IV Xornadas de Documentación
«Medios de comunicación social, medios sociais: experiencias»
Os
medios de comunicación social nas IV Xornadas de Documentación do
Ateneo Ferrolán
Ferrol,
23 de novembro de 2017.— O Ateneo Ferrolán celebrará o xoves
14 e o venres 15 de decembro, a partir das 17.00 horas,
na súa sede da rúa Magdalena, as IV Xornadas de Documentación
«Medios de
comunicación social, medios sociais: experiencias»,
presididas polo concelleiro de Cultura de Ferrol Suso Basterrechea.
O desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación
supor un cambio no paradigma comunicativo, configurando un novo
sistema de información dos medios convencionais ao incorporar unha
nova interacción coa sociedade, unhas novas redes sociais.
A presente voracidade informativa evidencia a importancia do manexo,
directa ou indirectamente, das técnicas documentais, e son os
profesionais que, grazas a súa formación e as habilidades
adquiridas na praxe laboral, fan fronte ao vórtice informativo
demandado polas masas.
Polo tanto, achegar á cidadanía a realidade cotiá do traballo das
institucións e profesionais dos medios de comunicación social,
constitúe a finalidade das IV Xornadas de Documentación do Ateneo
Ferrolán.
Presentación
das xornadas polo Concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea.
O xornalista e director fundacional do Diario de Ferrol Germán
Castro Tomé, impartirá a conferencia inaugural baixo o título
“Da información de boa fe ao xornalismo documentado”.
Pola súa banda, Marta Corral, xornalista de Ferrol360,
disertará sobre o novo xornalismo dixital no eido local.
Para rematar o primeiro día das xornadas, José Pardo Vázquez,
fotógrafo, centrará o seu relatorio nas súa experiencia
profesional: “Do fotoxornalismo local á fotografía arqueolóxica
en Palestina”
Ao día seguinte, a comunicadora da Radio COPE Ferrol, Ada Romero
Sixto, abordará “A radio como medio de comunicación social.
50 anos de COPE Ferrol”.
A continuación, Xoán Porto, documentalista, “Memoria e
arquivo nos medios sociais”, sobre a crecente importancia de
xestionar a información persoal que compartimos de forma pública
nas redes sociais centralizadas pertencentes a corporacións privadas
como Google, Facebook ou Twitter
Carmen Rial, Arquiveira do Estado, pechará as xornadas cunha
charla sobre a visión non oficial da arquivística e os arquivos
militares en Twitter.
As XornadasDOC, que son abertas ao público, finalizan cun coloquio
moderado por Fernando Rivera, responsable da Biblioteca-Hemeroteca do
Ateneo Ferrolán.
O contexto das XornadasDOC
As XornadasDOC do Ateneo Ferrolán teñen entre os seus obxectivos
dar visibilidade e comunicar á
sociedade a importancia do traballo que realizan as distintas
institucións e profesinais no ámbito da arquivística, a
biblioteconomía e a
documentación.
Máis información
Máis información no sitio web:
http://xornadasdoc.ateneoferrolan.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario