Ateneo
Ferrolán
Cesión
de fondos de Jaime López Fernández á Hemeroteca do Ateneo Ferrolán
O
Ateneo Ferrolán está promovendo unha campaña de donación de
fondos bibliográficos e hemerográficos con destino á recuperación
da actividade da súa biblioteca e hemeroteca, no entanto o Concello
non asuma os gastos derivados da obra de rehabilitación que
promoveu, permitindo o retorno dos fondos propios do Ateneo.
Aos
chamamentos do Ateneo respondeu o bibliófilo e investigador Jaime
López Fernández cunha importantísima cesión de fondos
hemerográficos históricos e contemporáneos, entre os que están as
seguintes cabeceiras:
- "El Practicante Galaico" (publicación editada en Ferrol entre 1926 e 1930)
- "Diario de Ferrol" (de xuño 1999 a actualidade, de xuño 1999 a xaneiro 2005, encadernados)
- "La Voz de Galicia" (de 1999 a xuño 2003)
- "El Correo Gallego" (de 1946 a 1968, faltan anos 1950/1953 e 1954).
- "Galicia en el mundo" (de 1999 a 2001)
- "Nuevo Mundo" (1909)
- "El Mundo Ilustrado" (28 de xuño de 1908)
- "Por esos Mundos" (1905)
- "Revista de la Sanidad de la Armada" (marzo de 1928)
- "Galicia hoxe" (de maio 2003 a xaneiro 2005)
- "Vida Marítima" (de 1904 a 1925, faltan 1906, 1907 e 1919)
- "Diario Oficial de Marina" (de 1900 a 1985)
- "Revista General de Marina" (de 1895 a 1999)
- “La Ilustración Artística" (de 1884 a 1916, faltan 1889 a 1908, 1910, 1911, 1912 e 1914)
Esta
donación completouse cunha Enciclopedia Espasa de inicios do século
XX. Cumpre salientar ademáis que boa parte das publicacións
periódicas están encadernadas e, en xeral, en moi bó estado de
conservación.
A
incorporación destes fondos á Hemeroteca do Ateneo Ferrolán
permite volver a ofrecer un completo servizo de hemeroteca, coa
consulta en sala das edicións impresas destas publicacións e a
consulta en ordenador das coleccións propias do Ateneo Ferrolán,
dixitalizadas grazas a un convenio coa Fundación Barrie. Nun futuro
non moi lonxano, contamos con poñer en marcha unha hemeroteca
dixital na que se poidan consultar as coleccións dixitalizadas desde
calqueira lugar do mundo.
Para
a xunta directiva do Ateneo Ferrolán é unha enorme satisfacción
poder ofrecer ao público en xeral este servicio de hemeroteca, que
consideramos indispensable tanto para calquera traballo de
investigación histórica como para a consulta puntual de datos de
carácter histórico, xenealóxico ou para facer a crónica do noso
pasado máis recente.
Queremos
agracecer públicamente a Jaime López Fernández a donación destes
fondos ao Ateneo Ferrolán, por varios motivos: en primeiro lugar,
queremos salientar a importancia da súa preocupación por conservar,
tratar e organizar toda esta colección de fondos hemerográficos,
salvándoos do deterioro e a destrucción que afecta a boa parte do
noso patrimonio bibliográfico e hemerográfico; en segundo lugar,
pola súa xenerosidade ao poñelo á disposición do público en
xeral mediante a cesión ao Ateneo; e en terceiro lugar, por confiar
no Ateneo Ferrolán como lugar axeitado para a conservación e posta
en servicio destas importantísimas coleccións.
Por
todo elo imos facer patente o noso recoñecemento e agradecemento a
Jaime López Fernandez, coa celebración dun acto solemne de entrega
dos fondos hemerográficos, o vindeiro luns 16 de xuño de 2014, na
Biblioteca do Ateneo Ferrolán, ás 20:30 horas.
Non
queremos esquecer aos tres centenares de socias e socios do Ateneo
que coas suas cotas permiten a continuidade deste servicio para todo
o público, e que como colectividade está facendo un enorme esforzo
de realización de actividades neste ano 2014. Tamén desexamos
lembrar que a biblioteca do Ateneo Ferrolán está tamén en
funcionamento hai xa algún meses, grazas ás donacións que autores
e editores teñen feito nos últimos tempos, e moi especialmente,
pola xenerosidade dun grupo de traballadores do Banco Pastor, que
donaron a biblioteca que mantiñan na sede desta institución
financieira ao Ateneo Ferrolán.
Para
nós é unha grandísima alegría que o Ateneo Ferrolán continúe
mantendo a tradición de ser un espazo que sirva para concitar as
iniciativas xenerosas e altruistas, como a de Jaime López Fernández.
E pola nosa parte, agardamos volver a converter o Ateneo nun
referente nas tarefas de conservar, construir, lembrar, comunicar e
crear cultura en todas as súas formas de expresión.
A
xunta directiva do Ateneo Ferrolán
Ferrol,
12 de xuño de 2014
Campaña de APOIO e DEFENSA do Ateneo. Patrimonio da cidade
APOIA e DIFUNDE! https://www.facebook.com/pages/Salvemos-o-Ateneo/1430118530577463?ref=hl
http://salvemosoateneo.blogspot.com.es/p/o-ateneo.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario