Adianto Programación Cultural no Ateneo. Outubro 2017.

Adianto PROGRAMACIÓN CULTURAL no ATENEO FERROLÁN. OUTUBRO 2017

EXPOSICIONS MES OUTUBRO:

- FOTOGRAFIAS DE NEREA CORRAL LOPEZ (Sala de Exposicións 1)
- FOTOGRAFIAS de ESPERANZA VAZQUEZ DOPICO (Sala de Exposicións 2)
- EXPOSICION BIBLIOGRAFICA: “RECICLANDO CULTURA” (2ª planta)
- EXPOSICION: SELOS E MOEDAS (3ª planta)

- CLUB DE LECTURA do Ateneo (Mensual)
Martes día 3 de outubro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán.
Animamos a tod@s a participar desta emblemática actividade. Estamos a ler: "La invención de Morel" do arxentino Adolfo Bioy Casares

- CHARLA ACOSO ESCOLAR: “A desigualdade no ambito escolar”
Mercores día 4 de outubro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán.

- COLECTIVO TEATRAL “FERROLUNA” (Semanal). Lectura de textos teatralizados
Xoves día 5 de outubro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán.

- Grupo Filosófico CIRPÉN (Mensual)
Mércores día 11 de outubro ás 19,45 h. no Ateneo Ferrolán.

- MASTER CLASS GUITARRA – LOCAIS ENSAIO FERROL
Venres día 13 de outubro ás 18 h. no Ateneo Ferrolán.

- Presentacion Libro de Fotografia de Fran Nieto
Venres día 20 de outubro ás 18 h. no Ateneo Ferrolán.

- Presentacion Libro "Radio Liberty: La CIA en playa de Pals" de Rosa Cal
Xoves día 26 de outubro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán.
Contaremos coa presenza de Xosé Manuel Pereiro, Xulia Díaz e a autora Rosa Cal.
Os alicerces da radio eran: a CIA, grandes empresas coas súas achegas económicas, e os militares. O seu labor era emitir propaganda aos países da URSS, co obxectivo de conseguir a súa liberación. Facíano desde España que estaba secuestrada por unha ditadura. Foi das máis potentes do mundo, co material máis novo no seu momento.

- Inauguracion Exposicion e Charla sobre Selos e Moedas

Venres día 27 de outubro ás 18 h. no Ateneo Ferrolán.


Martes de Cine. Ciclo JERRY LEWIS ás 19 h. (Semanal)

Martes día 3 de outubro: “El terror de las chicas”
Ano 1961 Duración 106 min. País EEUU Director Jerry Lewis

Martes día 10 de outubro: “El rey de la comedia”
Ano 1982 Duración 109 min. País EEUU Director Martin Scorsese

Martes día 17 de outubro: “El profesor chiflado”
Ano 1963 Duración 107 min. País EEUU Director Jerry Lewis

Martes día 24 de outubro: “El botones”
Ano 1960 Duración 72 min. País EEUU Director Jerry Lewis

Martes día 31 de outubro: “Mi amiga Irma”
Ano 1949 Duración 103 min. País EEUU Director George Marshall

Ter en conta que soamente é un adianto, haberá máis e ademáis .....

Visita a nosa Biblioteca-Hemeroteca, te esperamos!

De martes a venres de 17 a 21 h.
Sábados de 10,30 a 13,30 h.

Club de Lectura do Ateneo. Martes 3 de outubro ás 19,30 h.

Retomamos o noso CLUB LECTURA do ATENEO FERROLÁN - ¡ APÚNTATE !



Martes día 3 de outubro
ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán.

Animamos a tod@s a participar desta emblemática actividade.

Estamos a ler: 
​"La invención de Morel" do arxentino Adolfo Bioy Casares 

La invención de Morel es una novela escrita en 1940 por el argentino Adolfo Bioy Casares. La obra, que constituye un ejemplo clásico de la literatura fantástica en idioma español, probablemente sea la más famosa entre las escritas por dicho autor. En el prólogo, Jorge Luis Borges expresa, respecto de su trama, que no le parece «una imprecisión o una hipérbole calificarla de perfecta».
 
Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso CLUB DE LECTURA, segue levándose a cabo todos os primeiros MARTES DE CADA MES.

Encontros coa LECTURA onde xúntanse 20 socios e socias todos os primeiros martes de cada mes para reflexionar e comentar un libro guiados pola profesora ANXELES SEOANE.

Tomás Barros: Un novo cadro doado ao Ateneo Ferrolán

“Bodegón do prato amarelo”


Un novo cadro doado ao Ateneo Ferrolán

Os fillos do pintor e escritor Tomás Barros Pardo (1922-1986) doan o óleo “Bodegón do prato amarelo” ao Ateneo Ferrolán para premiar e agradecer o gran labor e os esforzos realizados por esta entidade durante toda a súa prolongada existencia en prol da expansión cultural neste concello e en Galicia en xeral.

Tomás Barros traballou e investigou en diferentes campos intelectuais e artísticos existindo discrepancias á hora de inclinarse polos máis destacados, pero absoluta unanimidade acerca das raíces humanistas que os caracterizan. Comezou coas súas inquietudes artísticas e intelectuais desde a súa mocidade polo Ferrol dos anos 40. Discípulo, con José González Collado e Ricardo Segura Torrella, de Bello Piñeiro, termina estudando Belas Artes en Madrid. A finais de 1951, xunto con Miguel Carlos Vidal - posteriormente Mario Couceiro - e inducidos desde tempo atrás por Ricardo Carballo Calero, cofundan e editan a revista de poesía e crítica literaria “Aturuxo”, unha das máis carismáticas e apreciadas na España daqueles tempos. É soamente no campo da filosofía - polo que máis sentía atraído - onde se quedou inédito todo o seu traballo.

Este acto súmase a unha serie doutros similares que perseguen depositar gran parte da obra plástica máis representativa do artista en entidades públicas e asociacións de relevancia afíns á súa persoa para que todos aqueles que queiran contemplala ou investigala poidan acceder a ela.


Acto de entrega ao Ateneo Ferrolán por parte do fillo do pintor Tomas Pedro Barros Cao o 14 de setembro 2017 e que pasará a formar parte do patrimonio artístico desta entidade.

Na foto membros da Xunta Xestora e Tomás Barros (fillo)





Xa temos a LOTARÍA de NADAL co nº 65377


 



TEMOS LOTARÍA DE NADAL
 
Participacións de: 2,50 € + 0,50 € (colaboración)= 3 €

Nº 65377

Colabora e participa!


Síguenos:

No facebook

No Twitter: @ateneoferrolan 

Presentación do libro de Angel Cardín: “Le Temps des cerises". Venres 15 ás 20 h.


Presentación do libro de Angel Cardín :

Le Temps des cerises 
( a vida na prisión naval de Ferrol do caudillo 1968- 69-70 ) “

Venres, 15 de setembro de 2017 ás 20 h.

Editado por Fundación 10 de marzo .
O libro leva Prólogo do historiador José Alvarez Junco 
(un dos máis respectados de España)

Ademais do autor, que comentará unha ducia de diapositivas referentes ao tema, contaremos ca presenza de Rafael Pillado, sindicalista fundamental naqueles difíciles momentos ; de Xan María Castro, veterano sindicalista e Presidente da Fundación 10 de marzo, e de Juan Sotres, economista madrileño, que estivo na Prisión de Caranza na dura época que narra o libro .


O libro non son unhas memorias nin unha novela senón un relato-testemuño ( baseado en papeis da época) da vida na Prisión Militar de Caranza para mariñeiros do Norte de España, nos finais do franquismo, repasando os diferentes presos, de onde veñen e como os xulgan; a dureza da estancia na prisión ( con oito horas de traballo, vixilancia exterior armada e interior por parte de sarxentos da Mariña, mala alimentación e castigos durísimos; sen prensa nin radio, poucas visitas e correo censurado de entrada e saída ) . Pero en certa medida, os protagonistas son Ferrol e a Xustiza Militar, pois se fala tamén da Construción Naval e os seus problemas, da Ría e a súa dedicación á Mariña, dos sucesos do 10 de marzo de 1972 e do papel da Prisión de Caranza nos mesmos; tamén de presos coñecidos que pasaron despois por alí como Miláns do Bosch. Un último capítulo, de posta ao día 47 anos despois, tenta un repaso da traxectoria dalgúns presos e de valorar a evolución da Xustiza Militar que presenta moitas lagoas, despois de 40 anos de democracia .

Presentación do disco “Amandangadamente” de Javi Mandango. Venres 8 de setembro ás 20,30 h.


Presentación do disco “Amandangadamente” de Javi Mandango
Venres día 8 de setembro ás 20,30 h. no #AteneoFerrolán
Entrada 2 €

JAVI MANDANGO - AMANDANGADAMENTE

O disco “Amandangadamente” de Javi Mandango sae á luz tras un longo período de espera. Trátase do primeiro traballo en solitario deste cantante cómico e artista multidisciplinar precario, logo de convertires o antigo dúo “La Mandanga” no seu proxecto persoal actual.

Grabado durante os meses de Xullo, Agosto e Setembro de 2016 nos estudios 'Mi Puta Casa Records' e 'Ansede Mordor Studios' e autoproducido polo propio artista, conta con colaboracións estelares como a do agropachangueiro 'Xente de Lona', a sedosa voz de Tania Redondo, o baixo eléctrico do seu irmán Sonic, Fernán Varela (cantante de Sandford Music Factory) ou o RnR One Man Band 'O Bo de Vil', que prestou a súa voz e instrumentos, así como tamén a súa sabedoría nas labores de masterización.

O traballo consta de dez temas e unha pista extra, nos que se atopan letras con altas doses de humor satírico e políticamente incorrecto, non apto para mentes fácilmente traumatizables. Drogas, sexo e humor escatolóxico mesturado con guitarras, turutas e moito desenfado.

Está dispoñible en formato físico e tamén en descarga dixital na web lamandanga.bandcamp.com

Máis info:
https://drive.google.com/file/d/0BwOQ0rnaU36ROTV0WkEtcTZ5dVk/view?usp=sharing

Presentación do libro: "No silencio dos lapis" de Branca Vilela. Xoves 7 de setembro ás 20 h.

Presentación do libro: "No silencio dos lapis" de Branca Vilela

Xoves día 7 de setembro ás 20 h.

Contaremos coa presenza da autora Branca Vilela,  Francisco Xosé Castiñeira ( Sub director do Diario de Ferrol, autor dun dos limiares do libro) e Rosa Méndez


A temática xira sobre a problemática do ACOSO ESCOLAR visto dende tres enfoques diferentes. Na primeira parte fala unha nai que despois duns anos enterase de que sua filla sufriu acoso durante moito tempo e aí entende a sua conducta (rebeldía; abandono escolar, drogas etc). Na segunda parte fala dos motivos polos cales un neno pode ser una víctima (obeso, extranxeiro, introvertido etc.) e a última parte trata do suicidio provado por todo isto. 
A pretensión última do libro é que poda servir de lectura nos colexios, utilizado como pretexto de talleres, conversas, debates... de modo que incida en tomar conciencia e profundizar no tema co alumnado.


Related Posts with Thumbnails