Presentación do libro de Angel Cardín :
“ Le Temps des cerises
( a vida na prisión naval de Ferrol do
caudillo 1968- 69-70 ) “
Venres, 15 de setembro de 2017 ás 20 h.
Editado por Fundación 10 de marzo .
O libro leva Prólogo do historiador José Alvarez Junco
(un dos máis respectados de España)
Ademais do autor, que comentará unha ducia de diapositivas
referentes ao tema, contaremos ca presenza de Rafael Pillado,
sindicalista fundamental naqueles difíciles momentos ; de Xan María
Castro, veterano sindicalista e Presidente da Fundación 10 de marzo,
e de Juan Sotres, economista madrileño, que estivo na Prisión de
Caranza na dura época que narra o libro .
O libro non son unhas memorias nin unha novela senón un
relato-testemuño ( baseado en papeis da época) da vida na Prisión
Militar de Caranza para mariñeiros do Norte de España, nos finais
do franquismo, repasando os diferentes presos, de onde veñen e como
os xulgan; a dureza da estancia na prisión ( con oito horas de
traballo, vixilancia exterior armada e interior por parte de
sarxentos da Mariña, mala alimentación e castigos durísimos; sen
prensa nin radio, poucas visitas e correo censurado de entrada e
saída ) . Pero en certa medida, os protagonistas son Ferrol e a
Xustiza Militar, pois se fala tamén da Construción Naval e os seus
problemas, da Ría e a súa dedicación á Mariña, dos sucesos do 10
de marzo de 1972 e do papel da Prisión de Caranza nos mesmos; tamén
de presos coñecidos que pasaron despois por alí como Miláns do
Bosch. Un último capítulo, de posta ao día 47 anos despois, tenta
un repaso da traxectoria dalgúns presos e de valorar a evolución
da Xustiza Militar que presenta moitas lagoas, despois de 40 anos de
democracia .
Ningún comentario:
Publicar un comentario