Buscar neste blog

23 xaneiro 2008

VI Certame de Teatro Infantil e Xuvenil ATENEA 2008


BASES:

As entidades Ateneo Ferrolán e Caixa Nova convocan o VI CERTAME DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL “ATENEA” 2008, dirixido a Centros de Ensino, Entidades ou Sociedades Culturais que teñan sección infantil ou xuvenil de actividades, coa fin de promover entre eses primeiros segmentos da nosa cidadanía o interese, afección e amor ás letras e á representación escénica.

PARTICIPANTES
Poderán participar e optar ós premios que se establecen tódolos grupos teatrais, non profesionais, vencellados a Colexios Públicos e Privados, a Sociedades Culturais ou Veciñais, que se correspondan coas categorías que se establecen nestas bases.

CATEGORÍAS
Establécensecatro categorías para a participación neste Certame:
  • a) Grupos de Teatro Infantil
  • b) Grupos de Teatro Primaria
  • c) Grupos de Teatro Xuvenil
  • d) Educación Especial
A idade límite para participar como actor ou actriz será de 20 anos, salvo nos casos excepcionais que serán valorados polo xurado.

CONDICIÓNS BÁSICAS
  • a) Cada grupo participante só poderá presentar ao certame unha obra.
  • b) A duración da representación de cada obra estará entre 20 e 75 minutos.
  • c) Haberá unha distinción especial para aqueles grupos que presenten unha obra inédita.
PLICAS
Tódolos grupos que queiran participar deberán envia-las súas solicitudes ao Ateneo Ferrolán:
  • Enderezo: Rúa Magdalena, 202-204, 1º. Aptdo. 303. CP 15402 – Ferrol.
  • Apdo. Correos: 303 Ferrol
  • E_mail: a_ferrol@teleline.es
Nas solicitudes farán constar os seguintes datos: nome do colexio ou entidade e persoa responsable cos datos correspondentes ao grupo presentado (nome do grupo, nome da obra, número de actores e idades, duración da obra e espazo necesario).

PRAZO
O prazo de presentación para a participación no Certame remata o 22 de febreiro de 2008. Co gallo de facilita-la asistencia e traballo do xurado, xunto coa solicitude deberá achegarse unha copia do texto da obra. Os grupos, optativamente poderán presentar unha gravación da obra en formato DVD.

REALIZACIÓN
A representación das obras, na súa primeira fase, terá lugar nos meses de marzo, abril e maio do 2008, dentro dun programa que estará en función do número de participantes. O xurado fará unha selección de DOUS grupos nas categorías A, B e C, así como na categoría D haberá un só grupo seleccionado. O xurado valorará en cada representación os seguintes apartados:
  • a) Mellor posta en escena
  • b) Mellor representación
XURADO
O Xurado será nomeado, de mutuo acordo, entre o Ateneo Ferrolán e Caixa Nova.

PREMIOS
Dos grupos finalistas, como parte do premio, poderán ser seleccionados para unha representación o día da entrega de premios nun lugar a determinar pola organización. Tamén recibirán unha cantidade en metálico, igual para todos polo importe de douscentos cincuenta euros (250Є) que deberán ser destinados á adquisición de materiais para a formación e promoción das artes escénicas.

ACEPTACIÓN DAS BASES
A presentación a este concurso supón a plena aceptación destas bases. Tódolos imprevistos non contemplados nelas, serán resoltos polo xurado sen ningún tipo de apelación.

Ningún comentario: