Presentación do libro: "No silencio dos lapis" de Branca Vilela
Xoves día 7 de setembro ás 20 h.
Contaremos coa presenza da autora Branca Vilela, Francisco Xosé Castiñeira ( Sub director do Diario de Ferrol, autor dun dos limiares do libro) e Rosa Méndez
A temática xira sobre a problemática do ACOSO ESCOLAR visto dende tres enfoques diferentes. Na primeira parte fala unha nai que despois duns anos enterase de que sua filla sufriu acoso durante moito tempo e aí entende a sua conducta (rebeldía; abandono escolar, drogas etc). Na segunda parte fala dos motivos polos cales un neno pode ser una víctima (obeso, extranxeiro, introvertido etc.) e a última parte trata do suicidio provado por todo isto.
A pretensión última do libro é que poda servir de lectura nos colexios, utilizado como pretexto de talleres, conversas, debates... de modo que incida en tomar conciencia e profundizar no tema co alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario