O Ciclo de Conferencias “Cultura e sociedade nun mundo global” estará en tres ocasións no Ateneo Ferrolán, esta é a primeira.
Dia: Xoves 17 de Xaneiro ás 18:00hs.
Lugar: Salón de Actos do Ateneo Ferrolán.
Organiza: ALGA (Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada)
Tema: “Sistemas Sexo/Xénero 'matriarcais' ”:
- Os Bijagós (Guinea Bissau)
- Os Zapotecas (México).
Imparte: Águeda Gómez Suárez (Socióloga naUniversidade de Vigo e membro de ALGA)
Presenta: Rosario Alabau Albors (Concelleira da Muller-Concello de Ferrol)
Zapotecas e Bijagós son dúas sociedades nas que as relacións, roles e identidades de xénero rompen cos estereotipos que dende Occidente debuxamos das chamadas “sociedades en vías de desenvolvemento”, articulando pautas de sexualidade e relacións de poder que permitiron a algúns antropólogos e sociólogos plantexarse a existencia do matriarcado nas mesmas. Nun mundo no que impoñemos unha visión etnocéntrica e monolítica do modelo de igualdade de xénero, Zapotecas e Bijagós permiten repensar a igualdade dende paradigmas respectuosos coa diversidade cultural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario