Participa
e Difunde!
XVII
MOSTRA de CURTAMETRAXES 2017
20, 21 e 22 de decembro de 2017 ás 19 h. no #AteneoFerrolán
Facemos
un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas
xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha
cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 1
de decembro para poder engadilos ao programa deste ano.
Os
días 20, 21 e 22 de decembro de 2017,
levarase a cabo a XVII MOSTRA DE
CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do
público en xeral.
A Mostra de Curtametraxes do Ateneo
nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica
en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e
internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como
lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes dezasete anos
de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas
e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a
nivel internacional.
Nestes días amosaremos curtametraxes
e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial
atención aos cineastas galegos e galegas en especial.
O
OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e
variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas
están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para
divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica
agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que
atesoura gran calidade.
PROGRAMA XVII
MOSTRA DE CURTAS DO ATENEO FERROLÁN 2017
Xornada
1 - Mércores 20 de decembro 19.00 horas
(Duración
total da sesión 1h 10 m aproximadamente)
MANDARINAS
(4'09'') de Beatriz M. Tabasco
FUMANDO
ESPERO (14') de jJ. A. Blanco.
PASATEMPS
(8'22'') de Ferrán Bex.
LA
MADRINA (9'30'') de Pedro Sancho
HUELLAS
(13') de Rubén de Marina.
BASURA
(5') de Juan Silva
MAELSTRON
(3') de Carlos Gómez Trigo.
CIRILO
(13'10'') de Rubén Saínz
Xornada 2 - Xoves 21 de decembro 19.00 horas
(Duración
total da sesión 1h 13m aproximadamente)
LA
MUJER DEL ESPEJO (3'40'') de María Barragán.
SONRÍE
(3'30'') de Pablo Vara.
PIGMALIÓN
(5'15'') de Enrique Bernal.
LA
LECCIÓN (13') de Hugo Gómez
DEFUNCIONARIO
(17'22'') de Wiro Berriatúa
3
GRAMOS DE FE (14'35'') de José A. Campos
TOC
TOC (17') de Daniel Veira
Xornada 3 - Venres 22 de decembro 19.00 horas
(Duración
total da sesión 1h 12m aproximadamente)
MATERIA
PRIMA (3'46'') de Natalia Porca
O
CARTAZ (3'25'') de Andrés Castro
PLACIDEZ
(16') de Luis Miranda
TOMASITO
(12') de Ignacio F. Rodó
FRAMED
(11') de Mario Pinzón
UN
MINUTITO (8') de Javier Macipe
COMA
Y BEBA (14') de Jaime Figueroa
(DES)FRAGMENTACIÓN
(3'32'') de Luis Miranda
E para os cinéfilos, lembrar que temos tódalas curtas de tódalas edicións na filmoteca da @biblioateneo
Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204
15402 - Ferrol (Galiza)
correo electrónico: secretaria@ateneoferrolan.org
GRAZAS POR PARTICIPAR!
Ningún comentario:
Publicar un comentario