A Biblioteca do Ateneo Ferrolán recibe por parte de Manuel Gil Cervera a doazón da biblioteca persoal do seu tío José Fontenla Ruza e dunha xoia bibliográfica do século XVI do taller do impresor renacentista Cristobal Plantino en Amberes.
Esta doazón vai ser presentada o xoves 23 de abril
no salón de actos do Ateneo, ás 18:30 horas.Presentación no salón de actos do Ateneo
O Ateneo Ferrolán ten os seus fondos bibliográficos e hemerográficos depositados nunha empresa de mudanzas dende o ano 2010, a consecuencia das obras no edificio municipal no que ten a súa sede e da posterior negativa do Concello de Ferrol de pagar os gastos derivados do almacenamento. Como consecuencia da imposibilidade de acceder aos fondos patrimoniais do Ateneo, a entidade ven realizando unha tarefa de recollida de fondos bibliográficos e hemerográficos entre os seus socios en réxime de cesión, para manter os servizos de biblioteca e hemeroteca que tradicionalmente viña prestando.
Na vontade de traballar culturalmente pola recuperación da cidade de Ferrol, tentamos fomentar o espírito xeneroso e colectivo dos homes e mulleres desta terra e a resposta ten sido enormemente positiva: Jaime López Fernández cedeunos unha completísima hemeroteca con algunhas publicacións de interese local, mentres José María López Dafonte depositou no Ateneo unha parte importante do seu arquivo familiar, que documenta boa parte da historia da educación nesta cidade a través da Escola de Artes e Oficios, da Escola Obreira dos estaleiros e da Academia Dafonte. Nos últimos tempos, a familia de José Fontenla Ruza depositou no Ateneo un pequeno fondo bibliográfico que agachaba unha xoia bibliográfica
A obra
Icones veterum aliquot, ac recentium medicorum, philosophorum que, elogiolis suis editae, opera I. Sambuci (Antuerpiae: Ex Officina Cristophori Plantini, 1574) = Varios iconos de vellos e recentes médicos e filósofos, cun eloxio editorial, obra de I. Sambuci (Amberes: Oficina de Cristophori Plantini, 1574)
Deste libro coñecense exemplares, na Biblioteca Nacional de España e na Universidade Complutense, na Biblioteca Nacional de Austria, Biblioteca Real de Bélxica, Biblioteca Nacional de Francia, e agora tamén, grazas á familia de José Fontenla Ruza na Biblioteca do Ateneo Ferrolán. Deste libro fixeronse novas edicións no século XVII e varias reproduccións facsímiles no século XX.
Gravados do libro:
1. Hygia
2. Apolo
3. Quirón
4. Esculapio
5. Macaonte
6. Homero
7. Pitágoras
8. Tales de Mileto
9. Hipócrates
10. Sócrates
11. Areteo de capadocia
12. Platón
13. Aristóteles
14. Teofrasto
15. Nicandro
16. Cratevas (Rizotomo)
17. Niger, Sextius N.
18. Celso, Aulo Cornelio
19. Galeno
20. Dioscórides
21. Xenócrates de Calcedonia
22. Plinio Segundo, Cayo
23. Paulus Aegineta
24. Rufo de Efeso
25. Apollonius
26. Tarent, Heraclius
27. Pamhilus de Amore
28. Montano, Juan Bautista
29. Fernel, Juan
30. Trincavelli, Víctor
31. Dubois, Jacques
32. Vesalius, Andreas
33. Gesnerus
34. Guenther, Johann, von Andernach
35. Brassavola, Antonio
36. Giovio, Paolo
37. Fuxius
38. Agricola, Georg
39. Cornarius
40. Mattioli, Pietro Andrea
41. Salviani, Ippolito
42. Rondelet, Guillaume
43. Alexandrinus, Julius
44. Cratón, Juan
45. Biesius, Nicolás
46. Altomarus
47. Massa, Nicolás
48. Hadr. Iunius
49. Argenterio, Giovanni
50. Cuspianus, Johannes
51. V. Cordus
52. Becan, Juan
53. Cardano, Jerónimo
54. Scaligero, Giulio Cesare
55. Vettori, Benedetto
56. Crasso, Julio Pablo
57. Montagnana
58. Savonarola, Johannes Michael
59. Lazius, Wolfang
60. Curtius
61. Bock, Jerónimo
62. Paracelsus
63. Séneca
64. Strabo
65. Crescenzi, Pietro de
66. Ficino, Marsilio
67. Sambucus, Johannes
O autor
János Zsámboky ou János Zsámboki ou János Sámboki, (nome humanista: Johannes Sambucus, ou Johannes Pannonicus Sambucus; 1 de xuño de 1531 – 13 de xuño de 1584) foi un erudito humanista húngaro: médico, filólogo e historiador. Zsámboky naceu en Trnava (en tempos históricos denominada Tyrnavia, Tyrnau, Nagyszombat). Foi o autor dos máis renombrados libros húngaros. Tamén escribiu os Icones Veterum alícuota ac recentium Medicorum Philosophorum Que en 1574, publicado en Antwerpen. Murió, de 53 años de edad, en Viena.
O impresor
Christoffel Plantijn, chamado Christophorus Plantinus en latín y Cristóbal Plantino en castelán (Saint Avertin, c. 1520 - Amberes, 1589) foi un editor, impresor e libreiro flamenco (aínda que Saint Avertin está na actual Francia e Amberes no antigo Marquesado de Amberes). A súa formación como encadernador recibiuna en París. Fíxose célebre por obter de Felipe II os dereitos de impresión en exclusiva dos textos relixiosos, feito que fixo florecer a súa imprenta. Encargouse con Arias Montano da impresión da Biblia Políglota Rexia e foi nombrado por elo architipógrafo regio por Felipe II. Foi membro da Familia Caritatis. A súa imprenta en Amberes, denominada Officina Plantiniana, conservase convertida en Museo Plantin-Moretus, polo seu xenro e heredeiro, Jan Moretus. Foi denominado como “O impresor do humanismo”.
O ilustrador
As ilustracións están atribuidas a Pedro Van der Borcht “O Vello”. Pieter van der Borght ou Peter van der Borght (c. 1540 -1608) foi un pintor flamenco do renacemento, debuxante e gravurista. Está considerado un dos pintores botánicos máis destacados do Século XVI. Non se sabe moito sobre a súa vida. Naceu en Mechelen. Hai indicios de que Pieter van der Borcht probablemente era o fillo de Jacques van der Borcht. Jacques van der Borcht era un artista que foi considerado en 1562 como o decano da Guilda de San Lucas en Mechelen. Está constatado que Pieter van der Borcht traballaba desde Mechelen para a imprenta de Christopher Plantin en Amberes. Van der Borcht fixo gravados para moitas publicacións científicas de Plantin, como as obras de Rembert Dodoens, Carolus Clusius e Matthias de l'Obel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario