Proxección documental "Las muertes de Ceuta" e Mesa Redonda
venres día 26 de febreiro ás 19,30 h. no Ateneo
Organiza: Coordinadora de Ferrolterra do Foro Galego de Inmigración
A
Coordinadora de Ferrolterra do Foro Galego de Inmigración convídate a
participar neste acto de conmemoración do segundo aniversario dos crimes
do Tarajal, que se cumpliu o pasado 6 de Febreiro.
Para quen non o
lembre, as fontes oficiais contabilizaban 16 mortes por afogamento, tras
o despregue dun dispositivo da Garda Civil que recibiu ós inmigrantes
que tentaban alcanzar a praia con material antidisturbios. Mortes das
que todavía a día de hoxe segue sen haber responsables.
Neste acto
proxectaremos o documental "Las muertes de Ceuta", que analiza polo
miudo os sucesos, e a continuación abriremos un debate sobre o mesmo.
Contaremos coa destacada presenza de Xabier Ron, de EU, parlamentario de AGE no parlamento galego, e activista e colaborador habitual do Foro Galego de Inmigración.
Tamén teremos a sorte de contar con Estrela Gómez, de AGAMME (Asociación Galega contra o Maltrato ó Menor), que ademáis falará sobre a situación dos menores refuxiados que fuxiron da guerra en oriente próximo

Ningún comentario:
Publicar un comentario