Pódense ver as fotos AQUÍ.
Desde ese mesmo día, o Concello de Ferrol (entidade propietaria do edificio) mostrou interés por arranxar os desperfectos; como aparece reflexado nesta nova da Voz de Galicia do 19 de xaneiro.
[....compromiso del gobierno municipal con el Ateneo y adelantó que los técnicos del Concello trabajarán «de xeito inmediato» para reparar los desperfectos que causaron las llamas. Con ese fin, ya el propio día del incidente, el concejal de Rehabilitación, Miguel Reimúndez se trasladó al Ateneo para conocer de primera mano el alcance de lo sucedido y analizar las acciones a acometer por parte del Ayuntamiento....]
Ainda que non saise na nova, a concelleira Beatriz Sestayo tamén pasou polas dependencias para ver in situ o acontecido. [www.lavozdegalicia.es]
O sábado pasado, 26 de Xaneiro, como consecuencia dos desperfectos, o Ateneo sufriu outro incendio froito dun cortocircuito, provocado polas luces queimadas que iluminaban ate o día 17 a entrada a esta entidade cultural.
O Presidente deste Ateneo leva case quince días insistindo para que o Concello arranxe a entrada, e ata o momento non se realizou.
O Ateneo Ferrolán é unha entidade cultural sen animo de lucro con 129 anos de historia, e durante os últimos trinta anos un referente socio-cultural da Comarca, "Un lugar de encontro para a Cultura" é o lema desta entidade.
O Ateneo Ferrolán desenvolve durante todo o ano actividades como:
- O Concurso Internacional de Gaita Galega " Constantino Bellón "
- Certame Fotográfico de Medio Ambiente
- Duas publicacións : Revista Atenea ( trimestral ) e Os Cadernos do Ateneo ( anual ) ,
- Exposicións, teatro, proxeccións.
É un lugar de encontro para moitas asociacións culturais, politicas e veciñais que atopan no Ateneo ese sitio onde facer moitas das suas actividades.
Baixo o noso punto de vista, O Ateneo, ten dúas cousas que o fan ainda máis valioso: Por unha banda, manter o posto de traballo de tres mulleres desde fai 25 anos e por outra ter no seu Patrimonio a única Hemeroteca da Comarca de Ferrolterra, que conta con exemplares editados en Ferrol no século XIX e principios do XX como Faro de Ferrol, El Eco Ferrolano, La Lucha, El Radical, La Democracia ou Diario Ferrolano dos que o Ateneo conserva os únicos exemplares.
A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán demanda do Concello de Ferrol que :
- Se arranxe de inmediato a entrada ó público. Pois nas condicións nas que se atopa, e logo do sucedido o sábado 26, periga tanto a vida das persoas, como a Hemeroteca-Bliblioteca, o Patrimonio da entidade e os edificios 202 e 204 da Rúa Magdalena.
- Se acometan as obras de REHABILITACIÓN tal e como esta contemplado no acordo de inversións (21 millóns de euros) que en Xullo do 2002 suscribiron o Goberno Local e a Xunta para a Rehabilitación do Barrio da Magdalena e Ferrol Vello.
- Se respete e se valore a unha Entidade Cultural con mais de 129 anos facendo Cultura con e para o noso pobo.
Ferrol, 29de Xaneiro do 2008
REHABILITACION DA SUA SEDE, XA !!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario