Ciclo de cine: "O cine arredor de Foise co Vento"
Os 70 anos do mellor ano do cine: 1939
Os 70 anos do mellor ano do cine: 1939
Adeus Mr. Chips (1939) – Martes 2 febreiro
- Director: Sam Wood
- Intérpretes: Robert Donat, Greer Garson, Terry Kilburn
- Sinopse: No corazón de Inglaterra está enclavada a escola de Brookfield. A ela chega, a finais do século pasado, o novo profesor Mr. Chips. Nela transcorrerá toda a súa vida profesional como mestre de varias xeracións.
- Director: Frank Capra
- Intérpretes: James Stewart, Jean Arthur
- Sinopse: Jefferson Smith, un home sinxelo dunha pequena cidade, é enviado como senador a Washington por un grupo de políticos que queren convertelo nunha marioneta ao servizo dos seus intereses. Smith iniciará unha batalla en solitario contra a corrupción e un grupo de senadores sen escrúpulos. James Stewart, nunha interpretación maxistral, Jean Arthur e Claude Rains protagonizan este clásico da historia do cine.
Ninotchka (1939) – Martes 23 febreiro
- Director: Ernst Lubitsch
- Intérpretes: Greta Garbo, Melvyn Douglas, Ina Claire
- Sinopse: ¡Garbo fala! Anunciábase cando a estrela do cine mudo Greta Garbo debutou no cine sonoro. Nove anos e doce clásicos da pantalla despois, a talentosa lenda do celuloide estaba preparada para outro cambio. ¡Garbo ri! Anunciaba a publicidade da súa primeira comedia, un conto espumoso sobre unha austera enviada rusa que antepón a súa condición de muller ao seu patriotismo soviético, até que se namora dun amable e sofisticado parisiense (Melvyn Douglas).
- Director: Henry King
- Intérpretes: Tyrone Power, Henry Fonda, Nancy Kelly
- Sinopse: Esta incrible narrativa recolle a historia do pistoleiro máis tristemente famoso do Oeste americano, Jesse James (Tyrone Power), e o seu irmán Frank (Henry Fonda), desde a súa infancia nunha granxa de Missouri, até a súa idade adulta, narrando as súas aventuras como salteadores de trens e bancos.
Entre ficción e realidade, esta impresionante narración das súas lendarias actividades delituosas está cargada de suspense e de romanticismo e apoiase nuns personaxes sabiamente debuxados, como o interpretado por Randolph Scott, magnífico coprotagonista que dá vida a un dos máis pintorescos personaxes do Salvaxe Oeste.
- Director: Raoul Walsh
- Intérpretes: James Cagney, Priscilla Lane, Humphrey Bogart
- Sinopse: Clásico do xénero que relata os diferente destinos de tres veteranos da Primeira Guerra Mundial que, tras coñecerse no campo de batalla, regresan a América tras loitar polo seu país. A pesar do desemprego e das difíciles condicións económicas, Lynn irá polo bo camiño, pero Cagney, amargado por non ter traballo nin futuro, unicamente atopa unha oportunidade no contrabando ilegal de licor. Bogart é un implacable gánster nun mundo onde a violación da lei seca implica entrar no mundo do crime.
- Director: William Wyler
- Intérpretes: Merle Oberon, Sir Laurence Olivier
- Sinopse: Perdido nunha tormenta de neve nun rochoso páramo inglés, un estranxeiro atopase con Cumes Borrascosos, a lóbrega mansión do misterioso Heathcliff, un home tan torturado por un amor non correspondido que perdeu o desexo de vivir. Mentres a treboada roxe no exterior, o esgotado camiñante escoita fascinado a triste historia de Heathcliff -o antigo mozo dos cabalos- e o seu inocente amor por Cathy, un espírito libre que nunca chegou a facer realidade a súa paixón, porque cando Heathcliff volveu na súa busca logo de moito tempo tentando facer fortuna, atopouse a Cathy xa casada cun mozo da alta sociedade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario