Presentación da edición
facsimil do “Conto galego” de Rosalía de Castro
no salón de actos do Ateneo Ferrolán
o mércores 11 de xuño de
2014 ás 19:30 horas
Participarán:
Xosé María Dobarro,
catedrático de língua e literatura galega
Xesús Torres Regueiro, da
Asociación Cultural Eira Vella de Betanzos, responsable da edición
Presenta:
Eliseo Fernández
(presidente do Ateneo Ferrolán)
O “Conto galego” de
Rosalía de Castro é un traballo singular entre as obras de Rosalía
de Castro. En primeiro lugar porque foi unha das poucas obras en
prosa editadas en língua galega por Rosalía.
Ademáis, durante moito
tempo a súa autoría estivo en dúbida e mesmo se chegou a pensar
que fora unha obra póstuma da poetisa de Padrón. A aparición dunha
edición orixinal do conto, editada en 1864 no xornal coruñés El
Avisador, desfixo as dúbidas sobre a época na que foi escrito, mais
as dúbidas continuaron canto á autoría pois esa primeira edición
orixinal só viña asinada coas iniciais R.C.
A aparición da segunda
edición do conto, que fora publicada como folletín no xornal El Eco
Ferrolano aclarou a súa autoría, pois viña asinado por Rosalía de
Castro. Estas dúas edicións foran publicadas baixo o título de
“Contos da miña terra”, o que puidera indicar que formaba parte
dunha serie de contos que, ou ben non se chegaron a publicar, ou ben
están hoxe desaparecidos.
A Asociación Cultural
Eira Vella de Betanzos ven de publicar unha edición facsimilar desta
obra de Rosalía publicada hai máis dun século por un xornal
ferrolán e do que até hai ben pouco non existía ningunha noticia.
Xesús Torres Regueiro
http://galegos.galiciadigital.Xosé María Dobarro
http://gl.wikipedia.org/wiki/
Ningún comentario:
Publicar un comentario