AGAMME, Asociación Galega contra o Maltrato a Menores celebra a súa V Xornada sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia, baixo o título “O sistema de protección de menores de Galiza a análise”.
O evento terá lugar o vindeiro sábado 16 de decembro no Ateneo Ferrolán, entre as 9:00h e as 14:00h, co obxectivo de poñer sobre a mesa a realidade dos nenos, nenas e adolescentes en situación de acollemento, nas súas distintas modalidades, e analizar cifras e lexislación actualizadas.
O primeiro relatorio correrá a cargo de Fernando Blanco Arce, avogado especialista en dereitos da infancia e membro do Observatorio para a Defensa dos Direitos e das Liberdades Esculca, que falará sobre a lexislación que establece os procementos e as características dos centros de menores. Expoñerá asimesmo a súa experiencia profesional como avogado da quenda de menores e como compoñente de Esculca.
A continuación tomará a palabra María José Alonso Abalde, Presidenta de AGAFEM, Asociación Galega de Acollemento da Familia Extensa do Menor. O seu relatorio versará sobre o traballo que a súa asociación vén realizando así como o punto de vista do colectivo respecto da forma en que se tramitan os acollementos de nenos, nenas e adolescentes en Galiza.
Pechará a rolda de relatorios Ana Mª Fernández Martínez, Doutora pola Universidade de Vigo dentro do programa “Menores en situación de desprotección e conflito social”. Presentará os datos e conclusións da súa tese doutoral a respecto do sistema de acollemento residencial en Galiza.
Á volta dun pequeno receso abrirase un debate no que as persoas relatoras e o público analizarán en común os temas que se trataron na mesa.
No mesmo acto presentarase tamén a exposición “Plántalle cara ao abuso sexual. Rompamos o silencio”, un material didáctico orientado a alumnado de educación secundaria, para a prevención do abuso sexual, que a asociación poñerá a disposición daqueles centros que estean interesados.
Teléfonos de contacto:
Estrela Gómez Viñas: 636142012
Víctor M. López Casal: 616035193
Correo electrónico:
Ningún comentario:
Publicar un comentario