Buscar neste blog

Síguenos en...

19 decembro 2022

Charla: "O eco dos feitos do 10 de marzo de 1972 na prensa de Europa e América". Martes día 20 ás 19,30 h.

 


Martes día 20 de decembro ás 19,30 h. no Ateneo
Charla: "O eco dos feitos do 10 de marzo de 1972 na prensa de Europa e América"

Coa participación de Rosa Cal escritora e profesora emérita de xornalismo na UCM.
 
Organiza: Club De Prensa

14 decembro 2022

XXVIII Xornadas da Gaita Antón Varela (Tonecho) 2022. Sábado 17 de decembro ás 19,30 h.

 


XXVIII Xornadas da Gaita Antón Varela (Tonecho) 2022
 
Sábado día 17 de decembro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán
 
 
- Presentación do libro "O toque pechado" de Pablo Seoane
- Actuación cuarteto de AGARIMO de CATABOIS ( 45 ANIVERSARIO)
 


 
 

30 novembro 2022

XXII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2022. Martes día 13 e Mércores 14 de decembro de 2022 ás 19 h.

 



XXII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2022


13 e 14 de decembro de 2022 ás 19 h. no #AteneoFerrolán


Participa e Difunde!!!!


Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 30 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano.


Normalmente recibimos as curtas a traverso da plataforma vimeo. Se utilizas esta plataforma, necesitamos saber a ligazón á curta máis o contrasinal para poder acceder a ela e coa opción "Descarga" habilitada para que nós a poidamos descargar. Pero tamén estamos totalmente abertos a calquera outro método que utilices (outra plataforma calquera ou se xa está público, a ligazón para poder collelo). Tamén aceptamos correo ordinario ao enderezo físico da nosa entidade.



Os días 13 e 14 de decembro de 2022, levarase a cabo a XXII MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.


A Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.


Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.


O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.


SELECCIÓN CURTAMETRAXES 2022





25 novembro 2022

"El machismo es el miedo de los hombres a las mujeres sin miedo". Eduardo Galeano.


  

"El machismo es el miedo de los hombres a las mujeres sin miedo". Eduardo Galeano.


#Ateneo #SomosCultura #25N #MachismoMata #QuerémonosVivas #FerrolEnNegro #FeminismoParaTransformar

 

21 novembro 2022

Presentación do libro "A irrelioxiosidade en Occidente: a súa historia e vicisitudes". Xoves 24 de novembro ás 19,30 h.

 


 
 
Presentación do libro "A irrelioxiosidade en Occidente: a súa historia e vicisitudes" polo seu autor, Flavio Lopez Lopez acompañado de Jesús Porta Dovalo
 
Xoves día 24 de novembro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán

"A fuxida do bou Ramón". Exposición Fotográfica ate o 25 de novembro de 2022. Conferencia.

 

"A fuxida do bou Ramón"

Exposición fotográfica ate o 25 de novembro de 2022

Proxección do documental, presentación do libro e visita guiada

Mércores 23 de novembro ás 19,30 h.

08 novembro 2022

Presentación do libro ‘A primeira resistencia armada ao golpe militar en Galicia (1936 – 1940)’ . Venres día 11 de novembro ás 19,30 h.

 


Presentación do libro ‘A primeira resistencia armada ao golpe militar en Galicia (1936 – 1940)’ do que son autores Eliseo Fernández e Dionísio Pereira.
 
Venres día 11 de novembro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán
 
Este traballo repasa un tema pouco abordado polos investigadores, como é a “prehistoria” da resistencia armada. As orixes e raíces das que despois serían as grandes organizacións aglutinadoras da resistencia guerrilleira como a Federación de Guerrillas de León-Galiza ou o Ejército Guerrilleiro de Galicia.
 

11 outubro 2022

MARTES de CINE: Ciclo Cine: FLORIÁN REY. Martes ás 19 h.

 



 
  
 MARTES de CINE no Ateneo Ferrolán ás 19 h.
 
 
CICLO de CINE: Florián Rey (Director)
 
Martes día 11 de outubro: "La aldea maldita" (1942)
 
Martes día 18 de outubro: "Morena clara" (1936)
 
Martes día 25 de outubro: "La Dolores" (1940)
 
Martes 8 de novembro: "Nobleza baturra" (1935)
 
Entrada gratuíta

27 setembro 2022

Proxeccións de Cine Clásico Fantástico previas a HispaCon 2022. Outubro 2022.

 


En Ferrol do 7 ao 9 de outubro de 2022
 
A HispaCón 2022 terá varias sedes, todas elas situadas no histórico barrio da Magdalena, no centro de Ferrol.
 
Proxeccións de Cine Clásico Fantástico previas a HispaCon 2022 no Ateneo Ferrolán os días 4, 5 e 6 de outubro ás 19 h.. Entrada libre.
 
 

hispacon.org