Adhesión ao Manifesto pola Recuperación das Rías e da Costa Galega

A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán quere facer pública a súa ADHESIÓN ao MANIFESTO presentado onte día 16 de marzo POLA RECUPERACIÓN DAS RÍAS, POLA RECUPERACIÓN DA NOSA COSTA e promovido polas confrarías de Ferrol, Barallobre e A Coruña.


As rías galegas e toda a nosa costa en xeral son as que peor calidade microbiolóxica de auga teñen de toda Europa.

Aínda sendo a zona de Europa con maior dependencia económica dos recursos do mar, pesca, marisqueo e actividades ligadas a elas.

E a pesar de que a 1 de xaneiro de 2006 tiñan que estar construídas as depuradoras de augas residuais.

Aínda hoxe ningunha ría está libre de zonas C (contaminadas por vertidos de augas fecais). Nestas zonas non se pode extraer marisco para a venta directa.
Hoxe o 41% da ría de Ferrol é zona C, de aquí se extraía o 80% de todo o marisco da ría.

Ademais a isto hai que sumarlle os recheos sen control e as industrias contaminantes no interior das rías ou en zonas sensíbeis.

A xente que traballamos no mar e vivimos del non somos os únicos afectados, todos e todas perdemos, tamén a nosa saúde.

Para recuperar o noso litoral e saúde do noso medio ambiente mariño.

Unha costa recuperada crea mais riqueza e postos de traballo.

Con unha costa recuperada gañamos todos e todas.

Desde as confrarías pensamos que é a sociedade galega a que ten que responder dunha vez. Xa está ben de destruír unha das principais fontes da nosa riqueza natural e económica.

Pedimos o apoio do tecido asociativo galego: asociacións veciñais, culturais, ecoloxistas, empresarias, anpas...

É cousa de todos, é cousa de todas.


Para calquera consulta dirixirse ao e-mail salvarasriasgalegas@gmail.com

1 comentarios :

yujiayao dixo...

For those of you who are purchasing Faucets,we realize that this is one of the most important purchasing decisions you will make. You have made the best choice in choosing one of our Bathroom Sink Faucets,Kitchen Faucets or Shower Faucets, as they are constructed of the highest grade materials to ensure that your new Faucets lasts forever. You can be confident in your purchase as each item comes with a no hassle 30 day return privilege.

Related Posts with Thumbnails