Sábado 26
Mañá
- 11:00hs. - Presentación das Xornadas. "Que é o Software Libre?"
- 11:15hs. - Experiencias e experimentos con GNU/Linux.
Como empezar con GNU/Linux, vantexes e dificultades.... - 12:00hs. - INSTALL PARTY: Instala GNU/Linux no teu computador, compartindoo ou non con Windows.
Se queres instalar GNU/Linux no teu computador podes traelo e axudámoste a poñelo a punto para que te inicies neste sistema operativo... Trae tamén cable de rede ou conexión wifi e os cables e enchufes necesarios para poñer todo a funcionar...
- 16:30hs. - Edición Gráfica con GNU/Linux, Gimp, Inkscape, Scribus...
Fai deseño gráfico e retoque fotográfico libremente e con programas libres!!!. O Gimp é un gran programa para tratamento de imaxes e debuxo, o Inkscape para facer gráficos vectoriais e o Scribus para maquetar con gran calidade todo tipo de publicacións, carteis, e o que queiras!! - 19:00hs. - Ferramentas libres para streaming de audio e video.
Tamén con programas libres podes facer que a túa voz se escoite e montarte unha emisora de redio por internet. Os teus berros e imaxes chegarán moi lonxe...
Mañá
- 11:00hs. - LTSP: Reciclaxe de computadores como terminais lixeiras en GNU/Linux.
Tes un computador vello? Non o tires. Con GNU/Linux e o servidor de terminais lixeiras LTSP podes poñelo a funcionar coma se fose novo. Tan rápido coma un raio. Que non o cres? Pois ven a velo!!! - 12:00hs. - A caixa branca: Todo sobre hardware e como destripalo.
Eres desas persoas as que lles gusta fozar en canta máquina encontra. Es un ou unha manitas? Pois esta é a túa oportunidade.
- 16:30hs. - Edición de video con Cinelerra e proxección de video GNU/Linux.
Un dos mellores programas para montar vídeos con todo tipo de posibilidades e efectos. E con calidade profesional!!!
Organiza: Unión Libertaria
Colaboran: Ateneo Ferrolán, Kalimera, Hacktreu e Olholivre.
Máis info: http://linuxferrol.org/hackmeeting_ferrol_08.jpg
4 comentarios:
Existe algún requisito para poder asistir a estas jornadas?
Boas¡¡¡
Para os apartados de edición gráfica e de video hai que levar o ordenador propio???
A entrada é livre e sí, ha que levar o computador de cada um.
Non é obrigado traer computador mais é mellor .... e sdi a ENTRADA é LIBRE SEMPRE no ATENEO FERROLÁN!
Publicar un comentario