Charla "Acampa pola paz e o dereito a refuxio". Mércores día 5 ás 19,30 h.


Charla "Acampa pola paz e o dereito a refuxio" 
o mércores día 5 de abril ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán.

Acampa, asociación sociocultural sen fins de lucro, desde a que estamos a organizar un evento internacional de información e sensibilización sobre a crise humanitaria das persoas refuxiadas.

O evento, denominado Acampa pola paz e o dereito a refuxio, é unha iniciativa cidadá cuxo acto central terá lugar entre os días 15 e 18 de xuño de 2017 na Coruña.

Trátase dun simbólico campo de persoas refuxiadas no centro da cidade, que se porá en marcha coa participación de gran parte do tecido social, tanto persoas a título individual como organizacións e asociacións de todo tipo. Neste campamento desenvolveremos decenas de actividades encamiñadas a crear unha rede de participación e resposta, co obxectivo de contrastarmos a información e promovermos a implicación cidadá en todos os ámbitos. Previamente, ao longo de todo este ano, levaremos a cabo unha acción continuada de sensibilización sobre os dereitos humanos, co fin de analizar as causas e consecuencias das crisis humanitarias.

https://www.acampa.eu/gl/

Contacontos "Palabra de sombreiro". Venres día 31 ás 18,30 h.



Contacontos "Palabra de sombreiro" de MAQUINARIAS TEATRO 
venres día 31 de marzo ás 18,30 h. 

O Ateneo Ferrolán con motivo da celebración do "Día do Libro Infantil 2017" organizamos un Contacontos de MAQUINARIAS TEATRO para o venres día 31 de marzo ás 18,30 h. 

Entrada de balde.

Palabra de sombreiro

PÚBLICO

Nenos e nenas (5 a 10 anos preferentemente)

DURACIÓN 

45 minutos. 1 sesión

SINOPSE

O chapeu da contista escapou xogando co vento, así que esta pídelles aos nenos e nenas que a axuden a atopalo seguindo as pegadas que foi deixando ao seu paso… Unhas pegadas un tanto especiais que farán que os nenos xoguen, adiviñen, canten e rimen… Palabra de chapeu!

INTÉRPRETE:
Helga Méndez




Lectura dramática "Tres sombreros de copa". Venres día 31 ás 19,30 h.


Lectura dramática a cargo da Compañía Teatral "Ferroluna" do texto 
"Tres sombreros de copa" de Don Miguel Mihura coa adaptación do texto de Tino Martín

Venres día 31 de marzo ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo




Enlace ás fotos:
https://www.facebook.com/pg/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/photos/?tab=album&album_id=1831990753723570

IV Mostra de DOCUMENTAIS EN GALEGO. 23 de marzo ás 19 h.


Unha vez máis, o ATENEO FERROLÁN na súa aposta polo audiovisual organiza a IV MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGOMostra que naceu no 2011 como plataforma para impulsar e difundir os documentais en galego. 

Neste ano os documentais seleccionados son os seguintes:
  • 15 anos da Fundaçom Artábria. O documentário. [37']
Gravado no ano 2014 e editado no 2016.  Este documental é un proxecto colectivo e amósanos a historia da Fundaçom Artábria durante os seus primeiros quince anos de vida.
  • O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao. [28']
Gravado no ano 2016 e dirixido por David Vázquez. O documental lévanos ao Entroido Ribeirao, unha festa ancestral que se celebra na parroquia de Santiago de Arriba en Chantada (Lugo). O documental trata da súa resistencia no tempo, xa que primeiro tivo que loitar contra a opresión da ditadura e a igrexa e na actualidade contra o despoboamento que sofre o rural no interior de Galicia. Antes celebrábase en moitas parroquias das ribeiras chantadinas pero na actualidade só resiste no Moredo.
  • Rádio Filispim. 10 anos de rádio libre e comunitaria. [34']
Gravado no ano 2016 baixo a dirección de Óscar Quant e coa colaboración de Xende López na producción e de Juanpa Ameneiros na gravación e na edición. O documental recolle os dez primeiros anos de historia da Rádio Filispim, a Radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite no 93.9 da FM.

Esta IV MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO DO ATENEO FERROLÁN decorrerá o vindeiro xoves 23 de marzo de 2017 ás 19 horas no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán e a entrada será de balde.

Presentación libro "Breve historia da Coluna Sanfins". Mércores 22 de marzo ás 19,30 h.


Presentación libro "Breve historia da Coluna Sanfins" 
a cargo de Lorena Cuevas e Eliseo Fernández

Mércores día 22 de marzo ás 19,30 h. no Ateneo
Entrada libre

O Grupo de Memoria Histórica da CNT Galiza vén de publicar un libro que trata da mobilización obreira en defensa da liberdade tras o golpe fascista de 1936 iniciada polos mineiros de Lousame na chamada Coluna Sanfins.

Esta homenaxe a unha historia esquecida foi realizada coa colaboración da Sociedade Histórica e Cultural "Coluna Sanfins" e conta con 120 páxinas sob licenza Creative Commons que narran a historia da Coluna Sanfins, as suas orixes, o contexto histórico e a importancia da minería, a represión e resistencia e os vestixios da memoria obreira.

Lorena Cuevas e Eliseo Fernández, autora e autor dos textos e membros do Grupo de Memoria Histórica da CNT, presentan este traballo, o primeiro dunha colección que pretende tirar do esquecemento moitas das historias de combate, morte e represión que aínda continúan silenciadas.

A Coluna Sanfins

En xullo de 1936, un numeroso grupo de traballadores e traballadoras das minas de Sanfins, situadas na freguesía de Vila Cova, en Lousame, foron protagonistas da resistencia ao golpe militar fascista na provincia da Coruña. Desde as minas do val de Sanfins trasladáronse a Noia, despois a Compostela, máis tarde a Ordes e finalmente á Coruña, tentando facer fronte aos militares golpistas. En combate con tropas regulares con armamento e preparación militar, os sindicalistas da CNT de Sanfins só contaban coa dinamita que usaban no seu traballo de mineiros e, malia todo, foron quen de manter os militares acuartelados en Compostela ao seu paso pola cidade e manter a resistencia por varios días e recuperar parte da cidade da Coruña nos combates polas rúas. Unha vez derrotados, unha boa parte deles aínda formou parte das iniciativas de resistencia aos militares alzados, tanto nas tropas milicianas (é o caso do célebre "Batallón Galicia") como máis tarde nas organizacións clandestinas e na guerrilla antifranquista.

A resultas do seu combate, moitas das integrantes da Coluna Sanfins e do movemento libertario de Lousame e da súa comarca foron asasinados, padeceron o cárcere, a represión e a persecución, mais parécenos moi importante esquecer en certa medida o seu carácter de vítimas para chamar a atención sobre o seu elevado exemplo de rebeldía e reivindicación.

Non desexamos lembrarnos do pasado para doernos dos padecementos das persoas que sufriron a represión franquista, senón para remarcar os ideais e os combates que fixeron deles homes e mulleres perseguidas. Para erguer tamén a súa memoria como exemplo das posibilidades do traballo mancomunado de homes e mulleres a prol dunha nova organización social, sen amos nin escravos, sen pastores nin rabaños.

A memoria da Coluna Sanfins é tamén a memoria das xentes de Lousame, Noia, Compostela, Ordes, Coruña e de toda a Galiza, que participaron na resistencia ao golpe militar: mineiros da Pontenova e Viveiro, carrilanos de Verín e A Gudiña, traballadores pesqueiros de todo o litoral, o operariado organizado de Ferrol, Vigo, Lugo, Monforte, Vilagarcía ou Tui, e as labregas e labregos rebeldes de todo o país. Vaia este texto como unha primeira pedra no esforzo por recuperar a súa historia e a súa memoria, como base para o traballo de reedificar unha cultura reivindicativa e libertaria na nosa terra.

Exposición Centenario de Hildegart Rodríguez Carballeira (1914-2014). Do 8 de marzo ao 30 de abril


Exposición Centenario de Hildegart Rodríguez Carballeira (1914-2014)

Do 8 de marzo ao 30 de abril no Ateneo

Hildegart Rodríguez Carballeira (Madrid, 09/12/1914 - 09/06/1933) foi unha das mulleres máis relevantes da nosa historia contemporánea. Nos seus escasos 18 anos e medio de vida, publicou quince libros e folletos, colaborou con numerosos xornais e tivo unha grande actividade política, tanto nas Juventudes Socialistas como no Partido Republicano Federal. Militou ademais en organizacións feministas e participou na creación da Liga para a Reforma Sexual. Foi pola súa coñecida traxectoria e polo prometedor futuro que se agardaba para ela que o asasinato a mans da súa nai, a ferrolá Aurora Rodríguez, en 1933, ficou gravado no imaxinario colectivo e foi inspiración para decenas de novelas, obras de teatro e filmes.

Esta exposición quere percorrer a vida de Hildegart, situándoa no contexto social e político no que viviu. Cada panel avanza no seu roteiro vital e nos temas sociais polo que se preocupou, e recolle ademais unha das obras publicadas por Hildegart, ao carón dalgunha outra obra escrita sobre Hildegart e Aurora. Dese xeito tentamos achegarnos por un lado a historia e por outro lado a memoria desta singularísima muller.

Presentación Revista "Ferrol Análisis nº 30". Mércores día 15 de marzo ás 19,30 h.


Presentación Revista "Ferrol Análisis nº 30"
mércores día 15 de marzo ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán.

Intervirán:

- Xulia Díaz Sixto - Presidenta do Club de Prensa
- José Picado Carballeira - Director Ferrol Análisis
- Margarita Sánchez - Historiadora


Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria. Mércores día 29 de marzo.


Ferrol 13 de marzo de 2017


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


Benquerido socio e socia:
Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará no Salón de Actos do Ateneo, o mércores día 29 de marzo de 2017 ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas en segunda, co seguinte


ORDE DO DÍA


1.- Lectura e aprobación do Acta anterior
2.- Informe Xestión
3.- Informe Económico (Peche anual 2016)
4.- Novas sobre o patrimonio (Mudanzas Felix)
5.- Renovación ou revogación da Xunta Xestora.
6.- Rogos e preguntas


Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo,




A Xunta Xestora do Ateneo Ferrolán

Presentación libro: O monte Campelo e Punta Frouxeira. Xoves 9 ás 19,30 h.

 O xoves día 9 de marzo ás 19:30 o Club de Prensa presenta no salón de actos do Ateneo o libro de Manuel González Guitiérrez O monte Campelo e Punta Frouxeira-Importancia militar e aproveitamento mineiro.

Entrada libre.
Pouca xente sabe da importancia estratéxica do lugar, e que había minas de arsénico. 


Breve Memoria Actividades no 2016







Memoria de Actividades 2016

Ateneo Ferrolán


- Horarios de atención ao público do Ateneo Ferrolán

OFICINA:
De Luns a Venres de 11 a 13,30 e de 17 a 21 h.

BIBLIOTECA-HEMEROTECA
De martes a Venres de 17 a 21 h.
Sábados de 10,30 a 13,30 h.


AUDIOVISUAIS

- Martes de Cine – Ciclos Todo o ano.
- Presentacion Curtametraxe “Barriga Verde” - 19 de febreiro
- Proxeccion Documental “Outras Voces” - 24 de febreiro
- Proxeccion Documental “Lluis Llach” - 3 de marzo
- Proxeccion Documental “O piloto” de Xose Reigosa – 4 de marzo
- Proxeccion Documental “El ultimo rally” sobre o piloto galego Carlos Piñeiro – 8 de abril
- Proxecto LOBO – 17 de xuño
- Presentación Documental “100 años de Escuela Obrera en Ferrol” - 20 outubro
- Presentación Documental “Porta para o exterior” - 28 de outubro
- Ciclo “Cinema e Sociedade”. Asoc. CONXEITO – outubro-novembro
- Presentacion Documental “10 anos de Radio Filispim en Ferrolterra” - 11 novembro
- XVI MOSTRA DE CURTAMETRAXES. 19, 20 e 21 de decembro



ASEMBLEAS / REUNIÓNS COLECTIVOS

- Memoria Histórica Democrática
- Plataforma polo Dereito ao Aborto Libre e Gratuíto
- Marea Ártabra
- ANOVA
- Marchas da Dignidade
- Ferrol en Común
- ACOF
- Mercado de “A Magdalena”
- PSOE
- Marcha Mundial das Mulleres
- Fuco Buxán
- PODEMOS
- Asociación Cultural Personal Civil Administración.
- Club de Prensa
- Grupo Poesía/Teatro
- Foro Galego Emigracion
- Colectivo FERROLUNA
- Pobreza Enerxetica
- Cooperativa ARMERIA
- AGAMME
- A Escola da Vaca


BIBLIOTECA / HEMEROTECA

Dende o ano 1989 está considerada “BIBLIOTECA DE TITULARIDADE PRIVADA DE ESPECIAL INTERESE PARA GALICIA”. E dende o ano 1996 (Orde do 21.10.1996) está “INTEGRADA NA REDE DE BIBLIOTECAS DE GALICIA”.

O Ateneo Ferrolán mantén aberta libre e gratuítamente a súa Biblioteca-Hemeroteca, sendo a ÚNICA HEMEROTECA de Ferrol e Comarca. Facilita aos seus usuarios coñecementos e información mediante unha colección organizada de documentos, así como a través dos novos sistemas de información e tecnoloxías, que garante o acceso libre e directo ao coñecemento, á información, ao ocio e á cultura.

Os FONDOS increméntanse, como non podía ser doutra maneira, mes a mes, o que supón un esforzo económico e persoal para a conservación e difusión de dito patrimonio.

- Feiron do Libro Usado
- III Xornadas Documentacion Ateneo Ferrolán. Decembro 2016
- Exposición Bibliográfica “Reciclando Cultura” - Setembro



CHARLAS / CONFERENCIAS / DEBATES

- Arte Made in Ferrol – xaneiro
- Charla sobre o TTIP – ECOAR))) – xaneiro
- Foro Galego da Emigracion – 26 de febreiro
- Debate: “Mulleres do 72. Nosoutras estamos ai” - 9 de marzo
- Actos “40 anos da refundacion do Ateneo na cidade”: Charlas, exposicions, festivais, concertos - Marzo e abril.
- I Xornadas de Innovacion Educativa – 1 de abril
- Actos conmemoracion da segunda republica”. Luns dia 11 e xoves 14 de abril.
- IX Semana de Poesia Salvaxe – 14 de abril
- Xornadas AGAMME – 15 de abril
- Actos “25 de abril” - 25 de abril
- Charla divulgativa sobre “Fotografia de arquitectura” a cargo de Roi Alonso – 29 de abril
- Actos “Letras Galegas” - 16 de maio.
- Charla: “O construcción mediática do conflito político na Galiza” - 22 de xuño
- Presentación Revista OLLAPARO – 5 de agosto
- Presentación VI Xornadas “Memoria dun tempo” - Asoc. Nordés – 16 de agosto
- Charla Fotografía por David Martínez Lombardía – 24 de setembro
- Charla “A educación infantil a chave do futuro”. Avoaescola - 28 de setembro
- Asemblea Aberta ACOF – 26 de outubro
- Actos Remunicipalización da Auga
- Roda de Prensa da ANPA do Cruceiro de Canido
- I Xornadas de Educacion Inclusiva. Un reto permanente. - Organiza EU Ferrol. 9 decembro


CONCERTOS / MUSICA EN DIRECTO

- Sesións Vermú do Ateneo. Musica en directo con grupos locais (sábados)
- Festival Solidario co Ateneo – 16 de abril
- Concerto Solidario – 29 abril
- II Sesión JAZZ – 11 de outubro
- Concerto “Redondo&Mandango” - 29 de outubro
- Concerto cantautor Víctor Bueno – 4 de novembro
- Concerto “MiloManos” - 29 decembro


EXPOSICIÓNS

- “10 anos de historia de Radio Filispim” - xaneiro
- “A historia da memoria” de Che Tembra - xaneiro
- Pinturas “Retratos” de Carmen Martin – febreiro
- 3 exposicions 40 aniversario da refundacion do Ateneo
- Pinturas de Neira Brochs – abril e maio
- Fotografias Federico Lojo - maio
- Fotografias Serie Polonia de Igor Gonzalez - xuño
- Artesania - xullo
- Esculturas de Manuel Angel Mendez - setembro
- Ceramicas de Xedes Peon – outubro
- Pinturas de Verónica Fachal - outubro
- Exposición “Mulleres Poderosas” - novembro
- Exposición paneis ASOTRAME
- Pinturas de Pablo Prados – novembro-decembro
- Exposicion Fotografica “Hazme visible” - decembro
- Exposicion de Fotografia “Ferrol Molla” de Oscar Millarengo - decembro


PRESENTACIÓNS LIBROS / REVISTAS

- Lectura conto “O reloxo” de Juana Vega – 18 febreiro
- Presentacion libro – Club de Prensa – 10 marzo
- Presentación libro “Diarios” de Carlos C. Calvo – 18 de marzo
- Presentación libro "No es una estafa es un crisis” de Emilio Santiago Muiño – 23 marzo
- Presentación revista “Ollaparo” - 22 xullo
- Presentacion libro “El fulgor” de Magali Rodriguez – 17 novembro
- Presentacion do libro "Fotografiar con mal tiempo, buen momento" de Eduardo Blanco Mendizábal – 18 de novembro
-Presentación do libro editado por AGAMME: "A resposta institucional ante o abuso sexual infantil" – 7 decembro
- Presentacion libro “A dubida” de Maria Reimondez - 16 decembro
- Presentacion libro: "Importación de Armas na Guerra Civil española" de Rafael Permuy e Lucas Molina – 22 decembro


TALLERES / OBRADOIROS / CURSOS

- Taller de fotografia nocturna “Astrofotografia da paisaxe” - 20 e 21 de febreiro
- Curso Fotografía. Imparte: Simon Lopez – 12 marzo
- Obradoiro Fotografia EXPOFOTO – 14 de maio
- Taller Teatro de Sombras – 8 de outubro
- Taller Teatro Mimo e Clown. Compañía Niunpaloal'Arte. 30 de outubro
- Talleres Fotografía - Anual
- IOGA Integral. Imparte Guillermo García (Anual)
- Danza Contemporánea para Nen@s. Imparte: Cristina Montero (Anual)
- Taller Felicidade. Imparte: Sabela Naranjo (Anual).
- Proxecto Fotográfico “Hazme Visible” - Decembro

VARIOS

Escola de Teatro do Ateneo Ferrolán. Imparte: Plamen Dipchikov.
Anual todos os martes e xoves
Club de Lectura do Ateneo. Imparte: Anxeles Seoane.
Anual todos os primeiros martes do mes
CIRPÉN – Círculo de Pensamento Filosófico
Anual todos os primeiros mércores do mes

O Ateneo en ruta ...” - Actividade rutas culturais. Todo o ano.
*Ferrol Rebelde – 20 abril
*Museo Historia Natural – 21 de xuño
*100 anos de Escuela Obrera – 5 de outubro
* Ferrol coas Irmandades da Fala – 2 de novembro


Presentación do libro "Actas do Congreso Centenario de Hildegart Rodriguez Carballeira". Mércores 8 de marzo ás 19,30 h.




Presentación do libro 
"Actas do Congreso Centenario de Hildegart Rodriguez Carballeira"
o mércores 8 de marzo ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo

Participarán:

* Goretti Sanmartin Rei
* Rosa Cal
* Eliseo Fernández

Entrada libre



http://congresohildegart.ateneoferrolan.org/


Evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/1862497483996682/


Grazas ao apoio da Deputacion Provincial e a traves da sua imprenta temos o pracer de comunicar que este 8 de marzo de 2017 no Ateneo Ferrolan as 19,30 h. faremos a presentacion publica do libro das Actas/Ponencias deste Congreso co seguinte contido:

A presencia de investigadoras e investigadores procedentes de diversas partes do mundo (Estados Unidos, Francia, Australia, Portugal, Catalunya, Madrid, Galiza) é representativa da repercusión internacional da figura de Hildegart e tamén da riqueza dos temas que suxire a súa corta vida.

Tamén lembrar que con data 16 de decembro do 2015 enviamos unha petición ao Concello de Ferrol por rexistro coa petición de que algún espazo público, praza ou rúa, levase o nome de Hildegart Rodriguez Carballeira.



Related Posts with Thumbnails