Foto de César Toimil
Presentación
Libro de Blanca Quintanilla "Beatriz y Leonardo"
Xoves
día 19 de xuño ás 20 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán
Libro
sobre Leonardo Da Vinci e a súa etapa como cociñeiro na corte do
señor de Milán: Ludovico Saforza. Escrito por Blanca Quintanilla
Leonardo
foi sobre todo un gran cociñeiro. Rexentou sen éxito un restaurante
en Florencia a medias co seu amigo Sandro Botichelli. Alí trataron
de facer "nouvelle cousine" e foilles hora. Pois nunha
época en que a xente comía pata de carneiro por persoa, sacar as
lindezas gastronómicas dun cogombro tallado e unha flor de cabaciña
r ebozada, non resultaba nada edificante.
Leonardo
inventou o pano da mesa, a máquina de facer espaguetis e o garfo de
tres ganchos, ademais de todos os outros inventos que IBM reproduciu
segundo os seus planos e que se encontran no pazo de Amboisse, onde
pasou os seus últimos días, servindo na corte do Rei Francisco I.
Alí está a bicicleta, o coche, o parapente, o tanque, o
paracaídas... etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario