Buscar neste blog

Síguenos en...

14 xullo 2016

Exposición Venta Artistas Solidarios co Ateneo. Do 16 ao 30 de xullo no "Bar Sevilla"


Exposición Venta Artistas Solidarios co Ateneo 
do 16 ao 30 de xullo no "Bar Sevilla" (Galiano nº 20, Ferrol)

Poderás adquirir obras de artistas solidarios co Ateneo Ferrolán 
e así colaborar con esta entidade centenaria como:

Alfonso Costa, Anxo Alvarez, Carlos Pereira Martínez, Carmen Martín, Carolina Martínez, Celestino Poza, Delio Sánchez, Edu Pereira, Inma Doval, Luis Rapela, María Piensos, M.ª Luisa Rojo-Novais, María Leal, Pedro Perico, Raquel Castro, Rosa Guisán, Spela Trobec, e Xaquín Marin.


Ademáis haberá unha Sesión Vermú na inauguración 
o sábado 16 ás 13 h. amenizada polo grupo "A culpa foi de Lolo" 
e na clausura o sábado 30 de xullo un acto de poesía e música.

29 xuño 2016

Exposición e Talleres de Artesanía da A. C. "Camiño da Artesanía". 1 de xullo ás 20 h.


Exposición e Talleres de Artesanía
Organiza: A. C. "Camiño da Artesanía" 

Do 2 ao 15 de xullo nas salas de exposicións do Ateneo

Inauguración o venres día 1 de xullo ás 20 h.

ARTESÁNS PARTICIPANTES:

Cestería: Luisa Da Silva
Coiro: Ana García/ Loxe / Remedios García
Encaixe de Bolillos e Plumería: Urkoencaixes
Instrumentos Musicais e Xoguetes Didácticos:O muíño do Fabal / Emilio Romero
Lá e Xabón: Matilde Ramos
Miyuki: Nía / Eugenia Dominguez
Tallista Madeira: Alumn@s de Esteban García Alonso
Vidro: Ayenka / Agustina Motas

28 xuño 2016

"A remunicipalización da auga e o saneamento". Mércores día 29 ás 19,30 h.


Actos pola Auga en Ferrol

"A remunicipalización da auga e o saneamento"

Acto sobre o rescate da xestión pública da auga, do abastecemento e saneamento, con Luís Babiano, xerente de AEOPAS.

Mércores 29 de Xuño ás 19,30 h.
Organiza: 
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN

OBXECTIVO:
Informar e debater sobre a necesidade, rendibilidade e posibilidade de rescatar para a xestión pública o ciclo integral da auga.

 
A Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, aproveitando a visita a Galiza do xerente de AEOPAS, Luís Babiano [1], acordou programar en Ferrol, dous actos o vindeiro mércores 29 de Xuño, onde responderá ás pregunta: Que é a remunicipalización? Porque se debe remunicipalizar? E como?. Un, pola mañá, de carácter institucional, onde convidamos a todas as concelleiras e concelleiros de Ferrolterra; e outro pola tarde, público, aberto a toda a cidadanía. Pretendemos, neste actos, explicar a necesidade de iniciar un traballo institucional para a recuperación, para administracións locais, da xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento, non só a nivel local, senón que tamén ao comarcal. Anelamos o obxectivo  do retorno da auga a mans públicas, con transparencia, rendición de contas e participación cidadá.

Hai motivos para caducar a concesión

As mentiras co respecto á depuración de augas residuais no EDAR de cabo Prioriño que resultou que non depuraba que nin tan se queira un litro de auga. Os fallos estruturais da propia planta recepcionada sen as probas preceptivas que obrigou á contratación dunha auditoría técnica da mesma. O sistema de saneamento imposto xa obsoleto, desde o primeiro día das obras, cunha capacidade de tanques de tormentas reducida á metade do que indicaban os estudos técnicos para conseguir reducir a niveis "aceptábeis" a contaminación das augas mariñas da nosa Ría. A aceptación dos convenios con Acuaes e Augas de Galicia, prexudiciais para a economía e os intereses xerais da cidadanía. A ocultación e a xeración da chamada crise da auga de Ferrol, hai un ano, por case un mes da falta de potabilidade da auga do abastecemento ao conter fora dos parámetros recomendados, elevados niveis de trihalometanos na auga, superiores aos máximos que establece a OMS que deixaron sen auga potábel por varios días a unha poboación de máis de 140.000 habitantes. E por último a imposición e cobro dunha taxa de depuración, sen participación cidadán, nin transparencia, mesmo ilegal, pois foi cobrada antes de facer o preceptivo censo e xa non digamos cobrar unha taxa de depuración, cando a depuradora non funcionaba. Mesmo o Xulgado do Contencioso-Administrativo nº1 de Ferrol, hai uns día, deu-lle a razón ao Concello de Ferrol, ante un recurso de Socamex/Urbaser -a parte privada de EMAFESA, dando por bo o acordo plenario, do 18 de setembro do 2015, de suspensión da taxa de depuración... todos, motivos suficientes para caducar a concesión e iniciar un proceso de remunicipalización [2] .


Actos pola Auga en Ferrol

Pola mañá, no Concello, acto institucional e aberto aos medios: A remunicipalización da auga e o saneamento.
Acto sobre o rescate da xestión pública da auga, do abastecemento e saneamento, con Luís Babiano, xerente de AEOPAS, membros electos dos concellos de Ferrolterra e da Plataforma. Acto aberto aos medios de comunicación.

DÍA: Mércores 29 de Xuño de 2016. HORA: ás 12 do mediodía.

LUGAR: En Ferrol, na Sala de Recepcións do Palacio Municipal (Praza de Armas, s/n).

OBXECTIVO: Despexar dúbidas sobre a necesidade, rendibilidade e posibilidade de rescatar para a xestión pública o ciclo integral da auga (Abastecemento e Saneamento).
Contamos cos colaboración do Alcalde de Ferrol que accedeu a participar e conceder a Sala de Recepcións para a realización do Acto.

Pola tarde, no Ateneo, acto público: A remunicipalización da auga e o saneamento.

20 xuño 2016

Charla "Remunicipalizar Ferrol" con Fernando Urruticoechea. Martes día 21 ás 19 h.

 

 Charla: "Remunicipalizar Ferrol" con Fernando Urruticoechea

Martes 21 xuño ás 19 h. no salón de actos do Ateneo

Interventor. É aquel encargado de supervisar se as contratacións e o emprego do diñeiro público axústase á lei. Unha figura designada polo Estado, pero que orgánica e economicamente depende do alcalde de quenda. Carecen de xerarquía e, por iso, non poden denunciar a un órgano superior que se están cometendo delitos. Os seus informes quedan na mesa do alcalde. E se non son do seu gusto, na papeleira.

Esta radiografía é, a trazos grosos, a triste realidade dunha figura cuxa labor é tan descoñecida como deostada. Cóntao Fernando Urruticoechea, interventor de profesión e un dos maiores cruzados contra a corrupción no noso país. Declarado persoa 'non grata' polos alcaldes que se enfrontaron aos seus informes, Urruticoechea leva dúas décadas destapando neles as irregularidades cometidas nos Consistorios nos que traballou.


"A construçom mediática do conflito político na Galiza". Mércores día 22 ás 19 h.


"A construçom mediática do conflito político na Galiza: 
o tratamento de Resistencia Galega na imprensa"

mércores día 22 de xuño ás 19 h. no salón de actos do Ateneo

Apresentaçom da tese de doutoramento na USC de 
Helena Domínguez, Dra. em Ciéncias da Informaçom

05 xuño 2016

Proxecto Lobo: "O lobo debe vivir en liberdade". 17 de xuño ás 19 h.



17 de xuño ás 19 h. no Ateneo Ferrolán
Proxecto Lobo: "O lobo debe vivir en liberdade"

A Asociación sin ánimo de lucro GRUPO LOBO promoven un Programa de Voluntariado para a realización dun Censo Científico e Independente dolobo ibérico.

O obxectivo do censo é ofrecer estimas poboacionais no período reprodutor á marxe das oficiais, é dicir, lonxe de intereses cinexéticos, e que sirvan para contrastar e ofrecer variables distintas sobre a situación dos núcleos reprodutores no espazo.

Participará o director científico do proxecto é o Dr. Fernando Palacios, científico do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) cunha ampla bagaxe investigadora no campo da mastozoología, e que dedicou unha parte importante da súa actividade durante os últimos anos ao estudo do lobo ibérico, e será coordinado a nivel nacional por Anxo M. Sánchez, biólogo e fotógrafo naturalista, con ampla experiencia no campo da conservación da biodiversidade e o desenvolvemento sustentable, tanto en España como noutros países.

 Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1762572847361134/


02 xuño 2016

[Actividade para socios e socias] O Ateneo en ruta ... Museo de Historia Natural. 21 de xuño ás 18 h.



O Ateneo en ruta ... 
Visita guiada ao Museo de Historia Natural da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)
Martes, 21 de xuño de 2016 ás 18 horas. 
Anotarse antes do 16 de xuño en www.goo.gl/VrTeze.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Datos da actividade:
Actividade: Visita Guíada ao Museo de Historia Natural 
Colabora: Sociedade Galega de Historia Natural
Prezo: De balde
Data de realización da actividade: Martes, 21 de xuño de 2016
Hora de comezo: 18:00
Duración previsible: 75 minutos
Lugar de encontro: Museo de Historia Natural da SGHN (Ferrol)
Número de participantes: 10 mínimo / 25 máximo
Inscrición: Do 2 ao 16 de xuño de 2016
Formulario de inscrición: www.goo.gl/VrTeze 
Normas completas de “O Ateneo en ruta”: www.goo.gl/vuUlkv
Para participar na actividade é obrigatorio cubrir o formulario de inscrición (​www.goo.gl/VrTeze).

Agardamos que desfrutedes desta actividade e participedes dela.

Un saúdo,
A Xunta Xestora do Ateneo Ferrolán.​

01 xuño 2016

Mostra fotográfica "Voyage Polonia" do fotógrafo de viaxes Igor Gonzalo. Do 3 ao 30 de xuño



Mostra fotográfica "Voyage Polonia" do fotógrafo de viaxes Igor Gonzalo
Do 3 ao 30 de xuño nas salas de exposicións do Ateneo
Inauguración o xoves día 2 de xuño ás 19 h.

O vindeiro xoves 2 de xuño ás 19 h. inaugurarase a mostra fotográfica "Voyage Polonia" do fotógrafo de viaxes Igor Gonzalo. A sala de exposicións do Ateneo albergará a exposición do 3 ao 30 de xuño.

A mostra conta cun total de 48 fotografías. O pais protagonista nesta 7ª edición "Voyage Photo Tour" será Polonia, país que comparte este ano con España a capitalidade europea da cultura.

Igor Gonzalo, fotógrafo burgalés afincado na Coruña, publica as súas fotografías de viaxes en revistas como "National Geographic Viajes", "De viajes", "Rutas del mundo", en guías de viaxes como "Repsol" ou "Fodor's" en medios de comunicación como o diario "El mundo" e en grupos editoriais como Salvat, RBA ou Anaya.

O seu proxecto expositivo "Voyage Photo Tour" cumpre en 2016 o seu 10º aniversario.

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1136960899698706/

Charla sobre o TIPP con Xabier Benito. Venres día 3 de xuño ás 19,30 h.

Charla sobre o TIPP con Xabier Benito
Venres día 3 de xuño ás 19,30 h.

Xabier Benito falaranos do que significa este tratado o venres día 3 de xuño no salón de actos do Ateneo.

Xabier Benito afirma, tras acceder por primeira vez á 'cámara secreta' na que Bruxelas custodia os textos, que estes priorizan "a defensa dos intereses das empresas por encima dos dereitos das persoas" en cada un dos folios que puido ler.

Un eurodeputado de Podemos, tras acceder aos documentos do TTIP: "Todas as sospeitas son certas".

"A defensa dos intereses económicos das empresas está por encima dos dereitos das persoas en cada parágrafo do tratado". "Estamos ante o golpe de estado das multinacionais sen que o podamos sequera ler".


Organiza: Fuco Buxán

31 maio 2016

Charla: "Berta Cáceres. Resistencia á privatización da vida". 8 de xuño ás 19,30 h.


Charla: "Berta Cáceres. Resistencia á privatización da vida"
O mércores 8 de xuño ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo
Organiza: Esquerda Unida
Participarán:
Mauricio Santos Ochoa. Cooperante Internacional. Hondureño.
Hugo Hernández: Incidencia Política Mundubat. Hondureño
Xabi Lombardero. Galiza Ano 0. Ex-cooperante.

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1724751977781030/

Encontro/Asemblea Foro Galego de Inmigración. Sábado 11 de xuño ás 11,30 h.


 Encontro/Asemblea 2016  
Foro Galego de Inmigración

sábado día 11 de xuño ás 11,30 h. no Ateneo 

O Encontro/Asemblea 2016 que o Foro Galego de Inmigración celebrará este sábado día 11 de Xuño na cidade de Ferrol, no Ateneo Ferrolán, cunha ampla participación de representantes das asociacións, entidades e persoas de toda Galiza que conformamos o Foro Galego de Inmigración.

Ademáis desenvolveremos un Acto Público Reivíndicativo ás 13 h. na zona dos Cantóns, despois dunha Manifestación polas rúas máis centricas da cidade, para facer visible a realidade da inmigración entre a cidadanía, o Acto contará con actuacións musicais e perfomance teatral e rematará coa Lectura dun Manifesto.

Convocamos ao conxunto da cidadanía a este Acto para amosar a solidariedade con este colectivo de persoas, conveciñas nosas, que teñen os seus dereitos gravemente recurtados e que mesmo son perseguidas nas nosas vilas e cidades.

Despois dun xantar compartido, pola tarde celebraremos a Asemblea Anual do Colectivo, aberta a participación de calquera persoa ou colectivo interesada que analizará o labor desenvolvido, incluíndo a promoción e activa participación na Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas.

As persoas interesadas en participar poden contactar mandando un mail 
foroinmigracionsantiago@yahoo.es ou contactar telefónicamente

Santiago: 662 307 019 Miguel
A Coruña: 607 486 482 Rubén
Lugo: 645 213 555 Randi
Ferrol: 680 922 151 Susana


Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/203544790039435/ 

Imaxes do Encontro/Asemblea do Foro Galego da Inmigración: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/photos/?tab=album&album_id=1709404302648883

Charla "Presente, pasado e futuro da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán". 1 xuño ás 19 h.




O mércores 1 de xuño de 2016 ás 19 h. no Salón de Actos do Ateneo celebrarase unha charla baixo o título "Presente, pasado e futuro da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán"


 Esta charla enmárcase dentro da programación de actos pola conmemoración do 40º aniversario da refundación do Ateneo Ferrolán.

Presentará e moderará a charla Uxía Gutiérrez, actual bibliotecaria do CHUF e antiga bibliotecaria do Ateneo Ferrolán. Intervirán Pilar Blanco, antiga bibliotecaria do Ateneo Ferrolán e Fernando Rivera, actual bibliotecario do Ateneo Ferrolán.

Agardamos a vosa presenza e a máxima difusión posíbel do acto.

A Xunta Xestora do Ateneo Ferrolán.
Ateneo Ferrolán, un lugar de encontro para a cultura desde 1879
Evento no facebook:  https://www.facebook.com/events/1774489429451223/

Curso intensivo de "Técnicas de Manipulación de Marionetas". Do 13 ao 23 de xuño.



Curso intensivo de "Técnicas de Manipulación de Marionetas"
Enfocado a profesionais e entusiastas que queran adicarse ao mundo do teatro de títeres.
Do 13 ao 23 de xuño de 10 a 14 h. no Ateneo
Imparte: Plamen
Prezo: 6 € (gastos administrativos)

Prazas limitadas, admitid@s por riguroso orde de inscrición.
Anotarse na secretaría do Ateneo Ferrolán 981.357.970 ou secretaria@ateneoferrolan.org

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/965179063595108/


Autor: Ani Petrova
 aniatelier.tumblr.com