Presentación do libro de Josefina López Serantes “Terra e Mar” que correrá a cargo do seu fillo Eduardo Serantes López.
Xoves día 10 de marzo ás 20 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán.
Organiza: Club de Prensa de Ferrol.
‘Terra e mar’ / Biografía e primeira colección de escritos de Xosefina López de Serantes, escritora galega. Xosefina López foi unha xornalista e escritora que recompilou perante toda a súa vida unha cantidade inxente de datos sobre Galicia.
A súa biografía, xunto cunha selección de escritos, sae á venda da man do seu fillo, Eduardo Serantes López, que cun profundo labor de documentación e recompilación conseguiu reunir as súas obras en tres volumes, sendo este, "Terra e mar" o primeiro publicado.
O autor do prólogo, Xesús Alonso Montero, da RAG, di no mesmo que “este tipo de recompilación póstuma é unha garantía de que están creadas as condicións para que a obra literaria teña, nas bibliotecas e nos despachos dos eruditos, curiosos e estudosos, a presenza á que teñen dereito os escritos daquela escritora prolífica, polifacética, sinceira e apaixoada”.
Máis info:
http://noticiaseditorialcirculorojo.com/?p=1899
Ningún comentario:
Publicar un comentario