Buscar neste blog

12 febreiro 2016

Curtametraxe "Un trago en Barriga Verde". Venres día 19 ás 20 h.



Estreno Curtametraxe "Un trago en Barriga Verde"

O venres día 19 de febreiro ás 20 h.

Título: Un trago en Barriga Verde
Ano: 2015 (19-Decembro)
Xénero: Curtametraxe de ficción Duración: 16 min 08 s
Idioma: Castelán País: España
Dirección: Manuel G. Bonome
Reparto: Iván Castro, Iría Picallo, José Miguel M. Sarachaga, Orlando Villasenín, Paco Travieso, José Teijeiro
Guión: Manuel G. Bonome y Francisco Torregrosa
Fotografía: Antonio González
Producción: SONIMA

Sinopse: No interior dunha cafetería atópanse a media mañá unicamente dous clientes que intercambian comentarios intranscendentes co camareiro mentres un fontaneiro está a realizar unha reparación nos baños. Cando o fontaneiro sae un momento para buscar algo á súa furgoneta, entran un mozo e unha moza que piden senllas consumicións iniciando unha charla entre eles. De súpeto soa a entrada dunha mensaxe no móbil do mozo e ponse a escribir mentres, sen fixarse, colle unha botella que está á beira da súa consumición e dálle un par de grolos. O camareiro achégase e comproba con estupor que o que inxeriu é un ácido que deixara aí o fontaneiro. O mozo comeza a poñerse mal e os presentes comezan a achegar diferentes solucións mentres chega a ambulancia.

Ningún comentario: