Buscar neste blog

20 outubro 2009

Xornadas GNU/Linux no Ateneo Ferrolán

28 e 30 e 31 de Outubro
PROGRAMA

Mércores 28 de 17hs. a 21hs.: "Sen medos que é libre"
  • O proxecto GNU e o kernel Linux: GNU/Linux.
  • Software libre: filosofía e licenzas libres.
  • A comunidade: grupos de usuarios e participación.
  • Ventaxes e compatibilidade: en ocasións non todo funciona.
  • Distribucións: a variedade está chea de posiblidades.
  • Entendendo GNU/Linux: usuarios, grupos, permisos, sistema de ficheiros, carpetas...
  • Escritorios: Gnome, Kde e moitos outros...
  • Recursos en rede: Descarga, instalación e actualización.
Venres 30 de 17hs. a 21hs.: "Festa de instalación"
  • Trae o teu ordenador e un cable de rede e instala GNU/Linux compartindo espazo con windows ou mellor aínda, soamente GNU/Linux.
  • Se non podes traelo, podes ver e aprender a instalalo.
Sábado 31 10hs. a 14hs.: "Máis a fondo"
  • Instalación de aplicacións e repositorios.
  • Libre ou non libre: codecs, drivers e engadidos.
  • Aplicacións e equivalencias libres: ofimática, redes, gráficos, multimedia, xogos... e todo o que precises.
  • Configuración de redes con e sen fios.
  • Emuladores e máquinas virtuais.

3 comentarios:

Mercedes dixo...

Hai que inscribirse? Ónde? Ou é de asistencia libre

ATENEO FERROLÁN dixo...

A entrada é libre e gratuíta. Non é preciso anotarse, so tes que vir ...!
Saúde!

Unknown dixo...

Boas! Iremos catro persoas o sábado á mañá dende Mugardos, membros da Comunidade O Zulo. Noraboa pola iniciativa...