política no ano 1976, sendo nomeado Presidente Fernando Álvarez Bouza, despois de consensuarse unha candidatura “neutra” para evitar confrontacións ou protagonismos dos partidos políticos emerxentes.


Primeiras conferencias na actual sede do Ateneo Ferrolán.
De esquerda a dereita: Isaac Díaz Pardo, Lueiro Rey, Anxel Teijeiro, Xabier Filgueira, Fernando Márquez, Ricardo Carvalho Calero e Ramón Piñeiro.


Nesta última etapa, a cuarta, a máis longa na vida do ATENEO, tivo ao fronte da Entidade os seguintes Presidentes:
  • Ano 1975-1977 - Fernando Álvarez Bouza.
  • Ano 1977-1979 - Natalia Lamas, pianista.
  • Ano 1979-1980 - Xaime Quintanilla Rico, médico.
  • Ano 1980-1983 - Angel Teijeiro, licenciado e senador.
  • Ano 1983-1984 - Fernando Márquez Gallego, médico.
  • Ano 1984-1987 - Jesús Porta Dovalo, avogado.
  • Ano 1987-1989 - Guillermo Llorca Freire, historiador.
  • Ano 1989-1990 - Alvaro Espilla Díaz, libreiro.
  • Ano 1990-1995 - Luis Calvo Teijo, delineante.
  • Ano 1995-2012 - Eliseo Zaera Ríos, técnico naval
  • Ano 2012-2013 - Ramón Veloso Rodriguez, político
  • Ano 2014-2016 - Eliseo Fernández Fernández, historiador e investigador.
  • Ano 2016-2018 - Xunta Xestora formada en Asemblea por unanimidade e composta polos soci@s: Francisco Iglesias Mouriz, Mª Soledad Fontenla Fuster, Luis Calvo Teijo, incorporándose á mesma Xavier Dongil e Pablo Seoane Carneiro. 
  • Ano 2018 ate a actualidade - Francisco Javier Montero Dongil


Os Estatutos do Ateneo Ferrolán foron aprobados, como modificación dos de 1931 o día 28 de xuño de 1985, e no mes de abril de 2004, aprobouse a adaptación á normativa actual.

As dúas rehabilitacións acometidas nos anos 80 foron cofinanciadas polos socios e socias do Ateneo.

En 1982, co primeiro piso dos números 202 e 204 da rúa Magdalena xa cedidos, o Ateneo comezou unha campaña de recollida de fondos “Pro local social” que incluíu, entre outras actividades, concertos para recadar cartos destinados a este obxectivo. As aportacións dos socios e socias xogaron un papel determinante na primeira obra de adecuación, para a que houbo donativos importantes, entre eles un de medio millón de pesetas da época – procedente dun dos membros desta entidade -e outro de 200.000 pts dun industrial ferrolán. A cantidade que se requiría para executar o proxecto do arquitecto Francisco Iglesias Miño era de cinco millóns de pesetas, pero as subvencións-procedentes do Ministerio de Cultura e da Deputación, non do Concello - unicamente ascendían a 400.000. En xuño de 1983, sendo presidente do Ateneo Fernando Márquez, o titular da Xunta, Gerardo Fernández Albor, acudiu á inauguración da sede do Ateneo, un acto que tamén contou coa presenza do conselleiro de cultura, o alcalde e numerosas personalidades, entre elas o profesor Ricardo Carvalho Calero.

Pero non foi a única rehabilitación que levouse a cabo no inmoble. Un ano despois, o Consello de Ministros aprobaba unha inversión de 31 millóns, dos que 21 foron aportados pola Dirección Xeral de Arquitectura e Vivenda do MOPU e os 10 millóns restantes polo propio Ateneo. Unha vez máis o Concello quedouse ao marxe.

Grazas á constancia e ao empuxe dos socios e socias e coa importante colaboración do M.O.P.U., de Caixa Galicia, dos propios asociados ateneistas e do arquitecto D. Alfredo Alcalá Navarro, en 1986 inaugúrase a sede social do ATENEO FERROLÁN no número 202-204 da rúa Magdalena, espléndido edificio do século XVIII (1762; trátase dun dos edificios máis representativos do Barrio da Magdalena. Os seus balcóns de ferro forxado, de gusto rococó, son o elemento decorativo e expresivo do elevado rango desta edificación. Magnificamente restaurado e habilitado para albergar a sede social dunha das institucións culturais máis antigas da cidade de Ferrol e para o desenvolvemento das súas actividades culturais dentro do histórico Barrio da Magdalena. No ano 2010 volve a ter unha rehabilitación propiciada entre outras polo deterioro, debido as filtracións de auga, da súa Biblioteca-Hemeroteca e pola falta de espazo para albergar o seu patrimonio.

Nos anos 80 alcanzou os 1200 socios/socias e realizou actividades destacadas, recuperando o estilo e obxectivos identificativos dos ATENEOS. Unha sutil e firme sensibilidade dos socios e socias desta entidade actuou en momentos críticos, abortando e superando situacións que non respondían axeitadamente ao espírito ateneísta que hoxe ninguén discute e que se resume no seu lema:

“Un lugar de encontro para a cultura”

A PLURALIDADE, a TOLERANCIA, a DIVERSIDADE, ... as portas abertas a todas as opinións, voces e temas, van acadando e confirman un prestixio e solidez que fan do Ateneo Ferrolán unha entidade en permanente actualización e en constante sintonía cultural, política e social co pobo, en defensa da lingua e a cultura galega especialmente.

Estatutos do Ateneo Ferrolán

CAPÍTULO – I: Do Ateneo científico, literario e artístico
CAPÍTULO – II: Dos socios e socias
CAPÍTULO – III: Da Asemblea Xeral
CAPÍTULO – IV: Da Xunta Directiva
CAPÍTULO – V: Das atribucións especiais dos individuos da Xunta Directiva
CAPÍTULO – VI: Da contabilidade e tesourería
CAPÍTULO – VII: Das vocalías
CAPÍTULO – VIII: Das agrupacións especiais
CAPÍTULO – IX: Da biblioteca e sala de lectura
CAPÍTULO – X: Das empregadas/os do Ateneo
CAPÍTULO – XI: Das eleccións
CAPÍTULO – XII: Da moción de censura
CAPÍTULO – XIII: Do regulamento de réxime interno
CAPÍTULO – XIV: Da disolución da sociedade
CAPÍTULO – XV: Da reforma do estatuto


--{+}--

CAPÍTULO – I
DO ATENEO CIENTÍFICO, LITERARIO E ARTÍSTICO

Artigo 1.- Procédese a adapta-los Estatutos da Asociación científica, literaria e artística, denominada “ASOCIACIÓN ATENEO FERROLÁN”, constituída sen finalidade lucrativa algunha, con inscrición no Rexistro de Asociacións co número 347 do Rexistro Provincial de Asociacións e o nº 16404 do Rexistro Nacional de Asociacións e CIF G15037468.

Esta Entidade rexerase polo presente Estatuto que constitúe a súa norma básica, pola Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo e, no seu caso, polos acordos validamente adoptados nas Asembleas Xerais e demais normas complementarias que, en materia de asociacións, lle sexan aplicables.

Artigo 2.- Son os fins principais do Ateneo:
  1. Difundi-las ciencias, as letras e as artes por tódolos medios axeitados.
  2. Favorecer dentro de seu seo o desenrolo de grupos que se propoñan realiza-la investigación científica e o cultivo da arte e das letras.
  3. Fomentar e promociona-lo uso da Lingua e Cultura Galega.
Artigo 3.- O seu domicilio social radica en Ferrol, rúa Magdalena nº 202-204, 1º, sen prexuízo daqueles outros locais ou edificios que puidese ocupar para o cumprimento dos seus fins.

Artigo 4.- A Asociación en función dos seus fins e da ubicación do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial de Ferrol.

Artigo 5.- A duración de esa Asociación é de carácter indefinido e só se disolverá, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados/as expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contados no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.
CAPÍTULO – II
DOS SOCIOS e SOCIAS

Artigo 6.- O número de socios e socias do Ateneo, é ilimitado.
Os socios/as de número ingresarán na sociedade mediante petición escrita firmada polo propio interesado/a.
En dita petición consignaranse: o nome e apelidos do interesado/a, o seu enderezo, a súa profesión e punto de vecindade ou residencia habitual e un número de conta bancario para a domiciliación e cobro das cotas.
Aprobada a petición pola Xunta Directiva, a secretaria do Ateneo comunicará ó socio/a a admisión remitíndolle para o seu coñecemento un exemplar dos Estatutos.
Cumprido isto entregaráselle o carné de socio/a de número autorizado coas firmas do presidente/a e secretario/a. Así mesmo o socio/a deberá abona-la primeira cota corrente.

Artigo 7.- Quedarán en suspenso os dereitos do socio/a por falta de pago, a tales efectos a administración elaborará unha relación que se expoñerá nas dependencias correspondentes.
O Socio/a moroso poderá ser requirido ó pago pola secretaría, se non atendese tres recibos consecutivos, dándose conta na primeira Xunta Directiva que se celebre.
En calquera caso o socio/a que deixe transcorrer catro meses despois do primeiro aviso, sen se ter posto o corrente do pago será automaticamente dado de baixa.

Artigo 8.- Os socios/as terán dereito a ser convocados a cantas Asembleas Xerais haxa lugar e a participación nas mesmas con voz e voto, a ser electores e elixibles para cantos cargos da Asociación haxa que prover, coñecer e impugna-los acordos de tódolos órganos da sociedade coas formalidades que se determinen , coñecer o estado de contas e ingresos e gastos da Asociación tódolos anos, así como o desenvolvemento da súa actividade; e cantos outros dereitos se establezan no presente Estatuto.

Artigo 9.- Serán deberes dos socios/as:
  1. Acatar e cumpri-los preceptos destes Estatutos así coma os acordos adoptados polos órganos da sociedade.
  2. Respectalas persoas e a súas opinións, observando en todo momento a consideración debida ás liberdades alleas.
  3. Coidar con esmero os bens e instalacións que constitúen o patrimonio social.
  4. Cooperar na consecución dos fins propios da sociedade.
  5. Cumprir desinteresadamente, con decoro e honestidade as responsabilidades e función dos cargos para os que foron elixidos.
  6. Abonar en tempo e forma as cotas.
  7. Comunica-los cambios de enderezo ou vecindade.
  8. É deber dos socios/as non transferir os seus dereitos a persoa allea para asistir aos actos que organiza a sociedade.
Artigo 10.- Os socios/as inscribiránse no libro de rexistro da sociedade, no que se fará consta-lo nome, apelidos, profesión , enderezo e demais incidencias, de acordo co establecido pola vixente lexislación, así como, o seu número de antigüidade, o cal se lle adxudicará no momento de facer efectiva a correspondente cota.
O libro de Rexistro de Asociados, permanecerá a disposición de tódolos socios/as na secretaría do Ateneo.
Sen prexuízo do anterior, existirá un ficheiro de tódolos socios/as cos datos precisos e de acordo coa vixencia normativa debidamente actualizado.

Artigo 11.- O título de socio/a, en calquera concepto leva implícita a aceptación do presente estatuto e por tanto, o cumprimento dos deberes e o goce dos dereitos que neste se consignan.

Artigo 12.- Perderase a condición de socio/a:
  1. Por renuncia expresa.
  2. Por falla de pago das cotas.
  3. Por expulsión , como consecuencia de sanción.
Artigo 13.- Os expedientes disciplinarios contra os socios/as iniciaranse de oficio pola Xunta Directiva, que dictará resolución que poderá ser recorrida por este ante o Presidente. De tódolos expedientes darase conta na próxima Asemblea Xeral para a súa rectificación se procede.
Toda resolución terá como base a cualificación de falta leve, grave o moi grave, que levará aparellada necesariamente a sanción de amoestación, suspensión de ata seis meses e de expulsión, respectivamente.


CAPÍTULO – III
DA ASEMBLEA XERAL

Artigo 14.- A Asemblea Xeral regulamentariamente constituída, representa á totalidade dos socios/as de número e honorarios reunidos para usar do seu dereito, previa convocatoria da Xunta Directiva que incluirá, xunto a Orde do día, a data e hora de celebración en primeira e segunda convocatoria. Entre ámbalas dúas convocatorias deberá transcorrer ó menos un mínimo de media hora.

Artigo 15.- As Asembleas Xerais entenderanse validamente constituídas, cando asistan en primeira convocatoria a maioría simple e os que houbese na segunda.
De acordo co espírito e tradición histórica e participativa do Ateneo, o voto exercerase persoalmente en tódolos casos.
As Asembleas Xerais serán Ordinarias e Extraordinarias.
A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase con carácter obrigatorio unha vez cada dous, dentro do primeiro trimestre convocada pola Xunta Directiva, para a elección dos membros da Xunta Directiva, e unha vez o ano para aprobación de presupostos e rendición de contas.
Considéranse Asembleas Xerais Extraordinarias, as que se celebren para un obxectivo especial, a este efecto convocarase ós socios coa maior publicidade posible, expresándose os asuntos que haxan de someterse á súa deliberación. Estas Asembleas non poderán ocuparse doutras cuestións que as sinaladas na convocatoria.
Tanto a Asemblea Xeral Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas cuns 15 días de antelación polo Presidente.

Artigo 16.- Corresponde á Asemblea Xeral Ordinaria:
  1. Elixir ás Comisión que haxan de emitir dictame sobre as cuestións determinadas.
  2. Ratifica-los cargos de carácter administrativo e de asesoramento de Entidade, elixidos pola Xunta Directiva.
  3. Elixir ós socios/as que compoñen a Xunta Directiva.
  4. Resolver sobre as propostas de socios/as.
  5. Aproba-la acta da reunión anterior.
  6. Aproba-lo plan de actividades.
  7. Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior.
  8. Aproba-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
  9. Exame e aprobación das cotas.
  10. Deliberar e resolver tódolos demais asuntos que especialmente lles sexan sometidos pola Xunta Directiva, xa sexa por propia iniciativa xa a petición dos socios.
Artigo 17.- As Asembleas Xerais Extraordinarias celebraranse nos casos que o considere conveniente a Xunta Directiva ou o reclamen un 10% dos socios/as debendo expresarse na petición o obxecto da convocatoria.

Artigo 18.- Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:
  1. Modifica-los Estatutos da Asociación.
  2. Aproba-la federación con outras Asociacións.
  3. Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
  4. Acorda-la disolución da Asociación.
  5. Designa-los liquidadores.
  6. Ratifica-la expulsión de asociados a proposta da Xunta Directiva.
  7. Aproba-lo regulamento de réxime interno da Asociación.
  8. As que sendo competencia da Asemblea Xeral Ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan espera-la súa convocatoria, sen grave prexuízo para a Asociación.
Artigo 19.- O Presidente/a do Ateneo presidirá as Asembleas Xerais; no seu defecto o Vicepresidente/a, e en ausencia deste, un/unha dos vocais da Xunta Directiva.
Serán escrutadores o Secretario/a, e dous socios/as por mesa designados polos asistentes á Asemblea Xeral.

Artigo 20.- Os acordos da Asemblea Xeral deberan ser adoptados polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes, excepto os relativos os apartados 1 a 6 do artigo 16, que requirirán maioría de dous tercios.
Toda proposta apoiada por máis do 5% dos socios/as incluirase preceptivamente na convocatoria da primeira Asemblea Xeral Ordinaria que se celebre.
En cada sesión das Asembleas Xerais Ordinarias, despois de lida e aprobada no seu caso a Acta da anterior, someterase a ratificación a prelación dos asunto incluídos na Orde do Día.

Artigo 21.- Tódolos socios/as teñen dereito a presentar en Secretaría, antes de celebrarse a Asemblea Xeral, manifestación de reprobación ou de gracias, proposicións, emendas, así como dirixir á Xunta Directiva as preguntas e interpelacións que estime conveniente.
Ningún socio/a poderá falar na Sesión, sen pedir e obte-la palabra.
En calquera momento da discusión poderán pedi-la palabra os socios/as para cuestións de orde, ou para pedi-la lectura de artigos do Estatuto ou documento.

Artigo 22.- Compete ó Presidente/a: dirixi-la orde das discusións, non permitindo que se interrompa ó orador, nin que se trate outra cuestión que a que se debate, así como da-lo punto por discutido cando os tornos se cumpran; sinala-la Orde do día segundo o disposto neste regulamento e abrir e pecha-la sesión.
É así mesmo atribución do Presidente/a chamar a cuestión e á orde ó orador cando o crea xusto e negarlle ou retirarlle a palabra.

Artigo 23.- Na Asemblea Xeral votarase dalgunha das maneiras seguintes:
  • a) Poñéndose en pé ou levantando o brazo ao chamamento de: aprobación, reprobación ou abstención, ou sexa votación ordinaria.
  • b) Nominalmente, dicindo os socios/as o seu nome polo orde en que estiveran sentados ou dicindo abstención se non se pronunciase nin a favor nin en contra.
  • c) Por papeletas, que serán depositadas na urna polo Presidente sen desdoblalas.
  • d) Por calquera outro procedemento análogo, sempre que garante a verdadeira expresión da vontade dos socios/as.
Artigo 24.- O Presidente/a declarará aberta ou pechada a votación, e disporá se verifique o escrutinio.
Unha vez pechada a votación, ningún socio/a terá dereito a votar.

Artigo 25.- Declarado pola Asemblea Xeral se cómpre a votar, o Presidente/a proporá o xeito da votación. No caso de que o 10% dos socios/as asistentes pidan que a votación sexa nominal, por papeleta ou por calquera outro medio, dispoñerase así pola Mesa, a non ser que a metade máis un dos socios/as decidiran outra cousa.

Artigo 26.- Se houbese empate ó face-lo escrutinio repetirase a votación.
O menos cunha semana de anticipación á celebración da Asemblea Xeral, os socios/as poderán consultar nas oficinas correspondentes cantos documentos crean precisos para informarse das cuestión que tratarán.


CAPÍTULO – IV
DA XUNTA DIRECTIVA

Artigo 27.- A Xunta Directiva componse dun Presidente/a, un Vicepresidente/a, un Bibliotecario/a, un Contador/a, un Tesoureiro/a e un Secretario/a, elixidos pola Asemblea Xeral Ordinaria entre os socios/as de número e honorarios que teñan, polo menos, un ano de antigüidade no Ateneo, así coma un número de vocais determinados na candidatura elixida, que teñan como socios/as unha antigüidade mínima de 3 meses.
Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuítos, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados.

Artigo 28.- A duración dos cargos da Xunta Directiva será de dous anos, podendo ser confirmados por reelección tódolos seu membros.
O individuo da Xunta Directiva, que inxustificadamente non asistise a tres Xuntas consecutivas, entenderase que renuncia ó seu cargo. Neste caso, como no da renuncia expresa, poderá procederse ó seu reemprazo no remate dun mes; non podéndose reemprazar a máis da metade da Xunta Directiva elixida, en Xunta Directiva Extraordinaria.
A Xunta Directiva reunirase ó menos mensualmente e tomará os seus acordos por maioría de votos, sendo de calidade o do Presidente/a en caso de empate, precisando á asistencia da metade máis un dos individuos da Xunta, en primeira convocatoria.
En segunda convocatoria tendo que tomar decisións urxentes as tomarán os presentes dando conta de ditas decisións na seguinte xuntanza.

Artigo 29.- Corresponde á Xunta a administración e goberno do Ateneo con arranxo ás disposición do presente estatuto e ós acordos das Asembleas Xerais.


CAPÍTULO – V
DAS ATRIBUCIÓN ESPECIAIS DOS INDIVIDUOS DA XUNTA DIRECTIVA

Artigo 30.- Ademais das atribucións que regulamentariamente corresponden á Xunta Directiva e as que poidan conferirse os seus diferentes individuos, estes terán as que especialmente determinan os artigos seguintes.

Artigo 31.- O Vicepresidente/a, ademais das funcións que lle sexan encomendadas desempeñará o cargo de Presidente/a por ausencia ou delegación.

Artigo 32.- Os Vocais coadxuvan coa súa ilustración e consello nas deliberacións e acordos da Xunta Directiva, dentro da cal poden substituír ós demais individuos.

Artigo 33.- O Contador/a e o Tesoureiro/a teñen ó seu cargo canto se refire á xestión económica dos intereses sociais do Ateneo, respecto da cal exercen a iniciativa de propoñer á Xunta Directiva o máis beneficioso e cumpri-los acordos que en tales asuntos se adopten, dentro das normas de contabilidade.
O Tesoureiro/a ten a obriga de proceder ó peche do exercicio presupostario antes de fin de ano, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da Asociación nos quince días anteriores á celebración da Asemblea Xeral Ordinaria.

Artigo 34.- O Bibliotecario/a ten por misión procura-la conservación e acrecentamento da Biblioteca e da sala de lectura; exerce a alta dirección e inspección do seu servicio, conciliando coa comodidade dos socios a conservación dos libros, publicacións periódicas, atlas, mapas, estampas, etc… de propiedade do Ateneo; compételle encauza-las iniciativas para á adquisición de publicacións en colaboración coas vocalías e o persoal da Biblioteca, e fai cumpri-las disposición particulares adoptadas para o mellor servicio da súa dependencia.
Anualmente presentará á Asemblea Xeral un informe sobre o funcionamento da Biblioteca e propoñerá a bibliografía que estime oportuno.

Artigo 35.- Os Secretarios/as toman Acta de tódolos acordos das Asembleas Xerais e da Xunta Directiva, e gardan a súa execución en canto non corresponda a algún outro membro da mesma; levan a correspondencia xeral do Ateneo e o Rexistro de Socios; responsabilízanse máis inmediatamente que os demais individuos da Xunta Directiva do persoal, ordenan e custodian o Arquivo do Ateneo e as súas obras de arte. Correspóndelle tamén notifica-las convocatorias e custodia-las actas e expedir certificacións das mesmas co visto e prace do Presidente e levar o inventario dos bens da asociación nun libro establecido ó efecto.
O Secretario/a deberá ler na primeira Asemblea Xeral unha Memoria na que se reseñen as tarefas do Ateneo e as adquisicións de todo xénero realizadas durante o mesmo, expoñendo as causas do seu estado de prosperidades ou decadencia baixo tódolos seus aspectos.


CAPÍTULO – VI
DA CONTABILIDADE E TESOURERÍA

Artigo 36.- A Asociación dispón dun patrimonio fundacional de 30.000 euros.
O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.

Artigo 37.- A Asociación funcionará en réxime de presuposto anual. O borrador do presuposto será elaborado polo Tesoureiro/a da Asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poda ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.

Artigo 38.- A Asociación manterase dos seguintes recursos:
  1. As cotas periódicas dos asociados.
  2. As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
  3. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
  4. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Artigo 39.- As cotas ordinarias acordanse pola Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva non sendo reintegrables en caso algún e dedicándose a atende-las necesidades do Ateneo.

Artigo 40.- Anualmente con referencia ó último día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos asociados, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, quen debe aprobalo ou censura-lo.

Artigo 41.- Anualmente será aprobado o orzamento pola Asemblea Xeral Ordinaria.

Artigo 42.- Tódolos fondos do Ateneo, sexa calquera a súa procedencia estarán a cargo do Tesoureiro/a quen non fará libramento algún sen intervención do Contador/a e co visto bo do Presidente/a, en comprobación de que o gasto corresponde a servicios acordados pola Xunta Directiva. A Xunta Directiva designará a consignación dos fondos nun establecemento bancario ou mercantil.

Artigo 43.- O Contador/a intervirá en tódolos documentos que fagan referencia á cobranza de pagos, de calquera clase que sexan.
O Contador/a e Tesoureiro/a presentarán á aprobación da Xunta Directiva o estado de ingresos cada mes. Nas Asembleas Xerais Ordinarias darán información deste estado de ingresos e gastos así como responderán ás cuestións que sobre ditos temas presenten os socios/as.

Artigo 44.- Sen autorización da Asemblea Xeral Extraordinaria non poderá a Xunta Directiva tomar diñeiro a préstamo nin facer compras a prazos se os vencementos son posteriores ó termino da súa administración.

Artigo 45.- Só en caso de urxencia manifesta poderá a Xunta Directiva tomar diñeiro a préstamo ou facer compras a prazos. Neste caso, dará conta na Asemblea Xeral máis próxima da cuantía destes e o motivo da urxencia, para a súa aprobación.

Artigo 46.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os asociados os recursos obtidos pola Asociación.


CAPÍTULO – VII
DAS VOCALÍAS

Artigo 47.- Na medida das dispoñibilidades económicas e dentro dos fins da sociedade, a creación e denominación das Vocalías acordarase na Xunta Directiva a proposta da metade máis un dos seus membros, de vinte ou máis socios/as.
O número das Vocalías poderá aumentarse ou disminuirse cando así o acorde a Xunta Directiva.
Para a elección dos temas que haxan de discutirse nas Vocalías, convocarase ós membros das mesmas.
Na discusión das Vocalías exercerase, segundo tradición e práctica constante do Ateneo, a tolerancia e respecto que se deben a tódalas opinións e crenzas sinceramente profesadas.


CAPÍTULO – VIII
DAS AGRUPACIÓNS ESPECIAIS

Artigo 48.- Poderán constituírse dentro do Ateneo Agrupacións de carácter científico, literario ou artístico. A organización corresponderá por completo ós individuos que as formen, sen que en ningún caso se entenda que o título de socio do Ateneo, non reunindo os demais requisitos que se esixan, da dereito a pertencer a elas e a tomar parte nos seus traballos.

Artigo 49.- Serán requisitos esixibles para a constitución destas Agrupacións:
  1. Que os seus membros sexan socios do Ateneo.
  2. Que as súas normas de organización e funcionamento non se opoñan ó réxime interno e administrativo desta Sociedade.
  3. Que a Xunta Directiva as autorice, previa solicitude firmada, cando menos por dez socios, na que se expoña detalladamente o proxecto da Agrupación que trata de constituírse.
    Se a Xunta Directiva considerase procedente denega-la solicitude firmada, necesitará dar conta dos motivos á Asemblea Xeral Ordinaria, para que esta resolva.
    De igual maneira actuará cando retire a autorización a algunha das agrupacións constituídas.
Artigo 50.- As agrupacións especiais admitirán libremente ós seus integrantes e funcionarán con máximo grado de autonomía dentro do respecto ós preceptos deste Estatuto e demais normas.

Artigo 51.- O Ateneo poderá facilita-la los medios precisos para o desenvolvemento da súa actividade e, cando a situación económica o permita contribuirá á publicación dos seus Boletíns e Memorias.

Artigo 52.- As actividades desenvolvidas polas Agrupacións deberán axustarse estrictamente ás normas de conducta que rexen a vida do Ateneo, sen que en ningún caso poida facerse uso do nome do mesmo sen autorización da Xunta Directiva, que ademais, poderá intervir e suspende-las súas actividades cando o estime oportuno, motivando a súa resolución para a ratificación na inmediata Asemblea Xeral.


CAPÍTULO IX
DA BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA

Artigo 53.- A Biblioteca e Sala de Lectura estarán baixo a dirección e inspección do Bibliotecario/a.

Artigo 54.- Todo socio/a ten dereito a solicitar á Xunta Directiva a adquisición de obras e a suscripción á publicacións periódicas, consignando a súa petición nun libro a este obxecto destinado.
Cando dita petición estea firmada ó menos por doce socios/as e non fora atendida, calquera destes poderá pedir explicacións á Xunta Directiva a cal considerará o caso e decidirá.

Artigo 55.- Nas prescricións aprobadas pola Xunta Directiva a proposta do Bibliotecario/a, e que estarán expostas sempre ó coñecemento dos socios/as, establecerase a duración e forma do servicio da Biblioteca.

Artigo 56.- Se algún socio/a subtraera ou deteriorase libros, mapas, documentos ou calquera outro material propiedade do Ateneo, sen prexuízo das responsabilidades penais a que houbese lugar, deberá proceder á reposición e devolución de dito material e poderá ser sancionado coa perda da súa condición de socio/a.


CAPÍTULO X
DOS EMPREGADOS/AS DO ATENEO

Artigo 57.- Corresponde a Xunta Directiva o nomeamento e afastamento dos empregados/as, dando oportuna conta á Asemblea Xeral.
O persoal da Secretaría e Contabilidade estará baixo as inmediatas ordes do Secretario/a, Contador/a e Tesoureiro/a, de acordo coas instruccións da Xunta Directiva.
A Xunta Directiva poderá delegar nun dos seus integrantes as atribucións necesarias para inspecciona-lo servicio interior da Casa, podendo propoñer á Xunta a suspensión ou separación dos empregados/as, de acordo coa lexislación vixente.


CAPÍTULO XI
DAS ELECCIÓNS

Artigo 58.- As eleccións para cubri-los cargos da Xunta Directiva realizaranse cada dous anos, a no ser nos casos de renuncia ou demisión forzosa da maioría dos seus membros, nos que se adiantará a data de elección.
As eleccións serán convocadas pola Xunta Directiva cun mínimo de 35 días de antelación á data fixada para o escrutinio. Dita convocatoria conterá o calendario electoral e as normas complementarias que desenrolen os artigos deste capítulo.

Artigo 59.- A Mesa Electoral entre os socios/as que, estando en activo os últimos cinco anos, o soliciten no prazo previsto dentro dos sete días seguinte á convocatoria das eleccións, sendo preferidos por orde de antigüidade. A Mesa Electoral constituirase para presentar e garanti-lo bo desenvolvemento de proceso electoral entendendo das impugnacións que se presenten na Asemblea Xeral a proposta da directiva saínte e deberá ser aprobada pola metade máis un dos asistentes.

Artigo 60.- No prazo dos catro días seguintes á publicación da convocatoria, poderá impugnarse o contido da mesma ante a Xunta Directiva, mediante escrito motivado e firmado ó menos por 100 socios/as.

Artigo 61.- Son electores tódolos socios/as en plenitude dos seus dereitos que leven dados de alta máis de tres meses na sociedade e estean ó día no pago das cotas.
Son elixibles aqueles que, non estando suspendidos nos seus dereitos levan un mínimo dun ano coma socios/as para os cargos nominais e de 3 meses para as vocalías.

Artigo 62.- Dentro dos quince días seguintes á publicación da convocatoria, os socios/as que reúnan as condicións do artigo anterior terán dereito a presenta-la súa candidatura ós cargos da Xunta Directiva.

Artigo 63.- No prazo máximo de cinco días, a Xunta Directiva saínte proclamará as candidaturas, previa intervención de representantes das mesmas quen no mesmo acto poderán elevar reclamación ante a propia Mesa Electoral, que resolverá no prazo de 24 horas.
Proclamadas as candidaturas abrirase un prazo mínimo de quince días para a campaña electoral. Tódolos candidatos poderán utiliza-lo censo de socios/as e dispoñer das dependencias do Ateneo para o desenrolo da súa campaña.

Artigo 64.- Para a emisión do voto poderán constituírse cantas Mesas se estime conveniente. Cada Mesa estará integrada por un Presidente/a e dous Adxuntos, un dos cales exercerá as funcións de Secretario/a. Cada candidatura poderá nomear un interventor por Mesa.
A elección dos membros das mesas realizarase por acordo entre as candidaturas e no seu defectos a Xunta Directiva saínte dispón o necesario para a súa composición.
Corresponderá ós seus Presidentes/as coidar polo orde das votación e observa-lo exacto cumprimento do presente estatuto e demais disposición que os desenvolvan.

Artigo 65.- Os Secretarios/as levantarán acta do resultado do escrutinio e de cantas incidencias se produxesen.

Artigo 66.- A votación farase persoalmente mediante papeleta que garante a liberdade e segredo de voto.

Artigo 67.- As candidaturas contarán cun mínimo de 8 membros e un máximo de 20, constando os nomes dos propostos para Presidente/a, Secretario/a, Tesoureiro/a, Contador/a, Bibliotecario/a, Vicepresidente/a e vocais.
Unha vez finalizada a votación, procederase ó reconto de votos ó remate poderán presentarse tódalas protestas e reclamacións que se estimen oportunas en relación con dito escrutinio. Tódalas incidencias habidas recolleranse na acta correspondente.

Artigo 68.- Unha vez rematado o escrutinio, o Presidente/a da Mesa de maior idade fará público o resultado das votacións e proclamará como electos ós candidatos máis votados, e en caso de empate, procederase a unha segunda votación que terá lugar no mesmo acto.
Contra a proclamación dos elixidos ou contra calquera outros actos e incidencias que se producisen ó longo do proceso electoral, os interesados poderán acudir en reclamación ante a Mesa Electoral ata tres días despois da citada proclamación. Transcorridos dez días comunicarase a resolución ós impugnantes, e ós quince días da proclamación provisional, a Mesa Electoral procederá a efectuarse a proclamación definitiva.
A toma de posesión da Xunta Directiva proclamada terá lugar nun prazo non superior a quince días a contar desde dita data.


CAPÍTULO XII
DA MOCIÓN DE CENSURA

Artigo 69.- Pasados tres meses desde a proclamación da Xunta Directiva e mediante escrito motivado e firmado ó menos polo 15% dos socios/as, poderá presentarse unha moción de censura contra a mesma. En tal suposto coa máxima publicidade e nun prazo non superior a quince días unha Asemblea Xeral Extraordinaria co obxecto de pronunciarse sobre a cuestión.

Se a moción de censura é aprobada pola maioría absoluta dos socios presentes, o seu número deberá ser superior ó 15%, a Xunta Directiva presentará a súa demisión, elixíndose a continuación e na mesma sesión unha Xunta Xestora que convocará eleccións no prazo dun mes. Se a moción de censura fose rechazada pola Asemblea convocada ó efecto, os asinantes non poderán presentar outra ata transcorridos seis meses.
No suposto de que a moción de censura fose dirixida contra algún ou algúns dos compoñentes da Xunta Directiva, en número non superior a tres e excluído o Presidente/a e o Secretario/a, a firma de cen socios será suficiente e a propia Xunta Directiva procederá a designar ós substitutos que deberán reuni-los requisitos esixidos nestes Estatutos.
No caso de que a Xunta Directiva non convoque á Asemblea para a votación da moción de censura, os asinantes poderán eleva-lo seu escrito ós compoñentes da Mesa Electoral que participaron nas últimas elección, que poderán resolver: a) denegando a solicitude por motivos de forma, b) requirindo á Xunta Directiva a súa convocatoria.
No caso de non ser atendido tal requirimento no prazo de tres días, a Mesa citada quedará facultada para, polos medios que teña ó seu alcance e considerase necesarios e suficientes, convocar e presidi-la Asemblea Xeral Extraordinaria que decida sobre o asunto. Esta Asemblea Xeral presumirase plenamente convocada a tódolos efectos con este único punto na orde do día.


CAPÍTULO – XIII
DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO

Artigo 70.- O Regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes Estatutos, no podendo ir en ningún caso en contra do estipulado nos mesmos. En todo caso o funcionamento interno da Asociación estará sometido ó ordenamento xurisdiccional civil.


CAPÍTULO XIV
DA DISOLUCIÓN DA SOCIEDADE

Artigo 71.- A Sociedade disolverase en virtude das causas sinaladas na vixente lexislación ou por acordo dos socios/as tomado na Asemblea Xeral Extraordinaria á que deberán asistir na primeira convocatoria as dúas terceiras partes dos socios/as, ou en segunda máis da metade dos mesmos, sendo preciso para a validez do acordo o voto afirmativo das dúas terceiras partes dos socios/as presentes.
Para a liquidación nomearase unha Comisión composta por cinco socios/as designados pola Xunta Directiva á que engadirase o Secretario/a do Ateneo, que sen fará cargo dos fondos que existen, para que unha vez satisfeitas as obrigación, o remanente, se o houbese, sexa entregado ó Patrimonio do Estado ou a calquera organismo ou corporación pública para fins iguais ou análogos ós do Ateneo.
O acordo de disolución comunicarase, no prazo de un mes, á Autoridade competente expresándose o motivo, a data de aplicación do patrimonio ós efectos da oportuna inscrición rexistral.


CAPÍTULO – XV
DA REFORMA DO ESTATUTO

Artigo 72.- Para a modificación total ou parcial deste Estatuto, haberá de proceder petición escrita e firmada por un 15% dos socios/as, da que se dará conta na primeira Asemblea Xeral Ordinaria; esta poderá nomear unha Comisión de sete membros encargada de informar sobre dita petición e de propoñe-los termos da reforma no seu caso, que non poderá aprobarse senón na Asemblea Xeral Extraordinaria convocado ó efecto, e a que haberán de concorrer ó menos o 15% dos socios/as se pretendese reforma parcial e o 25% se é total, sendo preciso para súa validez a aprobación polas dúas terceiras partes dos socios/as presentes.


Don Juan-Fernando Garmendia Díaz, Secretario da Asociación á que se refiren estes Estatutos, CERTIFICA que os presentes Estatutos foron modificados para adaptalos a la LO 1/2002, do 22 de marzo, por acordo da Asemblea Xeneral Extraordinaria de data 16 de abril de 2004.

En Ferrol a 16 de abril de 2004.

Juan Garmendia Díaz (Secretario)
Eliseo Zaera Ríos (Presidente)


--{+}--

ATENEO FERROLÁN
Don Juan-Fernando Garmendia Díaz, veciño de Ferrol (Avda. Esteiro 54-56, 4ºC) con DNI 32.620.991E, actuando como Secretario da entidade cultural Ateneo Ferrolán, Asociación á que se refiren estes Estatutos, con domicilio social en Ferrol (Rúa Magdalena 202-204,1º) e con CIF
G-15037468, inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións co número 347.

CERTIFICA
  1. Que o día 16 de abril de 2004, celebrouse a Asemblea Xeral Extraordinaria de Asociados/as, asistindo á mesma o 25% dos socios e socias e na que por unanimidade, acordouse adapta-los Estatutos da Asociación ás previsións da LO 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e as normas de desenrolo de ésta, mediante a modificación dos seus artigos.
  2. Que a entidade se atopa na actualidade en situación de actividade e funcionamento.
  3. Que según acordo do órgano de goberno da Asociación, adoptado de conformidade cos seus Estatutos, os titulares dos órganos de goberno e representación da entidade, que teñen o seu mandato en vigor, sendo elixidos en Asemblea Xeral o día 3 de marzo de 2003 e que son os seguintes:
PRESIDENTE:
Don Eliseo Zaera Ríos, vecino de Ferrol (Pérez Parallé Bloq.1 – 8ºD) con DNI 32.532.509K.

VICEPRESIDENTA:
Dona Hortensia Pérez Landeira, vecina de Ferrol (Coruña 38, 2º) con DNI 32.544.202F

SECRETARIO:
Don Juan Garmendia Díaz, vecino de Ferrol (Avda. Esteiro 54-56–4ºC) con DNI 32.620.991E

TESOUREIRO:
Don Miguel Pérez Enguídanos, vecino de Ferrol (Avda. Esteiro 58-60, 4º E) con DNI 00546852G

CONTADOR:
Don Miguel Llanos Granado, vecino de Ferrol (Ourense 8, 1º) con DNI .32453451Z

BIBLIOTECARIA:
Dona Mª Dolores Oruezabala Romero, vecina de Ferrol (Illas Gabeiras 9, 4ºA) con DNI 32.596.860H

VOCAL:
Don Víctor D.Fernández Gabeiras, vecino de Ferrol (Manuel Comellas 10-12, 2º esq.) con DNI 32.612.848K.

VOCAL:
Don Juan Galdo García, vecino de Ferrol (Río Xuvia 46-48– 4ºDta.) con DNI 32.544.387P.

Juan Garmendia Díaz (Secretario)
Eliseo Zaera Ríos (Presidente)

Certame Fotográfico "Medio Ambiente"

Co motivo da celebración do “Día Mundial de Medio Ambiente”, o Ateneo Ferrolán ven realizando, desde o ano 91, todos os anos un certame fotográfico que neste ano cumpre a súa 18ª edición. O certame conta cunha ampla participación de fotógrafos de Galicia, España e incluso a nivel internacional (Portugal, Alemania, ...) que nas obras presentadas resaltan a importancia da natureza nas súas vertentes de coidado e denuncia das agresións que recibe a mesma no actual tipo de sociedade que estamos a construír.

A exposición consta dunha selección realizada polo xurado, de 50 fotografías enmarcadas, coas que se realiza unha mostra itinerante e que participa no Outono Fotográfico en Ourense, a partir da inauguración e exposición que ten lugar no Ateneo Ferrolán, sempre o día 5 de xuño, onde dáse a coñecer o fallo e concédense os premios que consisten en:

  • 900 € - 1º PREMIO
  • 300 € - 2º PREMIO
  • 150 € - 3º PREMIO
O xurado ao longo destas edicións estivo composto, entre outros e outras, por diferentes profesionais do mundo da fotografía: MALDE, CARLOS CARBALLEIRA, RODRIGO RAMOS ARDÁ, JOSÉ BENITO CANCIO DEL RÍO, PEDRO JOSÉ LUGRÍS FERNÁNDEZ, KIKO DELGADO, VÍCTOR RIVERA JOVE, JORGE MEIS, JOSÉ PARDO VÁZQUEZ, ...

Premiados en anteriores edición.

Ano 2002.
  • 3º PREMIO: “PAISAJE II” de Fernando Galindo Tormo – (Cieza-Murcia)
  • 2º PREMIO: “NAMIBIA” de Alberto Porres Viñes- (Tarragona)
  • 1º PREMIO: “MIÑO” de Rodrigo Rodríguez Ferrandiz – (Denia-Alicante)
Mencións Especiais do Xurado (Finalistas):
  • “PLANETA” de Gabriel Tizón - (Ferrol)
  • “NIEBLA” de Rodrigo Rodríguez Ferrandiz – (Denia-Alicante)

Ano 2003
.

  • 3º PREMIO: “EL ÁRBOL Y SU PESADILLA” de Stephane Lutier – (A Coruña)
  • 2º PREMIO: “NIEBLA” de José Manuel Maiquez Mijares - (La línez de la Concepción - Cádiz)
  • 1º PREMIO: “LOS MÁS MONOS” de Alberto Porres Viñes – (Tarragona)
Mencións Especiais do Xurado (Finalistas):
  • “LA SOLEDAD DEL VOLUNTARIO” de Gabriel Tizón – (Ferrol)
  • “INCA HUASI” de José Alberto Mateo Aznar - (Madrid)

Ano 2004
.

  • 3º PREMIO: “EL BOSQUE” de Jose M. Maiquez Mijares – (La Línea de la Concepción – Cádiz)
  • 2º PREMIO: Descualificado incumprimento das bases - Deserto
  • 1º PREMIO: “OTOÑAL”de Luis A. Gil Pellin de Valencia
Ano 2005.
  • 3º PREMIO: “SOBRE LO IMPOSIBLE” de Antonio Jesús Pérez – (Sevilla)
  • 2º PREMIO: “PARAÍSOS VÍRGENES” de José Francisco Nieto – (Narón)
  • 1º PREMIO: “SEN TÍTULO II”de Oscar Carrasco Ragel – (Algeciras)
Ano 2006.
  • 3º PREMIO: “CORES AGRESIVAS” de Kiko Arcas García (Vigo)
  • 2º PREMIO: “NÉBOA CON FAROLA” de Asier Castro de la Fuente (Bilbao)
  • 1º PREMIO: “ARDE GALICIA” de Gabriel Tizón (Ferrol)
Mencións Especiais do Xurado (Finalistas):
  • “ISLA DEL RÍO” de Gabriel Tizón
  • “NÉBOA PRIMAVERAL” de Asier Castro de la Fuente
  • “PINOS AL ANOCHECER” de Victor Rivera Jove
  • “COLOR DE OTOÑO” de Martín Debén Sánchez

Ano 2007.

  • 3º PREMIO: “VERTEDEROS INCONTROLADOS” de Jorge Meis – (Ferrol)
  • 2º PREMIO: “EN LAS MONTAÑAS DE YEMEN” de Alberto Porres Viñes – (Tarragona)
  • 1º PREMIO: “ERIZO DE MAR” de Víctor Rivera Jove – (Ferrol)
Ano 2008.
  • 3º PREMIO: “ABATIDO AGONIZA” de Antonio J. Fernández Marín – (Valdoviño)
  • 2º PREMIO: “CAMPIÑA INGLESA” de José F. Rodríguez Nieto – (Narón)
  • 1º PREMIO: “EN LA INMENSIDAD” de Alberto Porres Viñez – (Tarragona)
  •  
  • Ano 2009
    3º PREMIO: “MAR EN CALMA” de PERE FONT RUIZ (Olot – Girona)
    2º PREMIO: “NATURALEZA HOLLADA” de JOSE MEIS MEAÑO (Abegondo – A Coruña)
    1º PREMIO:  “TRATADO DE KIOTO I” de JAVIER ARCENILLAS (Madrid)

    Así mesmo o Xurado decide conceder:

    1ª Mención Especial: “PERRO PASTOR” de JAVIER ARCENILLAS (Madrid)
    2ª Mención Especial: “AZUL Y GRIS” de ANTONIO J. FERNANDEZ MARIN de Valdoviño
    3ª Mención Especial: “ZORRO” de VICTOR RIVERA JOVE (Ferrol)

    Ano 2010

    3º PREMIO: “Lume” de JORGE MEIS (Ferrol)
    2º PREMIO: “Pesca ecológica III” de JOSE LUIS GARCIA GARCIA (Málaga)
    1º PREMIO: “Contaminación 0,0”  de ANTONIO LÓPEZ FERNÁNDEZ (As Pontes–A Coruña)

    Así mesmo o Xurado decide conceder 5 MENCIÓNS ESPECIAIS querendo destacar o alto nivel acadado nesta edición:

    Mención Especial: “Lumínica” de RAMÓN VAAMONDE VILAS (Santiago-A Coruña)
    Mención Especial: “Naturaleza salvaje a la luz de las estrellas” de José Francisco Rodríguez Nieto (Narón- A Coruña)
    Mención Especial: “Supervivencia” de JOSE MEIS MEAÑO (Abegondo – A Coruña)
    Mención Especial: “El ojo que te mira no es ojo porque lo miras es ojo porque te ve” de MARIO LLORCA LOUREIRO (Ferrol)
    Mención Especial: “A TDT chegou ás leiras” de ELVIRA SANJURJO FERNANDEZ (As Pontes-A Coruña)



    Ano 2011

    3º PREMIO: “DESTERRO III” de  SABELA IGLESIAS REVIEJO (Xanceda – A Coruña)
    2º PREMIO: “VOLVERÁS A LA TIERRA” de MARTÍN DEBÉN SÁNCHEZ (Culleredo – A Coruña)
    1º PREMIO:  “MENOS CONSUMO ... MEJOR FUTURO” de RUBÉN PÉREZ NOVO (Narón – A Coruña)

    Ano 2012

    3º PREMIO: “Segou” de Jose Luis Garcia García - Málaga
    2º PREMIO: “Mi rincón” de Victor Rivera Jove - Ferrol
    1º PREMIO:  “Cativerio” de Ana Isabel Pernas Taracido – Cariño (A Coruña)

    Así mesmo o Xurado decide conceder 3 MENCIÓNS ESPECIAIS querendo destacar o alto nivel acadado nesta edición:

    “Triunfo de la naturaleza” de Rafael Fernández Rodriguez – Málaga
    “Estrellas de mar” de Luis Botana Pérez – Ferrol
    “Paisaxe artificial” de Carlos Cruz Lopez - Ferrol


     

·Bases·

O concurso fotográfico é para afeccionados e profesionais e rexerase polas seguintes bases:
  • TEMA
    Estará relacionado coa Ecoloxía nos seus diferentes aspectos (fauna, flora, paisaxe, agresións...). Non se aceptarán a concurso fotografías de pitiños, niños, nin ningunha imaxe que poda implicar sufrimento ou dano dun ser vivo. No caso de imaxes en cativerio, será necesario mencionar dita circunstancia.

  • PARTICIPANTESEstará aberto a todas as persoas interesadas no tema, sexan afeccionadas ou profesionais da fotografía.

  • OBRASCada participante poderá enviar un máximo de TRES fotografías, en branco e negro ou cor, podendo acceder soamente a un dos premios.
    Non se admitirán fotografías publicadas ou premiadas noutros concursos. Tampouco se aceptarán colaxes, montaxes, fotografías pintadas nin manipuladas dixitalmente que alteren as imaxes máis alá do que se pode chegar a modificar mediante os procesos de fotografía tradicional.
    Os participantes responsabilizaranse así mesmo de que non existan dereitos sobre as imaxes de terceiras persoas, así como de calquera reclamación que poida xurdir sobre as mesmas no que se refire a dereitos de imaxe. Estes dereitos estenderanse a fotografías do autor que teñan unha grande similitude coas presentadas a concurso.

  • TAMAÑONingunha das fotografías presentadas poderá exceder no seu lado maior de 40 cm., nin este poderá ser inferior a 24 cm. As fotografías deberán presentarse montadas sobre unha cartolina con dous tamaños únicos de 30 x 40 ou 40 x 50 cm.

  • PLICASOs participantes indicarán o pseudónimo do autor e o título da fotografía no reverso da cartolina na que deberá montarse cada foto. No interior dun sobre pechado que leve o pseudónimo, figurarán os seus datos persoais: nome, apelidos, NIF, enderezo, teléfono, e-mail e pseudónimo utilizado.

  • ENVÍOS
    As fotografías enviaranse ao seguinte enderezo:
    Ateneo Ferrolán, Rúa Magdalena, 202-204, CP 15402, FERROL (A Coruña)
    A organización velará pola correcta conservación das obras presentadas. Aínda así, non se fai responsable de calquera desperfecto que de maneira involuntaria poidan padecer as fotografías.

  • PRAZOO prazo de admisión remata o .........

  • XURADOO xurado estará formado por TRES persoas cualificadas no campo da fotografía. A secretaría recaerá nun representante do Ateneo Ferrolán. A decisión do xurado será inapelable e darase a coñecer no acto de inauguración da Exposición, coincidindo coa celebración do DÍA MUNDIAL DE MEDIO AMBIENTE.

  • A organización terá o dereito de reprodución das fotografías premiadas, que poderán ser utilizadas libremente e sen compensación económica, con finalidades relacionadas co concurso de Fotografía de Natureza ou coas actividades do Ateneo Ferrolán que non conlevan ánimo de lucro. Para isto e para valorar a fidelidade das copias presentadas os gañadores deberán presentar os orixinais antes de percibir os respectivos premios. En caso de utilizar para a captación das fotografías medios dixitais remitirase o ficheiro en formato RAW e tamén o arquivo do que se obtivo a copia para realizar as comprobacións necesarias.

  • PREMIOS
    1º Premio: 900 €
    2º Premio: 300 €
    3º Premio: 150 €

    Se as obras presentadas non alcanzasen a calidade necesaria, a criterio do xurado e por unanimidade, os premios poderán ser declarados desertos. Se con posterioridade á concesión dos premios se tivese coñecemento de anomalía ou incumprimento das Bases, procederase á revogación do mesmo, recorrendo a calquera forma adecuada dentro do ordenamento xurídico.

  • ENTREGA DE PREMIOS
    Farase no acto de inauguración da Exposición.

  • EXPOSICIÓNSCoas fotografías seleccionadas farase unha primeira Exposición no Ateneo Ferrolán.
    A Organización, facendo uso dos seus dereitos, realizará unha Mostra Itinerante durante o resto do ano. Dentro da itinerancia contémplase a súa Mostra no Outono Fotográfico de Ourense. As fotografías seleccionadas para esta mostra quedarán a disposición do Ateneo Ferrolán ata fin de ano.

  • DEVOLUCIÓNS
    Devolveranse aquelas obras que veñan acompañadas dun sobre prefranqueado ou aquelas que sexan recollidas persoalmente no Ateneo Ferrolán, establecendo un prazo de 60 días a partir da clausura da Exposición. Transcorrido o mesmo entenderase que os autores renuncian a calquera dereito sobre as fotos presentadas.

  • OBSERVACIÓNS
    *A participación no Concurso implica a total aceptación destas bases.
    *Os casos non contemplados nestas BASES serán resoltos polo xurado.

  • AGRADECEMENTOS
    Á Casa da Xuventude de Ourense, por incluír as fotos seleccionadas na súa Mostra, no conxunto de exposicións que compoñen tan prestixioso evento no mundo da imaxe.


Cadernos do Ateneo

Unha ducia de ferroláns e ferrolterráns conforman o cadro de autores destas obras, cada un/unha experta/o no tema que presenta, sen pretender, naturalmente, dado o alcance de cada achega, esgota-la materia ou acadar unha profundidade que necesitaría outro espazo e outro tempo.

A recuperación histórica sempre resulta unha tarefa delicada, traballosa e ás veces descorazonadora. Dicir recuperación histórica suxírenos ruínas, espazos degradados, monumentos e restos materiais en xeral. Un pouco tamén documentos, episodios máis ou menos escuros, etc. O que intentamos recuperar e potenciar con esta publicación do Ateneo é todo iso e algo máis, tamén difícil, tanto de conquerir como de explicar, pero moi necesario. Hai un substrato inmaterial, espiritual, etéreo, presente en tódalas realizacións dun proceso histórico (e este da ilustración o é), que co paso do tempo pérdese, esváese, por mor dos avances en tódolos eidos da actividade humana, da evolución e interacción cultural, da superposición de novos procesos históricos, é dicir, da vida mesma. Pero esas esencias circunstanciais convén, de cada certo tempo, recuperalas, sacalas das sombras e voltalas estudar, analizar, poñer en valor e, a ser posible, reincorporar algo dos seus “efluvios”, das ideas mestras que deron impulso a aquelas épocas e que de seguro que poderían osixenalos tempos que estamos a vivir.

Podes consultar os cadernos en: https://archive.org/details/cadernos-do-ateneo-ferrolan


Esta é a lista dos cadernos publicados ata agora.

“BON NADAL” (ESGOTADO)

    Ano 1976

    Contén a Declaración Universal de Dereitos Humanos.

“BON NADAL” (ESGOTADO)

    Ano 1977

    Contén a intervención de Castelao nas Cortes de 1931 sobre a lingua galega.

“ATENEO” (ESGOTADO)

    Ano 1978.-Ano I- Núm 1

    Contén as actividades das diferentes vocalías.

“ALBERTO” (ESGOTADO)

    Ano 1979

    Monográfico sobre o escultor.

“ATENEO FERROLÁN” (ESGOTADO)

    Ano 1979 .- Ano I-Núm II e III

    Contén diferentes artigos.

“ATENEO FERROLÁN” (ESGOTADO)

    Ano 1980 .-Ano I-Núm 0

    Contén diferentes artigos.

“SEOANE - FARDEL DO EXILIADO” (ESGOTADO)

    Ano 1981.- Ano II-Núm I

“ATENEO - SUPLEMENTO CADERNO” (ESGOTADO)

    Ano 1982

    Contén diferentes artigos.

“CADERNOS ATENEO FERROLÁN” (ESGOTADO)

    Ano 1983.-Ano III-Núm II

Adicado a: Lorenzo Varela, Luís Seoane e Rafael Dieste.

“OS ATENEOS FERROLÁNS NA SÚA HISTORIA” (ESGOTADO)

    Autor: Guillermo Llorca

    Ano 1985.-Ano V-Núm III

“O ATENEO - RECUPERACIÓN DUN PATRIMONIO HISTORICO-ARTISTICO” (ESGOTADO)

    Autor: VV.AA.

Ano 1986.-Ano VI-Núm IV

“CATALOGACIÓN CASTREXA DA BISBARRA DE FERROL” (ESGOTADO)

    Autor: VV.AA.

    Ano 1987 .-Ano 7-Núm 5

“A IGREXA ROMÁNICA DE SAN MARTIÑO DE XUVIA”

    Autora: Mª José López Pérez

    Ano 1989 .- Ano 8 Núm 6

“SEGUNDO CENTENARIO DOS REAIS ESTABLECEMENTOS DE XUVIA”

    Autor: Justino Fernández

    Ano 1991 .- Ano 9-Núm 7

“FERROL: XEOGRAFÍA DUN ESPACIO URBANO” (ESGOTADO)

Autores: Rubén C. Lois González e Augusto Pérez Alberti (ed.)

    Ano 1992 .- Ano 10 –Núm 8

    “CONCEPCIÓN ARENAL”

    Autor: VV.AA.

    Ano 1993 .- Ano XI –Núm 9

“XENTES DE FERROLTERRA” (ESGOTADO)

    Autor: VV.AA.

    Ano 1994 .- Ano 12-Núm 10

“A XUVENTUDE FERROLÁ” (ESGOTADO)

    Autor: Xosé Leira López

    Ano 1995 .- Ano XIII –Núm 11

“MENTALIDADE E CULTURA EN FERROL DURANTE O SÉCULO XVIII”

    Autor: Fernando García

    Ano 1997 .- Ano 14-Núm 12

“BIOGRAFÍA DE XAIME QUINTANILLA MARTINEZ” (ESGOTADO)

    Autora: Blanca Quintanilla Rico

    Ano 1998 .- Ano 15 –Núm 13

“MEMORIA PARLAMENTARIA DE D. JOSÉ ALONSO LOPEZ”

    Autora: Rosa Mª Gabriela de Cal y Cortina

    Ano 1999 .- Ano XVI –Núm 14

“SOFIA CASANOVA” (ESGOTADO)

    Autora: Mª do Rosario Martínez Martínez

    Ano 2001 .- Ano XVII –Núm 15

“RÍA DE FERROL. A PERLA ÁRTABRA” (ESGOTADO)

    Autor: VV.AA.

    Ano 2002 .- Ano XVIII –Núm 16

“FERROL: CIDADE DA ILUSTRACIÓN”

    Autor: VV.AA.

    Ano 2003-2004 .- Ano XIX –Núm 17-18

 “A CONSTRUCCIÓN NAVAL NA RÍA DE FERROL” de VVAA. Ano 2008 .- Ano XX –Núm 19




Book page image     Book page image     Book page image    Book page image 
 
 
 Book page image    Book page image    Book page image   Book page image
 
 Book page image   Book page image   Book page image    Book page image
 
 
 Book page image    Book page image     Book page image    Book page image


Book page image     Book page image     Book page image    Book page image


Book page image













 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Related Posts with Thumbnails