Buscar neste blog

Síguenos en...

20 setembro 2012

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Benquerido/a socio/a:

Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o xoves día 4 de outubro ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segunda no auditorio do Ateneo Ferrolán, coa seguinte

ORDE DO DÍA
  • 1.- Situación do edificio da nosa sede.
  • 2.- Presentación programación actividades 4º trimestre.
  • 3.- Memoria económica. Donativos e cotas.
  • 4.- Campaña captación socios e socias.
  • 5.- Estatutos. Socios protectores.
  • 6.- Rogos e preguntas
Sen máis e agardando a túa imprescindible asistencia, recibe un cordial saúdo da Xunta Directiva,

Asdo.- Ramón Veloso Rodríguez
Presidente

22 agosto 2012

O xoves 23 de agosto a partir das 8 da tarde 
no Palco da Música do Cantón de Molíns.

FESTIVAL EN APOIO AO ATENEO FERROLÁN 
E A SÚA SEDE
musicas, letras, teatro, artes plásticas .... 

Acude e difunde!

Dende xa, damoslle as grazas as colaboracións para levar a cabo este acto.

04 xuño 2012

Listado da Selección do XXII Certame Fotografía Medio Ambiente 2012.

Listado da Selección do XXII Certame Fotografía Medio Ambiente 2012.
Noraboa a tod@s!

INAUGURACIÓN: martes día 5 de xuño de 2012
HORA: 20 horas.
LUGAR: Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.

O Xurado cualificador do XXII CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2012, organizado polo Ateneo Ferrolán, integrado por RODRIGO RAMOS ARDA (Fotógrafo), OVIDIO ALDEGUNDE ÁLVAREZ (Fotógrafo) e XOAN PORTO (Fotógrafo) e actuando como secretaria sen voto, CRISTINA MEIZOSO ALONSO, reunido o día 31 de maio de 2012, toma os seguintes acordos: seleccionar un total de 50 fotografías para a exposición fotográfica e entrega de Premios.
  • ALBERTO PORRES VIÑES – TARRAGONA
    MAR EN CALMA
    INMENSIDAD
  • ANA ISABEL PERNAS TARACIDO, CARIÑO (A CORUÑA)
    CATIVEIRO
  • CARLOS CRUZ LOPEZ, FERROL
    PAISAJE ARTIFICIAL
  • EDUARDO PEREIRA GORGOZO, NARÓN
    XIRASOLES E FABRICAS
    OLLADA DE NAI
  • FERNANDO ROMÁN AREÁN, MILLADOIRO - AMES (A CORUÑA)
    BOLBORETA
    CASTIÑEIRO
  • GUILLERMO LLORCA FREIRE, FERROL
    INVERNÍA
  • IVÁN FERNÁNDEZ TABOADA, FERROL
    CONSTRUCCIONES QUE TOCAN EL CIELO

  • JESÚS PAZOS LAVANDEIRA,  FERROL
    PASTOREO
    ENFERMA TERMINAL
  • JORDI REIG PURGIMON, SOLSONA (LLEIDA)
    ROELLA
    OCELL
  • JORGE MEIS DÍAZ, FERROL
    NUBES
    AGUA DE LLUVIA

  • JOSÉ ARDÁ BLANCO, LIMODRE - FENE
    (DE)LIRIOS
  • JOSE FRANCISCO RODRIGUEZ NIETO, NARON
    EL ULTIMO ARBOL
  • JOSE JUAN BUJONES COUCE, O BURGO - CULLEREDO (A CORUÑA)
    EL GUARDIÁN DEL MAR
  • JOSE LUIS GARCÍA GARCÍA, MÁLAGA
    AMANECER
    SEGOU
  • JOSE MEIS MEAÑO, MABEGONDO - (A CORUÑA)
    PAISAJE PRIMITIVO (FERROLTERRA)
    DIALOGOS ARBOREOS
  • JOSÉ ROMERO PARADELA, A CORUÑA
    GOLPE DE MAR
  • JUAN ANTONIO PALACIOS GARCÍA, EIBAR (GUIPÚZCOA)
    OTZARRETA
    AMANECER EN DEBA
    SAKONETE
  • JUAN MANUEL HERNÁNDEZ LÓPEZ, COLLADO - VILLALBA (MADRID)
    BOSQUE ANIMADO
    PAPAMOSCAS CERROJILLO
    BUITRES NEGROS
  • LUIS BOTANA PÉREZ, FERROL
    ESTRELLAS DE MAR
  • MANUEL LÓPEZ FRANCÉS, VILLENA - ALICANTE
    PESCA EN CIUDAD DE ÁGILAS 4
    CAMINO A LA PLANTACIÓN
    MANOS QUE TRABAJAN, NO SON MANOS, SINO ALHAJAS
  • MARIO LLORCA LOUREIRO, SANTIAGO DE COMPOSTELA
    EL MUNDO DIMINUTO
  • MARIO PEREDA BERGA, MADRID
    IN.S.O.S.TIBLE
  • MIGUEL ALEJANDRO AGREDA ROJAS, QUÉBEC - CANADA
    A LA INTEMPERIE
  • MIGUEL ANGEL FERNÁNDEZ PÉREZ, FERROL
    CABALIÑO DE DEUS
  • PABLO COVELO FIGUEIREDO, VIGO
    SÓLTATE

  • PABLO GUTIERREZ VARGA, FERROL
    ACORRALADOS
  • RAFAEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, MÁLAGA
    TRIUNFO DE LA NATURALEZA
  • RAMÓN SEQUEIRO FERREÑO, FERROL
    ENRREDO
  • ROBERTO MARÍN RICO, FERROL
    ABERRACIÓN

  • ROBERTO ZALDÍVAR EZQUERRO, LOGROÑO
    PAISAJE CONTAMINADO
    HERIDA ABIERTA
  • VICTOR RAMOS CANCELA, FERROL
    ANGRY BIRD
  • VICTOR RIVERA JOVE, FERROL
    INDECISIÓN
    MI RINCÓN
  • XAN XE CORRAL PAZ,  FENE
    PAISAXE DUNHA CADEIRA ESPIDA
    A FRAGA QUEIMADA

24 maio 2012

Nova sección na Revista Atenea: ESPAZO ATENEÍSTA


O Ateneo Ferrolán, pon á vosa disposición a Revista "ATENEA" nunha nova sección que chamaremos ESPAZO ATENEÍSTA, onde as socias, socios e a cidadanía en xeral teñan unha canle de expresión libre para todas as artes: poesía, narrativa, pintura, fotografía, debuxos, poesía visual, gravados, artigos, críticas... para que enviedes unha colaboración de máximo 1.000 caracteres en idioma galego que, de ser seleccionada, sairá publicada na nosa publicación. Ven sendo unha continuación do xa comezado na nosa revista, pero agora terá unha sección fixa.

De estar interesado/a, ponte en contacto con nós ou envíanos por correo electrónico a túa proposta facendo constar o teu nome, enderezo e contacto antes do 30 de xuño de 2012.

10 maio 2012

Coro Mixto Diapasón en concerto


O venres día 11 de maio ás 20,15 h. no Centro Cultural Carballo Calero, con entrada de balde e organizado polo Ateneo Ferrolán, haberá un concerto do CORO MIXTO DIAPASÓN baixo o lema:

"Homenaxe á diversidade lingüística"

 CORO MIXTO DIAPASÓN
O Coro Diapasón créase no ano 2010 froito da fusión de dous grupos corais, un deles xuveníl, que iniciaban a sua andáina neses intres.
A coincidencia o participar ámbolos dous nun obradoiro de música contemporánea, impartido polo seu director Juan Brage, foi o desencadeante e elemento decisivo no devir do Coro, xa que Diapasón interpreta fundamentalmente música coral contemporánea, tanto culta coma popular.
O Coro e unha interesante mixtura de persoas de diferentes idades. Está formado por 22 membros, moitos deles, os máis xóvenes, estudantes no Conservatorio de música de Ferrol.
No concerto de hoxe, Diapasón fará un percorrido por varios lugares do mundo, cantando temas compostos en diversas falas hasta oito distintas- tratándo de homenaxear así ó máis importante instrumento de comunicación e entendemento entre as persoas, a linguaxe.

PROGRAMA

Gabriel`s Oboe
E. Morricone / (Film La Misión) Italia. Latín

Open thou mine eyes
J. Rutter. Inglaterra Inglés

Hanacpachap cussicuinin
Anónimo. Perú. Quechúa

An Irish blessing
Popular Irlanda. Inglés

*Dirait-on
M. Lauridsen. EE.UU. Francés

*A Gaelic blessing
J. Rutter. Inglaterra. Inglés

*AveVerum
W. A. Mozart. Austria. Latín

*Unchained melody
A.North/ (Film Ghost) EE.UU. Inglés

Boiadeiro
Cavalcanti - Caldas. Brasil. Portugués

Duerme negrito
A.Yupanki / (J.Brage). Argentina. Castelán

Esta tierra
J.Busto España. Castelán

What a wonderful world
Weis-Thiele. EE.UU. Inglés

Mamma mía
ABBA / (J.Brage) Suecia. Inglés

Il Cu- cú
O. Berti. Italia. Italiano

*Os teus ollos C. Enriquez - C. Chané. Galicia. Galego

*Pomba dourada
A.Cunqueiro - L. E. Batallán. Galicia. Galego

Cada noite
R..Castro - M..Zumalave / (Domínguez). Galicia. Galego

Canto de berce
R.Groba Galicia. Galego

*Acompañamento de piano (Iago González)
Director: Juan Brage





18 abril 2012

XXII Certame Fotográfico sobre medio-ambiente do Ateneo Ferrolán.


O ATENEO FERROLÁN, con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DE MEDIO AMBIENTE, organiza coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Ferrol un concurso fotográfico para afeccionados e profesionais.

19 marzo 2012



II MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO 2012
Ferrol 21 de marzo de 2012 ás 19,30h.
Capela do Centro Torrente Ballester. Entrada de balde.

* “Memorias Rotas. A balada do comandante Moreno”
de MANANE RODRÍGUEZ
66’ Galego

Sinopse: Doloroso destino que, no pobo de Acevo na Fonsagrada, sufriron o comandante Moreno e os seus compañeiros.

* “MINAR v.t. fig. Levar á ruina pouco a pouco”
de VV.AA.
10’ Galego

Documental realizado como parte dun curso de vídeo participativo, realizado por ACSUR en Ferrol.
Sinopse: Reflicte as consecuencias no caso de que a administración dese luz verde ó proxecto de Andalucita S.L. en Goente no Pico Vello.

* “FERROL 1936”
de JORGE GIL
55’ Galego

Sinopse: Ferrol un pequeno punto dentro do territorio español, aínda que estratéxico naqueles momentos. Ano 1936.

13 marzo 2012

A Constitución de 1812. Ferrol e Alonso López

 
O Ateneo Ferrolán comprácese en convidarlle á Conferencia:

“A Constitución de 1812. Ferrol e Alonso López”

a cargo de: Teodosio Ramírez Criado.
Avogado, especialista en Dereito Constitucional. Colaborador habitual en diferentes medios de comunicación.

DATA: xoves día 15 de marzo de 2012
HORA: 8 tarde.
LUGAR:  Galería Sargadelos.

01 marzo 2012

Participa no especial: "A cultura como alimento contra a crise"


O Ateneo Ferrolán, volve a poñer á vosa disposición a Revista "ATENEA" para que enviedes un traballo en idioma galego baixo a temática:

"A cultura como alimento contra a crise"

Proxectos para accións, unha canle de expresión para todas as artes: poesía, narrativa, pintura, fotografía, debuxos, poesía visual, gravados...... e, de quedar seleccionado, publicarémolo na Atenea nº44 de abril-maio-xuño 2012.

De estar interesado/a, ponte en contacto con nós ou envíanos por correo electrónico o teu traballo facendo constar o teu nome, enderezo e contacto antes do 23 de marzo de 2012.

15 febreiro 2012

Participa na II MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO


O próximo día 21 de marzo de 2012 ás 19,30 horas, levarase a cabo a II MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO organizadas polo Ateneo Ferrolán e que nacen no 2011 como plataforma para impulsar e difundir os documentais en galego. 

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nesta MOSTRA, nos acheguen os seus traballos en formato DVD, acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos do documental.
Farase unha selección cos documentais presentados.

GRAZAS POR PARTICIPAR!