O próximo mércores día 21 de maio no Ateneo Ferrolán terá lugar unha charla informativa sobre a "Rehabilitación e Urbanización nos barrios da Magdalena e Ferrol-Vello", organizada por CCA Ferrol A Magdalena.
Ás 19,30 horas o responsable da oficina de rehabilitación o Sr. Mendizábal informará sobre:
"O PERI e as axudas para a rehabilitación de vivendas".
A partir das 20,30 horas o concelleiro coordinador do área de urbanismo, o Sr. Mato e o concelleiro de rehabilitación e urbanización o Sr. Reimúndez informarán sobre:
"As obras de reurbanización do Barrio da Magdalena: ampliación do aparcamento da Plaza de Armas, urbanización da superficie da Plaza de España e obras previstas para as rúas.
ACTO PÚBLICO e ABERTO
2 comentarios:
Non sei qué me dá que non van arranxar nada... Sempre lentos, sempre por detrás. Ata que non se tome a rehabilitación da zona vella como algo moi serio e determinante para Ferrol, non ser vai arranxar nada.
A xunta debe tomar cartas no asunto ou a zona vella de ferrol pasará a ser unha zona ruinosa (se non o é xa...)
Imaxina o xugoso que sería o terreno de Ferrol-Vello para calquer constructora, por eso están esperando a que se caiga todo e esperar a mellor oferta. As cousas que non dan cartos non interesan.
Publicar un comentario