Buscar neste blog

28 febreiro 2019

Presentación libro “Feminicidio: Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión”. Venres 1 de marzo ás 19,30 h.


Presentación do último libro de Carme Adán 
“Feminicidio: Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión”

Editorial Galaxia

                             Venres día 1 de marzo de 2019 ás 19,30 h.

O patriarcado non acouga. Adáptase aos novos tempos. Tempos de submisión, seica. Ou non. Tempos en que o silencio xa non pode ser cómplice, senón de toma de conciencia. E o ser humano toma conciencia do que pasa a través das palabras, por iso as verbas son tan importantes, e por iso cómpre atopar as verbas precisas para nomear a realidade e explicala. E por iso é importante falar de feminicidio. Por que non? Porque é un feminicidio o que está acontecendo. 


Mais non é este só un libro de palabras, porque, como di a autora, coñecida e importante intelectual galega no eido do pensamento feminista, as palabras teñen carne. E as mulleres son de carne e son reais. Como o patriarcado que, entre todas e todos, debemos entender para poder combatir.

Ningún comentario: