Charla "Acampa pola paz e o dereito a refuxio"
o mércores día 5 de abril ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán.
Acampa, asociación sociocultural sen fins de lucro, desde a que estamos a organizar un evento internacional de información e sensibilización sobre a crise humanitaria das persoas refuxiadas.
O evento, denominado Acampa pola paz e o dereito a refuxio, é unha iniciativa cidadá cuxo acto central terá lugar entre os días 15 e 18 de xuño de 2017 na Coruña.
Trátase dun simbólico campo de persoas refuxiadas no centro da cidade, que se porá en marcha coa participación de gran parte do tecido social, tanto persoas a título individual como organizacións e asociacións de todo tipo. Neste campamento desenvolveremos decenas de actividades encamiñadas a crear unha rede de participación e resposta, co obxectivo de contrastarmos a información e promovermos a implicación cidadá en todos os ámbitos. Previamente, ao longo de todo este ano, levaremos a cabo unha acción continuada de sensibilización sobre os dereitos humanos, co fin de analizar as causas e consecuencias das crisis humanitarias.
https://www.acampa.eu/gl/
Ningún comentario:
Publicar un comentario