Buscar neste blog

Síguenos en...

22 marzo 2010

Revista ATENEA nº37

Xa están a rúa o número 37 de “ATENEA” a revista trimestral do ATENEO FERROLÁN

SUMARIO ATENEA  36


EDITORIAL
BIBLIOTECA - HEMEROTECA
  • Novidades Biblioteca – Hemeroteca Marzo 2010
XENTES
  • LETRAS GALEGAS: UXÍO NOVONEYRA
FALAMOS DE ......
  • MIGUEL HERNÁNDEZ
  • A NOITE DE SAN XOAN
  • CASTELAO 60 ANOS DESPOIS. UNHA PEQUENA LEMBRANZA
  • REAL ACADEMIA GALEGA
ARTIGOS
  • “Na sombra íntima de Uxío Novoneyra” (1) por Rosa Méndez Fonte
  • ELISEO FERNANDEZ “CENTENARIO DA CNT”
  • MANIFESTO ROSALÍA
  • HURBINEK por ALBERTO SUCASAS (Profesor Filosofía na Universidade da Coruña)
  • A AUDIENCIA DESOBEDECE E TOMA OS MEDIOS por DAVID FERNANDEZ GARCIA
  • Unha lección de supervivencia a través da Música de Gaita por Ana Martín García. Licenciada en Xeografía e Historia e en Xornalismo
PROGRAMACIÓN
  • PROGRAMACIÓN ABRIL – MAIO – XUÑO 2010
  • MARTES DE CINE
  • CONVOCATORIA CERTAME MEDIO AMBIENTE
MULLER
  • “A Guerra dos Corpos” por LUPE CES
O PARNASO
  • UXÍO NOVONEYRA
  • MIGUEL HERNÁNDEZ


CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA
María Xosé  Villar Corral DESEÑO, MAQUETACIÓN e ILUSTRACIÓNS
Cocinanegra  COLABORACIÓNS:  Rosa Méndez Fonte, Eliseo Fernández, Alberto Sucasas, David Fernández García, Lupe Ces, Ana Martín García. 

Temos entradas para o concerto de Queremos Galego

Xa están á venda as entradas para o MacroFestival en defensa da lingua que organiza a Plataforma Queremos Galego.

O festival será en Ponteverda, no Recinto Feiral o 17 de Abril ás 19:30hs. o prezo da entrada é de 12€ na taquilla e 10€ anticipada.

No festival estarán Berrogüetto, Ruxe-Ruxe, Luar na Lubre, Zurrumalla, Fuxan os Ventos, Os 3 Trebóns, A Quenlla, Fía na Roca, García Mc, GalegoZ, Lamatumbá, Os Carunchos, Espido, Uxía Senlle e a Asociación de Gaiteiros Galegos.

Podes mercar a túa entrada no Ateneo Ferrolán ou consultar aquí os puntos de venda: Queremosgalego.org

10 marzo 2010

Presentación da Carpeta homenaxe a Uxío Novoneyra no Ateneo Ferrolán

O venres 12 de marzo, às 20:00hs., terá lugar a presentación no Ateneo Ferrolán, da reedición especial da Carpeta homenaxe a Uxío Novoneyra con poemas, fotografías e estampas de pintura que fixeron os creadores na homenaxe de hai dez anos.

Esta reedición da carpeta está editada por Rei Zentolo, con motivo da adicatoria a Uxio Novoneyra do Día das Letras Galegas 2010.

No acto contaremos coa participación de seu fillo, Uxío Novoneyra Rei.

03 marzo 2010

Concerto de "ABRIL Fado Atlántico" no Ateneo.


O sábado día 6 de marzo de 2010 ás 20,30 horas, no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, teremos a actuación de ABRIL Fado Atlántico.

ABRIL Fado Atlántico é un proxecto musical de fado e outras músicas relacionadas coa cultura atlántica galego-portuguesa que experimenta sobre a fusión das influencias europea, indíxena e africana que deron como resultado estilos propios e definidos como o fado o tango ou o chorinho.

Exposición de pintura de Marco A. Cerrón


A exposición de pintura de Marco A. Cerrón, estará na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán, do 5 o 17 de marzo de 2010.

A inauguración será o venres día 5 de marzo ás 20 horas no Ateneo Ferrolán.

25 febreiro 2010

A Corporación: ¿Institucións ou psicópatas?

A Corporación: ¿Institucións ou psicópatas? (2003), proxectarase o xoves 25 de febreiro ás 19 horas na Sala de Proxeccións do Ateneo Ferrolán

"The Corporation" é unha película dirixida por Mark Achbar e Jennifer Abbot que en tres capítulos de aproximadamente unha hora analiza o mundo empresarial. Está baseado no libro co título ‘La Corporación - la persecución patológica del beneficio y el poder’, de Joel Bakan.

A película, entre outros premios acaba de gañar o premio da audiencia ao mellor documental no festival de cine de Sundance, ao que por premura non se presentou, pero foi invitada especialmente e aclamada polo público.

"Fai 150 anos, a corporación era unha institución insignificante. Hoxe é unha presenza viva, dramática e persuasiva en todas as nosas vidas. Ao igual que a Igrexa, a Monarquía e o Partido Comunista en outros tempos ou lugares, a corporación é hoxe a institución dominante. Pero a historia fai caer ás institucións dominantes. Todas foron abatidas, reducidas ou absorbidas nun novo orde. A corporación ten poucas posibilidades de desafiar a historia.”

19 febreiro 2010

Concurso de composición "Constantino Bellón 2009"

Concurso de Composición do XIX Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" 2009.

A posta en escena do Concurso de Composición do Constantino Bellón do ano 2009 está programada para o mércores día 10 de marzo ás 20,30 h. no Teatro Jofre coa participación dos tres finalistas e a Orquestra do Conservatorio Superior da Coruña.

O PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista 2009 JESUS RODIL RODRIGUEZ pola partitura "LUGRÍS" para Gaita Solista, Orquestra de corda, percusión e piano.

E os accésits desta pasada edición:
  • JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra "TUMBALEIRA" para Gaita, Orquestra de Corda e Piano.
  • PABLO DEVIGO VÁZQUEZ coa obra "JOTA" para Gaita, Orquestra de corda e Piano.
Así mesmo faráse a PRESENTACIÓN do dobre CD correspondente a edición do 2008 do devandito Concurso de Gaita Galega

DOCEPORCINCO ponencias proxeccións no Ateneo Ferrolán

O  próximo sábado 20 de febreiro ás 19:00 horas no Ateneo Ferrolán.

DOCEPORCINCO, unha serie de ponencias de 5 minutos de duración cada unha, ate un total de 11, e un envolvente xeral que será a actuación de Carlos Villena (músico experimental de Barcelona) como peza número 12 deste evento, do que dedúcese e cumpre o concepto do seu nome, DOCEPORCINCO.

Está aberto a todo o mundo que queira pasar polo auditorio do Ateneo, e a velada será completada con pinchos e barra de bar, para crear un ambiente máis distendido e de exposición artística. Axunto a este correo o cartel do evento.

DOCEPORCINCO na súa primeira edición reúne 12 artistas de puntos diferentes da península como son Cataluña, Andalucía, Asturias e Galicia, e xúntaos para que nos presenten os seus proxectos máis frescos de ámbitos moi dispares da arte.

Axudados por un micrófono e un proxector estes artistas contarannos as súas inquietudes e amosarán o seu traballo no salón de actos do Ateneo Ferrolán. Desta forma creadores da zona e outros de distintos puntos de Galicia e España pódense dar a coñecer, na súa propia casa uns e noutro ámbito máis lonxe do seu núcleo outros.

Unha iniciativa en vangarda actualmente (polo concepto) e que esperamos contaxie rapidamente; confiamos en que a palabra falada e a mostra de arte en grandes tamaños como o que nos permite unha proxección supera en atractivo á difusión artística por internet, polo que humanizase así o que nun principio era humano. Baseado nesta filosofía escolléronse 12 proxectos que teñen en común unha base, que é a natureza expresiva e  de entendemento entre persoas, por iso estes artistas falarán do seu propio traballo, porque nada mellor que escoitar cómo nolo contan eles para entendelo.

Tamén cabe destacar que teremos presentadores de excepción para axilizar un pouco a arquitectura do evento.

As ponencias correrán a cargo de:
Iago Barreiro / Fotografía / A Coruña
A Garola / Editorial Teatral / Cedeira
Rubén Darío / Pintura / Barcelona
Ángel Manso / Fotografía / Ferrol
Paula Martínez / Gravado en pedra / Lanzarote (incorporación substitutiva de Iván Erre)
Pablo Portero / Guión / Santiago de Compostela
Thr3hold / Visuals / Gijón
Eduardo Hermida / Acción Artística / Ferrol
Helga Méndez e Alicia Seoane / proxecto para Casa das Artes / Ferrol
Eva Morell e Noemí Diaz-Patiño / novo Fanzine Colores / Málaga-Vigo
Chus Sánchez / Fotografía / Barcelona

...e a actuación a cargo do paisaxista sónico Carlos Villena (Barcelona), fundador do selo Mantricum, xa coñecido do mundillo do Ambient/Experimental e colaborador de diversos proxectos de ambient e noise en diversos puntos do planeta, que nos envolverá con cortes de inicio do evento e clausura.

Doceporcinco é unha iniciativa persoal de Pablo Limorte, fotógrafo de 28 anos nacido en Ferrol, que produce e organiza o evento con axuda de Eva Morell, deseñadora malagueña de 28 anos, a cargo da imaxe e o planning comunicativo.

email da organización: doceporcince@gmail.com

15 febreiro 2010

Exposición “Solidaridad Obrera, 100 años de prensa anarcosindicalista”

O luns 15 de febreiro, ás 20 horas, terá lugar a inauguración da exposición “Solidaridad Obrera, 100 años de prensa anarcosindicalista” nos locais do Ateneo Ferrolán, organizada pola Federación Local da CNT de Ferrol.

No centenario do nacemento do sindicato CNT, esta exposición percorre tamén os cen primeiros anos de vida do xornal “Solidaridad Obrera”, o voceiro histórico desta organización. A exposición recolle as épocas e as persoas máis significativas da vida deste xornal, ao tempo que se percorre unha longa historia de traballo e loita da clase obreira.

A exposición permanecerá nos locais do Ateneo Ferrolán até o día 20 de febreiro e pode visitarse de luns a venres de 11.30 a 13.30 e de 17 a 21 horas e os sábados, de 10.30 a 13.30 horas.

04 febreiro 2010

Presentación do libro: "55 mentiras sobre a lingua galega"

O venres 5 febreiro ás 20,30 horas, no Ateneo Ferrolán. Presentación do libro: "55 mentiras sobre a lingua galega", editado por PROLINGUA e LAIOVENTO.

A Plataforma Prolingua presentará mañá venres a súa primeira publicación, que leva por título "55 mentiras sobre a lingua galega", coordinado polo profesor da Universidade de Vigo Xosé Henrique Costas. O libro ofrece unha análise dos prexuízos máis comúns que difunden "os negocionistas do idioma".

Trátase segundo os seus promotores, dunha "reacción organizada, limpa e contundente contra as difamacións dos que buscan o esmorecemento da lingua propia de Galiza". No acto falarán Xosé Manuel Sardiña, Xosé Lastra Murais e Xosé Manuel López.

A presentación será simultánea en outras 63 localidades.

XX Certame Fotográfico sobre Medio-Ambiente 2010

O Ateneo Ferrolán, con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, organiza coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente e da Concellaría de Educación do Concello de Ferrol un concurso fotográfico para afeccionados e profesionais, que se rexerá polas seguintes Beses.

30 xaneiro 2010

Concerto acústico de Fito Mansilla e Marcos Mella

Concerto acústico de Fito Mansilla e Marcos Mella o sábado 6 de Febreiro às 20hs. no salón de actos do Ateneo Ferrolán.

26 xaneiro 2010

Proxección do documental: A CIDADE DA SELVA



Mércores día 27 de xaneiro ás 19 horas.
Proxección do DOCUMENTAL: A CIDADE DA SELVA. Presenta Bernardo Maiz.

A cidade da selva era o nome dun refuxio para os guerrilleiros antifranquistas ubicado no Barco de Valdeorras. Este documental recolle, a través dos testemuños dos protagonistas, a historia da guerrilla e dos fuxidos en Galicia. A película abrangue desde os tempos da República até a morte do último guerrilleiro, no ano 1954.

Os seus nomes chegaron a ser case míticos. Apúñanselles tanto as maiores fazañas como as falcatruadas máis grandes. Deixaron unha fonda impresión na memoria popular que se mantivo durante anos asociada ao medo de falar deles. Son os guerrilleiros, personaxes históricos e seres míticos que agora van xurdindo en certo xeito do seu esquecemento. Agora, o documental "A cidade da selva" recupera esta memoria directamente da voz dos seus protagonistas.

Sinopse:
Detrás da figura dun guerrilleiro había biografías do máis dispar. Desde labregos que nalgún momento participaran nas loitas agrarias, mariñeiros vencellados ao daquela poderoso sindicalismo do sector, mestres perseguidos, obreiros comunistas e mesmo liberais partidarios da república a quen un día se lles deu o aviso de que a súa vida corría perigo. Coñecidos nun primeiro momento como "fuxidos", comezaron unha existencia clandestina e a miúdo solitaria na que o principal obxectivo era a supervivencia. Aos, poucos cristalizou coma noutros lugares do Estado, a formación dun movemento organizado cunha ampla rede información e de apoios que lle que permitiría sobrevivir á propia Guerra Civil. Foi en 1944 canso se creou o Corpo de Guerrillas de Castela e León, promovido polo PCE e con catro agrupacións organizadas. Canda a elas sobreviviron aínda outros fuxidos fóra da órbita comunista. A presión policial e militar, canda a decisión do PCE en 1949 de abandonar a estratexia guerrilleira foi afogando este colectivo. De calquera xeito foi en 1965 cando caeu o último destes fuxidos, o famoso "Piloto".