Feliz 2017


Ateneo Ferrolán: "Un lugar de encontro para a cultura dende 1879"

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2005/10/ateneo-ferroln.html

"Noites no Ateneo" con MilóManos o xoves 29 ás 20,30 h.


"Noites no Ateneo" 

con MilóManos o xoves 29 ás 20,30 h. 

Ven a despedir o ano con nós.

Info: https://www.facebook.com/profile.php?id=100006614506000&fref=ts

Evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/1219283794817969/

Obradoiro para a customización e mantemento de guitarras. Martes 27 ás 19 h.





Martes día 27 de decembro ás 19 h. no salón de actos do Ateneo.

Obradoiro para a customización e mantemento de guitarras. 
A cargo do luthier Toxo, un dos últimos artesáns do Rock.

Jose Luis Toxo, luthier natural de Boimorto "pero residente en Curtis". Es uno de los pocos artesanos de las seis cuerdas de sacudida eléctrica que aún existen en la actualidad.

Organiza: Locais Ensaio Ferrol
Entrada libre.

Exposición Fotográfica "Ferrol Molla" de Oscar Millarengo. Do 15 de decembro ao 31 de xaneiro 2017



Exposición Fotográfica "Ferrol Molla" de Oscar Millarengo

do 15 de decembro ao 31 de xaneiro de 2017 

Inauguración o día 15 de decembro ás 20 horas
Entrada libre 

Mostra de fotografías de Oscar Millarengo realizadas na cidade 
e que estarán na sala de exposicións 3ª planta do Ateneo Ferrolán. 

Este nadal agasalla arte solidaria!!! Do 7 de decembro ao 15 de xaneiro.


Exposición e venda do 7 de decembro ao 15 de xaneiro
Este nadal agasalla arte solidaria!!!

Durante este tempo teremos expostos na entrada do ‪#‎AteneoFerrolán unha serie de cadros doados solidariamente por divers@s artistas.
Pásate!!! Merca un cadro e colabora co Ateneo Ferrolán !!!!
Artistas Solidarios Participantes desta iniciativa:
Alejos, Alfonso Costa, Alfredo Erias, Alicia Seoane, Angeles Jorreto, Anna M. Constanseu, Antón Sobral, Anxo Alvarez, Carlos Pereira Martínez, Carmela Cagiao, Carmen Martín, Carolina Martínez, Celestino Poza, Delio Sánchez, Edu Pereira, Emilio Celeiro, Enrique Castro Piñeiro, Fátima Fernández, Fernando Ocampo, Fernando Maceira, Isabel Pintado, Luis Mazorra, Luis Rapela, María Piensos, María Vilanova, M.ª Luisa Rojo-Novais, M.ª José Leira, Miguel Anxo Varela, Miguel Navarro Salinas, Noemí Lorenzo Pérez, María Leal, Teresa Candal, Teresa Fagiras, Pedro Perico, Ramón Astray, Raquel Castro Torrado, Rosa Guisán, Spela Trobec, Victor Rey Grande e Xaquín Marin.

Exposición Fotográfica "Desde que soy lector" de Pablo Prados. Do 18 de novembro ao 31 de decembro.


Exposición Fotográfica "Desde que soy lector" de Pablo Prados

Do 18 de novembro ao 31 de decembro de 2016 
Sala de Exposicións (2) do #Ateneo


"Desde que soy lector" representa unha mirada á diversidade a través da fotografía: o libro, a lectura e as distintas formas de ler e interpretar o mundo a través do obxectivo do fotógrafo Pablo Prados.

As  imaxes que se poderán ver no Ateneo Ferrolán ata o próximo xaneiro son o punto de partida dunha obra en construción, ideada como un itinerario de estilos, conceptos e representacións co foco posto na cultura como canle fundamental para entender o mundo en todas as súas dimensións e para achegarse a cada unha das minorías na súa complexidade enriquecedora e necesaria.

As artes ao servizo da cultura. A cultura como espazo de expresión.

Pasaron xa máis de 15 anos desde que Pablo Prados realizou a súa primeira exposición, pero non foi ata os últimos anos ata que decide dedicarse profesionalmente á fotografía, realizando exposicións individuais nas principais cidades galegas, desde A Coruña, ata Lugo ou Santiago e, como non, na súa propia cidade, Ferrol.

Actualmente colabora en distintos proxectos nacionais e internacionais de carácter cultural e audiovisual que enriquecen a súa visión dándolle unha perspectiva máis ampla.

A obra de Pablo Prados concrétase na procura constante do detalle. A fotografía dixital sen outros axustes que os básicos, conforman a base técnica do seu traballo. Conceptualmente, as súas imaxes non só ven senón que ademais poden ser lidas, xa que cada unha delas encerra unha historia moito máis complexa na que o protagonista é o suxeito da acción.  A metáfora ao servizo da imaxe e a imaxe ao servizo da poesía caracterizan un traballo multidisciplinar en constante evolución que poderá visitarse ata o próximo xaneiro no Ateneo Ferrolán.

XVI Mostra de Curtametraxes do Ateneo Ferrolán 2016. Días 19, 20 e 21 de decembro ás 19 h.

XVI Mostra de Curtametraxes do Ateneo Ferrolán 2016
A Mostra de Curtametraxes do Ateneo Ferrolán, que comezou a súa andaina en 2001, chega á súa XVI edición en Ferrol os días luns 19, martes 20 e mércores 21 de decembro no salón de actos do Ateneo, en sesión continua e con entrada libre, entre as 19.00 e as 21.00 horas.

Organiza: Concello de Ferrol e Ateneo Ferrolán


PROGRAMA XVI MOSTRA DE CURTAS DO ATENEO FERROLÁN 2016

Día 1, luns 19 de decembro 19.00 horas
(Duración total da sesión 1h 38m aproximadamente)

SEÑOR O SEÑORITO (10') de Cristina Piernas.
DUELOS (9') de Yolanda Román.
ELLOS (4') de Guillermo Tirado.
MACHISMO NO QUOTIDIANO (2') de Ana Isabel López e Mercedes Mosquera.
POSSESSÃO (2') de Henrique Da Costa.
NOITE DE REIS (2') de Sonia Aguiar Berea, Paula Seoane Fernández e María Nuñez Barros.
L DE LIBERTAD (11') de Javier Hernández e Marc Guanyabens.
GURUGU (5') de Telmo Iragorri.
GARBANZOS CON AZÚCAR (10') de Antonio Aguilar.
LA NOCHE DE TODOS LOS SANTOS (15') de Gustavo Vallecas.
IREI A DARBO (10') de Borja Brun.
SUPERPUNKY, EL MUSICAL (18') de Pablo Cacheda.

Día 2, martes 20 de decembro 19.00 horas
(Duración total da sesión 2h 8m aproximadamente)

SIN TU LATIDO (8') de María Posada e Adrián Iglesias.
APOLO81 (12') de Óscar Bernàcer.
32 DE DICIEMBRE (14') de Luis Soravilla.
YA NO TE QUIERO (4') de Francisco Hervada
DÉNOMINATER COMMUN (8') de Quentin Lecocq.
FÁLAME DO SILENCIO (14') de Lois Blanco .
LE PLOMBIER (14') de Xavier Serón.
EL HOMBRE MÚLTIPLE (9') de Miguel Bardem.
IT'S HAPPY HOUR OUT THERE (10') de Daniel Melguizo.
EL AUDÍFONO (15') de Samuel Quiles Palop.
BUS STORY (10') de Jorge Yúdice.
SUPERCOOL (10') de Hugo Silva.

Día 3, mércores 21 de decembro 19.00 horas
(Duración total da sesión 1h 58m aproximadamente)

Especial animación (19.00h)
ROUND TRIP: MARY (10') de Zharko Ivanov.
V STORONE (12') de Alexandra Averyanova.
OTTO (10') de Job, Joris & Marieke.
KUKUSCHKA (9') de Dina Velikovskaya.
EL CORAZÓN DE CHOCOLATE (4') de Gonzalo Golpe.

Sesión Clausura (19.45h aproximadamente)

EINSTEIN-ROSEN (9') de Olga Osorio.
BOTELLAS (12') de Marisa Otero.
HOMÓNIMOS ANÓNIMOS (7') de José Luis Santos Pérez.
THEY WILL ALL DIE IN SPACE (15') de Javier Chillón.
EL ANDAR DEL BORRACHO (15') de Pol Armengol Baigorri.
LURNA (15') de Nani Matos.

Evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/852759514859322/ 






Presentación libro "Importación de Armas na Guerra Civil española". Xoves día 22 ás 19 h.




O Club de Prensa de Ferrol e o Ateneo Ferrolán comprácense en convidarlle á presentación do libro "Importación de Armas na Guerra Civil española" dos xornalistas ferroláns Rafael Permuy e Lucas Molina que terá lugar no salón de actos do #Ateneo o vindeiro xoves día 22 de decembro ás 19 h. con entrada libre.

Rafael Permuy é ferrolán e xornalistas en activo. Colaborou en "Ferrol Diario", "O IdealGallego" "La Voz de Galicia" e é adxunto á dirección da Revista Española da Historia Militar. Como militar estivo destinado en varios rexementos entre outros os de Melilla e Ferrol. Publicou máis de 50 libros moitos dos cales foron traducidos a varios idiomas.

Lucas Molina é tamén ferrolán, doutor en Historia Contemporánea e licenciado en ciencias económicas e empresariais. Dirixe a revista ARES de Historia e Actividade Militar, escribiu máis dun centenar de artigos en prensa especializada e máis de cincuenta libros como autor ou coautor.

Evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/242788429486300/

XVI MOSTRA DE CURTAMETRAXES DO ATENEO FERROLÁN. 19, 20 e 21 de decembro.


Participa e Difunde!
XVI MOSTRA DE CURTAMETRAXES DO ATENEO FERROLÁN

A celebrar os días 19, 20 e 21 de decembro de 2016 na sede do Ateneo Ferrolán.

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 15 minutos de duración en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 1 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano.
Os días 19, 20 e 21 de decembro de 2016 levarase a cabo a XVI MOSTRA DE CURTAMETRAXES DO ATENEO FERROLÁN en colaboración, por primeira vez, co Concello de Ferrol.


As mostras comezaron no ano 2001 con grande interese do público en xeral. Como lembranza do que foron estas XORNADAS ao longo destes quince anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

GRAZAS POR PARTICIPAR!

Bases:


A experiencia propia de CHUPADESKAY. Mércores día 14 ás 19 h.


Mércores día 14 de decembro ás 19 h.
no salón de actos do #AteneoFerrolán

O profesor Pablo Barge conta a súa experiencia na autoedicion é autoproducion musical baixo o nome artístico CHUPADESKAY.
Expón as ferramentas e explica cómo o realizou. ‎
O resultado foi un exito!

Organiza: LOCAIS DE ENSAIO do Concello de Ferrol.

Entrada libre.

http://www.chupadeskay.com/

Presentación do libro "A DÚBIDA" de María Reimóndez. Venres día 16 ás 20 h.


Presentación do libro "A DÚBIDA" de María Reimóndez
Venres día 16 de decembro de 2017 ás 20 h.
no salón de actos do Ateneo Ferrolán

Contaremos coa autora María Reimóndez para que nos fale da súa novela.

Evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/344872525885522/

2ª Edición - XIV Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia

Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de “A dúbida” desencadéase a partir dese feito, que provoca o conflito psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao home. Un ritmo áxil, a profundidade do conflito psicolóxico e a sutileza con que a novela trata temas de actualidade como os abusos sexuais e a corrupción política son os argumentos que valorou o xurado da decimocuarta edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. En “A dúbida” a autora fai uso da súa experiencia como narradora para ofrecer unha historia que engancha a atención das lectoras e lectores e aborda, desde a denuncia social e a intriga, un tema pouco frecuente na literatura galega, escrita con pulsión literaria e rigor.


Acto HOMENAXE a ROBERTO CASTELEIRO “CALADIÑO”. Sábado 10 de Decembro.


ACTO HOMENAXE A ROBERTO CASTELEIRO
“CALADIÑO”

Sábado 10 de Decembro de 2016

Un grupo de amigas e amigos de Roberto Casteleiro, o inolvidable “Caladiño” - persoa e personaxe que tan fonda pegada deixou en todos cantos o coñeceron, respectaron e admiraron - animámonos a organizar uns sinxelos actos en lembranza da súa memoria  e en recoñecemento a súa entrega,  de toda unha vida, ao mundo do ensino e ao fomento da cultura participativa, a través do cinema, o teatro, as letras, a música, as artes… colaborando sempre cun sentido do protagonismo colectivo sobre o individual.
Á asistencia a estes actos queremos convidarvos coa certeza de que Roberto gozará da vosa presenza e participación.

 Acto Cívico
Ás 12 horas, no Cemiterio de Catabois.
Ofrenda floral.
Interpretación musical e poética e breves intervencións da organización e o Concello.

Acto Homenaxe
Ás 20,30 horas, no Teatro Jofre de Ferrol.
Proxección dún documental sobre a súa obra e vida.
Intervencións personais e institucionais,  glosando  diversos aspectos deste ferrolán tan rico en actitudes e solidariedades.
Intervención poética e Musical.

As localidades pódense retirar, xa,  en horario de taquilla no Teatro Jofre, en razón de catro por persoa.
Agardando contar coa vosa presenza, moitas grazas a todos/as

Apoian e Colaboran nesta Homenaxe:
Concellos de Ferrol, Moeche, Ribadeo, O Barco de Valdeorras e Petín.
Asociacións: Ateneo Ferrolán, Fuco Buxán, Muiño do Vento, Filarmónica Ferrolana, Bartoleta Teatro, Memoria Histórica Democrática. Pequecoro, A.C.
Equipa Normalización Lingüística Conservatorio Música “Xan Viaño”
Institutos “Concepción Arenal” Ferrol e “Lauro Olmo” de O Barco de Valdeorras. Amigos de Roberto Casteleiro.

Roberto Casteleiro Fernández “Caladiño”
Ferrol 1939 – Barcelona 2016

De ascendencia mugardesa e ferrolá.
Estudou na Escola Obreira e Escola de Aprendices de BAZAN. Operario de Electricidade.
Foi un dos impulsores, nos anos 60, do Bacharelato Nocturno no Instituto Concepción Arenal, o que resultou ser un paso moi importante de promoción educativa e cultural para os traballadores.
Participou das actividades do Cine-Club e do Teatro Estudio.
Deixou BAZÁN e licenciouse en Historia pola Universidade de Barcelona.
A Tesina de licenciatura é un traballo sobre “A Colonia Güell” de Sta. Coloma de Cervelló (Barcelona) dirixida polo profesor Florit, 1978.
Nos anos 70 exerceu a docencia no  Instituto “Marqués de Suances” (organizando a Biblioteca) e o Seminario de Graduados Sociais de Ferrol.
Colaborou activamente co Ateneo Ferrolán e outros movementos Culturais da cidade.
Aprobadas as oposicións, como profesor de Formación Profesional, foi destinado ao IES “Lauro Olmo” do Barco de Valdeorras.
Alí, durante 6 anos, levou a dirección do Grupo de Teatro do Instituto, facendo moitas representacións pola comarca e dinamizando a vida cultural de O Barco.
Foi protagonista, ca personaxe “Caladiño” da primeira longametraxe realizada en Galicia: “Sempre Xonxa”, de Chano Piñeiro.
De novo en Ferrol impartiu clases no IES de Leixa e no Instituto Carvalho Calero até a súa xubilación en 2001.
Colaborou co Grupo de Teatro do Instituto Concepción Arenal.
Foi un dos impulsores do Liceo Rubia Barcia. Organizando numerosas actividades culturais : Exposicións,. Conferencias, catalogación da Biblioteca de José Rubia Barcia, Cinema, Teatro, etc.
Creou e dirixiu o Grupo Teatral “O Castelo”, en Moeche, representando numerosas obras, por diversos puntos de Galicia, especialmente “Os Irmandiños” e “Pedro Madruga” ambas de Daniel Cortezón.
No 2000 participou como actor e co-director da montaxe “Unha Batalla de Brión” no 200 aniversario daquel evento.
Publicou diversos traballos e colaboracións na prensa, Ferrol Análise e outras publicacións.
Cofundador da A.C. Fuco Buxán, organizou a súa Biblioteca e colaborou nos 40 números da súa Revista “Razón Socialista”.
Foi nomeado, polo Concello de Ferrol, “FERROLÁN DO ANO 1990”.

ENLACE AO ÁLBUM FOTOGRÁFICO

https://goo.gl/photos/KNDepnm3cUZRoZ9p9


I Xornadas de Educación Inclusiva, "Un reto permanente". Venres 9 de decembro ás 19 h.


I Xornadas de Educación Inclusiva, "Un reto permanente"

Venres día 9 ás 19 h. no salón de actos do Ateneo
Entrada libre

Organiza: Esquerda Unida Ferrol (Área de Educación)

Xornadas nas que trataremos de visibilizar a realidade educativa ao respecto da inclusión no noso país. Contaremos coa presencia da Asociación Vida Activa, Asociación de Auxiliares Técnicos Educativos (ASATE) e TEIMA Asociación Síndrome Down.

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1694103547567617/

Presentación do libro editado por AGAMME: "A resposta institucional ante o abuso sexual infantil". Mércores 7 ás 19,30 h.




Presentación do libro editado por AGAMME:
"A resposta institucional ante o abuso sexual infantil"

Mércores día 7 de decembro ás 19,30 h. 
no salón de actos do #Ateneo

Intervirán:

- Estrela Gómez: Coordenadora do libro e integrante de AGAMME.
- Víctor M. López Casal: Avogado e membro de AGAMME.

Entrada libre.

AGAMME presenta o libro “A resposta institucional ante o abuso sexual infantil”

A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) presenta o mércores 7 de decembro ás 19:30 no Ateneo Ferrolán o libro de edición propia A resposta institucional ante o abuso sexual infantil. No acto intervirán membros de AGAMME para expoñer os contidos e orixe da publicación, así como o proceso de realización  da mesma.

O texto, cofinanciado polo Parlamento de Galicia, pretende ofrecer unha ferramenta útil para coñecer certos aspectos do abuso sexual infantil que adoitan dificultar a comprensión das vítimas e en consecuencia o tratamento institucional que estas reciben. 

A resposta institucional ante o abuso sexual infantil consta dunha recompilación de cinco artigos realizados por persoas de recoñecido prestixio na materia a nivel estatal e internacional: o xuíz arxentino Carlos A. Rozanski, a psicóloga experta en trastorno disociativo Sandra Baita, a psicóloga especializada en vitimoloxía Sonia Vaccaro, o psicólogo experto en mediación familiar Manuel Lopo e a psicóloga do Centro de Información dos Dereitos da Muller do Concello de Vigo, Felisa Balboa.

Tendo en conta que no 80-90% dos casos o abuso se produce no seo da familia, que as únicas testemuñas adoitan ser a vítima e o vitimario e que na inmensa maioría das ocasións non causa lesións que teñan como único diagnóstico o abuso sexual, a proba central para a investigación deste tipo de delitos é o testemuño do neno, nena ou adolescente vítima. Arredor deste asunto xira o libro, observado dende cinco diferentes puntos de vista.

O proxecto enmárcase no traballo realizado por AGAMME dende a súa creación en 2010 para que se recoñeza o verdadeiro impacto e dimensión da problemática (segundo o Consello de Europa 1 de cada 5 menores de idade sofren abuso sexual), para que se sitúe ás vítimas no centro do procedemento e que este se adapte ás súas necesidades e para que o abuso sexual sexa recoñecido como un problema de interese público.

No acto darase a coñecer tamén de que modo se poderá adquirir o libro, información que estará dispoñible na páxina web da entidade e nos seus perfís de facebook e twitter.

Desde AGAMME agradecemos a difusión desta información. 

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/211279549322968/



III Xornadas de Documentación do Ateneo. Xoves día 1 e venres día 2 de decembro ás 17 h.


III Xornadas de Documentación do Ateneo

"Bibliotecas especializadas: experiencias"

O xoves día 1 e venres día 2 de decembro ás 17 h.

As Bibliotecas Especializadas nas III Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán

O Ateneo Ferrolán celebrará o xoves 1 e o venres 2 de decembro, a partir das 17.00 horas, na súa sede da rúa Magdalena, as III Xornadas de Documentación «Bibliotecas especializadas: experiencias», presididas polo concelleiro de Cultura de Ferrol Suso Basterrechea.

Como instrumento social, as bibliotecas especializadas proporcionan elementos informativos a investigación (científica, humanística e social), a educación e a formación académica e lúdica en ámbitos sociais moi concretos. Dita contribución merece quedar reflectida en traballos que permitan inferir esas achegas e, a súa vez, expoñer as necesidades e debilidades ás que están comprometidas, polo tanto, afín dos anos anteriores e continuando co propósito de dar visibilidade e comunicar á sociedade a importancia do traballo que realizan os arquivos, bibliotecas e centros de documentación o Ateneo Ferrolán presenta as III Xornadas de documentación.

A profesora e vicedecana da Facultade de Humanidades e Documentación da UDC, Rocío Ameneiros Rodríguez, impartirá a conferencia inaugural poñendo en contexto o concepto, a tipoloxía e funcións das bibliotecas especializadas e as súas coleccións.

Pola súa banda, Tomás Lagunas Montero, facultativo da Biblioteca do Campus de Esteiro “Casa do Patín” abordará a formación en estratexias na investigación e a formación documental destinada aos estudantes de Fin de Grao e Fin de Máster.

Para rematar o primeiro día das xornadas, Eliseo Fernández Fernández, como responsable da Biblioteca Técnica da “Escuela Antonio de Escaño”, enumerará os servizos que prestan as distintas Bibliotecas da Escola aos alumnos e persoal.

Ao día seguinte, responsables do Centro Público de Educación e Promoción de Adultos (E.P.A.P.U.) do Centro Penitenciario de Teixeiro, relatarán as experiencias da biblioteca escolar como dinamizador da vida académica nun medio penitenciario.

A continuación, Félix Villares Mouteira, director da Biblioteca do Real Seminario de Mondoñedo e do Arquivo Diocesano de Mondoñedo-Ferrol explicará as características dunha das máis importantes bibliotecas do país cun fondo de monumental importancia histórica e patrimonial.

Uxía Gutiérrez Couto pechará as xornadas cunha charla sobre a Biblioteca Virtual do Sistema Público de Saúde de Galicia, a evolución dunha biblioteca hospitalaria presencial a unha biblioteca virtual para os profesionais e usuarios dos servizos públicos de saúde.

As XornadasDOC, que son abertas ao público, finalizan cun coloquio moderado por Fernando Rivera, responsable da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán.

O contexto das XornadasDOC

As XornadasDOC do Ateneo Ferrolán teñen entre os seus obxectivos dar visibilidade e comunicar á sociedade a importancia do traballo que realizan os arquivos, bibliotecas e centros de documentación.

Máis información


Máis información no sitio web: http://xornadasdoc.ateneoferrolan.org





Fotos: https://www.facebook.com/pg/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/photos/?tab=album&album_id=1778400312415948

Ferrol en negro contra a violencia machista. Venres #25N Proxección "Ladybird, ladybird" ás 19 h.



#25N Dia Internacional Contra a Violencia de Xenero

O Ateneo Ferrolán participa da campaña:

"Ferrol en negro contra a violencia machista"

Campaña: http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/

O 25 de novembro foi declarado Día Internacional contra a Violencia cara á muller no Iº Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981.

Neste encontro as mulleres denunciaron a violencia de xénero a nivel doméstico e a violación e o acoso sexual a nivel de estados incluíndo a tortura e os abusos sufridos por prisioneiras políticas.

Elixiuse o 25 de novembro para conmemorar o violento asasinato das irmás Mirabal (Patria, Minerva e Maria Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana.

En 1999, a ONU deu caracter oficial a esta data

A violencia de xénero é unha secuela que non podemos combater sen a implicación de todas e todos.


O venres dia 25 de novembro as 19 h. no Ateneo Ferrolán 

Proxeccion da pelicula de Ken Loach “LADYBIRD, LADYBIRD”

Ano 1994 Duración 102 min. País Reino Unido
Director Ken Loach

Reparto: Crissy RockVladimir Vega, Ray Winstone, Sandie LavelleMauricio VenegasClare PerkinsJason Stracey

Sinopse: Maggie ten catro fillos, todos de distintos pais e que, debido ao violento ambiente familiar, están a cargo dos servizos sociais británicos. Cando Maggie coñece a Jorge, un refuxiado hispanoamericano, albisca a posibilidade de refacer por fin o seu fogar. Con todo, o seu pasado segue atormentándoa. Unha vez involucrada na burocracia da asistencia social, resultaralle moi difícil conseguir a custodia dos seus fillos, pero Maggie non se dá por vencida.

Presentación do libro «El Fulgor». Xoves 17 de novembro ás 19 h.



Presentación do libro «El Fulgor» 
da autora Magali Rodríguez  
Xoves día 17 de novembro ás 19 h. no salón de actos do #Ateneo

Sinopsis:
«Durante el Baile de Primavera, cuando la paz reina en el Ducado, un incendio devasta la mansión. Una extraña pareja murmura entre cortinajes. El caos corre como la pólvora y no hay escapatoria posible del infierno.
Seis meses antes los engranajes de una armonía confusa encajan mientras la Duquesa se adapta a sus cercanos treinta años. Los gemelos Casio y Owen son incapaces de ocultar el desprecio mutuo. Los hermanos Lisitsa dividen sus caminos y Libelle se preocupa por un secreto que no debería haber descubierto.
La cuenta atrás ha comenzado, ¿cómo se inició el incendio? ¿Quién es el culpable? ¿Quién sobrevivirá?»

Es una novela que mezcla lo fantástico con la ciencia ficción. Una distopía en un mundo perfecto que oculta otra realidad bajo su esplendor.

Sobre mí:
Nací en Buenos Aires, Argentina en 1990, A los 14 años me vine a vivir a España con mi familia y desde entonces vivo en Ferrol. Desde niña siento una auténtica pasión por la literatura. Participé en varios concursos, ganando el concurso de microrrelatos en gallego con el relato "O novo mundo" organizado por el CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro en el que estudio.

Redes Sociales:

"Fotografiar con mal tiempo, un buen momento" de Eduardo Blanco Mendizábal. Venres día 18 ás 20,30 h.



Eduardo Blanco Mendizábal presenta o seu libro 
"Fotografiar con mal tiempo, un buen momento"

o venres día 18 de novembro, ás 20.30 h no Ateneo Ferrolán (Ferrol).
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA.

Esta obra está especialmente indicada para aqueles afeccionados á fotografía que desenvolven a súa actividade ao aire libre e para os apaixonados da meteoroloxía que desexan mellorar a súa técnica fotográfica.

"O autor analiza as diversas condicións atmosféricas e os fenómenos físicos que se producen na natureza (nubes, tormentas, eclipses, néboa, meteoros ópticos, auroras polares, volcáns, terremotos, etc.) e achega consellos prácticos para sacarlles partido. Para iso baséase na súa experiencia como fotógrafo profesional, xa que traballou esta temática durante varios anos visitando lugares como o deserto do Sahara, a selva do Amazonas, o macizo dos Alpes ou o círculo polar ártico, sen esquecer o que sucedía á beira da súa casa.

Ademais de valiosos recursos técnicos e os datos de realización da toma, neste libro atoparás unha variada galería de imaxes que inspirarán as túas próximas saídas fotográficas".


Máis información sobre o libro: 

http://ebmfoto.com/tienda/libros-ebooks/foto-mal-tiempo/

Related Posts with Thumbnails