Ante a convocatoria aberta da seita loisista, co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores, chama a organizar un novo vendaval, que percorra todo o mundo, o día 12 de maio ás 8 da tarde.
O ATENEO FERROLÁN chama a participación dos colectivos, asociacións e persoas individuais que queiran colaborar desta homenaxe pública que faremos a LOIS PEREIRO: Lectura Manifesto, Mural con artistas locais, música, teatro, danza, lectura poética, .... Dende o Ateneo Ferrolán tentamos involucrar a zona de Ferrol desta homenaxe pública a LOIS PEREIRO.
Como remataba Lois a súa Modesta proposición:
“quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo... (por exemplo)”.
Confirma o teu interese en participar con nós:
secretaria@ateneoferrolan.org ou no telefono 981.357.970
A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán
Ningún comentario:
Publicar un comentario