Buscar neste blog

26 febreiro 2016

Proxección: "La revolta permanente". Xoves 3 de marzo ás 20 h.


Proxección da película: “Llach: La revolta permanent"
Xoves día 3 de marzo ás 20 h.. Entrada libre.
Sobre os sucesos do 3 de marzo de 1976 en Vitoria,

Un exercicio dobremente nobre o de absorber musicalmente a dor das vítimas do terror e o de cantarlles publicamente o seu apoio entón e agora. (...)

O 3 de marzo de 1976 en Vitoria, no transcurso dunha asemblea de traballadores, a actuación da Policía causou cinco mortos e máis de cen feridos de bala. Esa mesma noite, levado pola rabia, Llach compuxo a que sería unha das cancións máis emblemáticas da Transición: Campanades a morts. Lluís Llach volve a Vitoria para interpretala nun concerto multitudinario en recordo ás vítimas do 3 de marzo. Unha viaxe no espazo e no tempo conducido pola música e as palabras do propio Llach, no que se mesturan recordos autobiográficos con imaxes e testemuños dos protagonistas deses feitos. Esta é a historia dunha canción, o retrato da persoa que a escribiu e a crónica dos feitos que a inspiraron. Un berro e unha esixencia de revolta permanente contra o esquecemento.

Título orixinal: “Llach: La revolta permanent “
Ano 2006 Duración 90 min. País España
Director Lluís Danés
Guión Lluís Arcarazo, Lila Pla
Música Lluís Llach
Fotografía Emili Guirao 

Ningún comentario: