O Ateneo Ferrolán cara o 8M " Día Internacional da Muller Traballadora" e para chamar a participación en tal día senlleiro na loita feminista queremos animar convocando un concurso de cartaces de tema feminista e contra a violencia machista.
As bases do concurso son as seguintes :
1. Quen pode participar. Calquera de calquera idade.
2. As obras teñen que ser inéditas e ser enviadas de modo dixital a secretaria@ateneoferrolan.org
3.Pódense enviar ata o día 3 de marzo as 00.00
4. Cédense os dereitos da obra para publicidade e defusión.
5. O xurado estará conformado por tres mulleres feministas.
6. O fallo do concurso dárase a coñecer o 7 de marzal.
7. Os premios económicos serán de 1º 150€ 2º 100€ e 3º 50€
8. As obras con maior puntuación formarán parte dunha exposición no propio Ateneo Ferrolán.
Para maior información ou dúbidas escribir a secretaria@ateneoferrolan.org
“O feminismo é a idea radical que sostén que as mulleres somos persoas” (Angela Davis)