Presentación do libro
"Perdemos o tren. As claves políticas do atraso"
o xoves 12 de xuño ás 19,30 horas no Ateneo Ferrolán.
Galiza perde o tren –teremos un tren de alta velocidade de conexión
coa Meseta case trinta anos despois de que o AVE chegase a Sevilla–
porque así o decidiron os sucesivos gobernos do estado e non pola
nosa climatoloxía, orografía, dispersión da poboación ou
dificultades técnicas. As liñas Ourense-Vigo e A Coruña-Ferrol
quedan para despois de 2021 e non temos tren de proximidade.
Non se pode entender este atraso sen analizar as súas raíces: a
decisión política que toma o Goberno de Felipe González en 1993
coa aprobación do PDI, que deixa Galiza fóra da alta velocidade e
as decisións que toma o Goberno de Aznar desde 1996 proxectando para
Galiza un tren de terceira categoría. Esa vontade política
reflíctese nos Orzamentos do Estado onde as partidas para o tren
galego son practicamente inexistentes até o ano 2002. Foron as
concorridas e exemplares mobilizacións cívicas que protagonizou a
sociedade galega despois da catástrofe do “Prestige” as que
cambiaron o rumbo e forzaron a aprobación do chamado Plan Galicia,
que cambiou radicalmente os proxectos ferroviarios.
O libro recolle a pouca credibilidade dalgúns gobernantes que
durante anos mantiveron o ano 2006 como referencia para a chegada da
alta velocidade, despois o 2010, despois 2012, despois 2015, e
despois...nin se sabe, enganando á cidadanía galega co único
obxectivo de conseguir máis votos.
Soportamos durante anos numerosas promesas e mentiras apoiadas en
campañas de propaganda pagadas pola Xunta e o goberno. Os acordos do
Parlamento de Galicia e do Congreso dos Deputados foron
sistematicamente incumpridos ou boicoteados. Hai que acabar con esta
farsa.
ÍNDICE
Limiar
1. O
TREN EN GALIZA
1.1. A
chegada da primeira locomotora
1.2.
Dos carrilanos aos traballadores portugueses
1.3.
Do Talgo ao tren que “voa”
1.4. O
tren como aposta de futuro
2. AS
RAÍCES DO ATRASO
2.1.
Plan Director de Infraestruturas (PDI) 1993-2007
2.2.
Plan de Infraestruturas 2000-2007
2.3.
Os Fondos Estruturais e de Cohesión da Comunidade Europea e as
Infraestruturas galegas
2.4.
PDR (1994-1999), PEDEGA e PDIG
2.5.
Convenios e máis convenios. A opinión de especialistas e técnicos
2.6.
Francisco Vázquez e a alta velocidade
2.7.
Debate sobre o Tren de Alta Velocidade en Galiza
2.7.1. Que entendemos por tren de alta velocidade?
2.7.2. A entrada en Galiza do TAV e o enfrontamento das “tribos”
galegas
2.7.3. Tráfico mixto ou só de pasaxeiros?
3. O
“PRESTIGE” E O CAMBIO DE RUMBO
3.1. O
Plan Galicia
3.2. E
chegou Magdalena Álvarez
3.3.
Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transporte (PEIT) 2005-2020
4. AS
LIÑAS FERROVIARIAS GALEGAS
4.1.
Eixo Atlántico: “Rapidiño Galego”
4.1.1. A Coruña-Ferrol
4.1.2. A Coruña-Santiago
4.1.3. Santiago-Vilagarcía
4.1.4. Vilagarcía-Pontevedra
4.1.5. Pontevedra-Vigo
4.1.6. A conexión con Portugal: Vigo-Porto
4.2. O
tren de alta velocidade (TAV) en Galiza
4.2.1. Lubián-Ourense. A chegada á cidade de Ourense
4.2.2. Ourense-Santiago.
4.2.3. Ourense-Vigo
4.2.4. A conexión con Madrid: Lubián-Olmedo
4.3. O
nó ferroviario de Monforte
4.3.1. O acceso León-Monforte
4.3.2. Ourense-Monforte
4.3.3. O porto seco de Monforte
5. O
AVE NO ESTADO ESPAÑOL
5.1.
Madrid-Sevilla
5.2.
Madrid-Barcelona
5.3.
Madrid-Valencia
5.4.
“Y” vasco
5.5.
Madrid-Xixón. A variante de Pajares
6. A
MOBILIZACIÓN CÍVICA
6.1. O
abandono do tren de proximidade
6.1.1. Compañía Ferroviaria Galega
6.1.2. Recorte de servizos e peche de estacións
6.2.
As plataformas galegas en defensa do ferrocarril
7.
QUEN DEFENDE A GALIZA?
7.1.
Debate sobre el estado de la nación
7.2.
Comparecencia da ministra Magdalena Álvarez na comisión de Fomento
do Congreso
7.3. A
subcomisión de seguimento das infraestruturas
8.
PARA CANDO A FINALIZACIÓN DAS OBRAS?
8.1. O
“horizonte” de Touriño e Zapatero
8.2.
Os Orzamentos Xerais do Estado e o peso político de Galiza
8.3. A
confirmación da farsa
8.4.
Despois do cambio na Xunta. O Pacto do Obradoiro
8.5. O
PP chega á Moncloa: o TAV para o 2018
9. O
ACCIDENTE DE ANGROIS: A ALTA VELOCIDADE NON FUNCIONA
9.1.
Por que se produce o accidente?
9.2.
Os dous últimos minutos da viaxe segundo a caixa negra
9.3.
Funcionou a coordinación?
9.4.
Comparecencias da ministra e dos responsábeis de RENFE e ADIF
9.5.
Medidas preventivas despois do accidente
9.6.
Opinións e valoracións
9.7.
Esixir responsabilidades. O informe do xefe de maquinistas de Ourense
10.
OPINIÓNS SOBRE O TREN DE ALTA VELOCIDADE
11.
ALGUNHAS CONCLUSIÓNS
12.
APÉNDICE
12.1.
Promesas e propaganda
12.2.
Accidentes, desprendementos, descarrilamentos...
12.3.
Protagonistas e frases para a lembranza
12.4.
Cronoloxía
12.5.
Titulares
12.6.
Siglas
12.7.
Índice onomástico
12.8.
Relación de artigos de opinión do autor sobre o tren e as
infraestruturas
Dados biográficos
Manuel Monge González (Valladolid, 1947) é mestre e sociólogo. Foi
concelleiro do BNG na Coruña de 2003 a 2007 e presidente da Comisión
pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Na actualidade é
secretario do club de opinión Foro Cívico.
En 1999 publica o libro Autovías galegas. Crónica dunha farsa;
en 2003 A Coruña de Paco Vázquez; en 2007 Outra Coruña é
posíbel; en 2010 A historia secuestrada polo franquismo e
en 2013 O “camarada Fraga” e as vítimas da represión
franquista.
Colaborador con artigos de opinión en diversos medios de
comunicación onde publicou máis de vinte traballos sobre as
infraestruturas galegas, un deles Perdemos o tren en 1999.
Ningún comentario:
Publicar un comentario