Proxección: "La revolta permanente". Xoves 3 de marzo ás 20 h.


Proxección da película: “Llach: La revolta permanent"
Xoves día 3 de marzo ás 20 h.. Entrada libre.
Sobre os sucesos do 3 de marzo de 1976 en Vitoria,

Un exercicio dobremente nobre o de absorber musicalmente a dor das vítimas do terror e o de cantarlles publicamente o seu apoio entón e agora. (...)

O 3 de marzo de 1976 en Vitoria, no transcurso dunha asemblea de traballadores, a actuación da Policía causou cinco mortos e máis de cen feridos de bala. Esa mesma noite, levado pola rabia, Llach compuxo a que sería unha das cancións máis emblemáticas da Transición: Campanades a morts. Lluís Llach volve a Vitoria para interpretala nun concerto multitudinario en recordo ás vítimas do 3 de marzo. Unha viaxe no espazo e no tempo conducido pola música e as palabras do propio Llach, no que se mesturan recordos autobiográficos con imaxes e testemuños dos protagonistas deses feitos. Esta é a historia dunha canción, o retrato da persoa que a escribiu e a crónica dos feitos que a inspiraron. Un berro e unha esixencia de revolta permanente contra o esquecemento.

Título orixinal: “Llach: La revolta permanent “
Ano 2006 Duración 90 min. País España
Director Lluís Danés
Guión Lluís Arcarazo, Lila Pla
Música Lluís Llach
Fotografía Emili Guirao 

Documental e Debate: "Crímenes del Tarajal". Venres día 26 ás 19,30 h.


Proxección documental "Las muertes de Ceuta" e Mesa Redonda

venres día 26 de febreiro ás 19,30 h. no Ateneo
Organiza: Coordinadora de Ferrolterra do Foro Galego de Inmigración

A Coordinadora de Ferrolterra do Foro Galego de Inmigración convídate a participar neste acto de conmemoración do segundo aniversario dos crimes do Tarajal, que se cumpliu o pasado 6 de Febreiro. 

Para quen non o lembre, as fontes oficiais contabilizaban 16 mortes por afogamento, tras o despregue dun dispositivo da Garda Civil que recibiu ós inmigrantes que tentaban alcanzar a praia con material antidisturbios. Mortes das que todavía a día de hoxe segue sen haber responsables.
 
Neste acto proxectaremos o documental "Las muertes de Ceuta", que analiza polo miudo os sucesos, e a continuación abriremos un debate sobre o mesmo.
Contaremos coa destacada presenza de Xabier Ron, de EU, parlamentario de AGE no parlamento galego, e activista e colaborador habitual do Foro Galego de Inmigración.
Tamén teremos a sorte de contar con Estrela Gómez, de AGAMME (Asociación Galega contra o Maltrato ó Menor), que ademáis falará sobre a situación dos menores refuxiados que fuxiron da guerra en oriente próximo

Proxección documental "Outras voces" e Mesa Redonda. Mércores día 24 ás 18 h.

 
Proxección documental "Outras voces" e Mesa Redonda 
mércores día 24 de febreiro ás 18 h. no salón de actos do Ateneo
 
Organiza: Escuela Lacaniana de Psicoanálisis de A Coruña

Desde a Escola facemos durante todo o curso actividades internas e externas, pero normalmente son todas na cidade da Coruña.

Fai uns tres anos, un psicanalista de Barcelona (Iván Ruíz) fixo un documental denominado "Otras Voces" no que aborda o tema do autismos desde a perspectiva psicoanalítica.
É un documental moi interesante desde un punto de vista cinematográfico como da intervención con persoas con autismo

Proxección e redonda sobre o tema na que participarían algunhas das psicanalistas da Escola de Coruña.

Curtametraxe "Un trago en Barriga Verde". Venres día 19 ás 20 h.



Estreno Curtametraxe "Un trago en Barriga Verde"

O venres día 19 de febreiro ás 20 h.

Título: Un trago en Barriga Verde
Ano: 2015 (19-Decembro)
Xénero: Curtametraxe de ficción Duración: 16 min 08 s
Idioma: Castelán País: España
Dirección: Manuel G. Bonome
Reparto: Iván Castro, Iría Picallo, José Miguel M. Sarachaga, Orlando Villasenín, Paco Travieso, José Teijeiro
Guión: Manuel G. Bonome y Francisco Torregrosa
Fotografía: Antonio González
Producción: SONIMA

Sinopse: No interior dunha cafetería atópanse a media mañá unicamente dous clientes que intercambian comentarios intranscendentes co camareiro mentres un fontaneiro está a realizar unha reparación nos baños. Cando o fontaneiro sae un momento para buscar algo á súa furgoneta, entran un mozo e unha moza que piden senllas consumicións iniciando unha charla entre eles. De súpeto soa a entrada dunha mensaxe no móbil do mozo e ponse a escribir mentres, sen fixarse, colle unha botella que está á beira da súa consumición e dálle un par de grolos. O camareiro achégase e comproba con estupor que o que inxeriu é un ácido que deixara aí o fontaneiro. O mozo comeza a poñerse mal e os presentes comezan a achegar diferentes solucións mentres chega a ambulancia.

Presentación libro "O reloxo". Xoves 18 de febreiro ás 18 h.



Presentación libro "O reloxo" 
escrito por Juana M Vera Meizoso e ilustrado por Eneko las Heras (Eneko)

O xoves día 18 de febreiro ás 18 h. no salón de actos do Ateneo


"O reloxo" é unha historia de luces e sombras, sumas e restas, das que nacen as horas, os números, o tempo e os soños. O seu protagonista está caracterizado pola súa constancia, o seu valor e o seu soño.

Historia na liña de Alicia no País das Marabillas ou de O Principiño, "O reloxo" conmove e foi escrito para persoas entre cinco e 105 anos.

Finalista do Premio Europeo de Literatura Infantil e Xuvenil Ilustrada, Apel-Lles Mestres, na súa versión en cor.

Foi exposto, no ano 2014, tamén na súa versión en cor, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e no Centro Torrente Ballester de Ferrol, no ano 2013.

Na súa versión en branco e negro, tamén ilustrada por Eneko Las Heras, "O reloxo", foi exposto no Museo de Instrumentos de Música de Berlín, no marco do Primeiro Congreso Internacional de Música, Matemáticas e Computación.

A autora, Juana M Vera Meizoso, tamén foi Finalista do Premio Nacional de Poesía Adonáis, 1995, co manuscrito Líneas. Publicou a obra Fantasía, Orach, 2009 e A nena dos toxos e o Deus do Barco no número 203 de la Revista Grial.

O ilustrador, Eneko Las Heras, quen asina as súas ilustracións como Eneko, traballa para o diario 20 minutos de Madrid, para revista El Jueves e para a revista Interview. Eneko Las Heras ten unha sólida traxectoria nacional e internacional como ilustrador, e tamén como pintor.

Taller de autoestima: "Enamórate de ti" de Sabela Naranjo. Xoves día 11 ás 18 h.

 
 
 
Taller de autoestima: "Enamórate de ti" de Sabela Naranjo

Xoves día 11 de febreiro de 18 h. a 20,30 h.
 
Prezos 20 euros soci@s e 25 euros non soci@s. 

"A vida é o que facemos dela" 
 
O Ateneo Ferrolán propón un taller de autoestima para este xoves día 11 de febreiro da man de Sabela Naranjo.
Unha viaxe a través do coaching e a intelixencia emocional ata ese mundo interior que poucas veces visitamos por inseguridade, preguiza ou medo.

Taller de Fotografía Nocturna "Astrofotografía de paisaxe". 20 e 21 de febreiro.



Taller de Fotografía Nocturna "Astrofotografía de paisaxe"

Os días 20 e 21 de febreiro de 2016 no Ateneo Ferrolán

Aprazamos o curso debido ás condicións meteoroloxicas e será a fin de semana días 20 e 21 de febreiro.


Organiza: www.enfoquenocturno.es

Programa:

Sábado 20 de febreiro Teoría día 1 de 16:00h a 21:00h

1. Astrofotografía de Paisaxe e tipos de fotografía nocturna ou con pouca luz
2. Exemplos Visuais
3. Material técnico
4. Material non técnico
5.Ferramentas de planificación
6. Técnica fotográfica

------------------------

Sábado 20 de febreiro Práctica de 21:00h a 03:00h

1. Orientación e localización de elementos estelares
2. Enfoque
3. Trazas e Circumpolar
5. Iluminación de contorna

------------------------

Domingo 21 de febreiro Teoría día 2 de 12:00h a 14:00h

1. Revisión de imaxes da saída practica
2. Edición e revelado
3. Apilado de circumpolar

------------------------


Exposición "Retratos" de Carmen Martín. Do 5 ao 29 de febreiro.



Exposición "Retratos" de Carmen Martín
Ojos que ven, corazón que siente

Do 5 ao 29 de febreiro 
Salas de Exposicións do Ateneo Ferrolán

Inauguración: venres día 5 de febreiro ás 20 h.
#Entradalibre

Info da autora: http://casaldearte.com/carmen-martin/

Related Posts with Thumbnails