Exposición de Pintura de ALEJOS "DERRADEIROS TRABALLOS" no Ateneo
Do 4 ao 28 de febreiro
luns a venres de 11 a 13,30 h. e de 17 a 21 h.
sábados de 10,30 a 13,30 h.
O pintor ferrolán Alejos, que vén de presentar a súa obra máis recente en Barcelona o pasado mes de outubro, expoñerá as súas últimas obras no ATENEO FERROLAN a partir do mércores día 4 de febreiro.
Posteriormente, o día 19 do mesmo mes inaugurará exposición na madrileña GALERÍA HERRAIZ, así como tamén será un dos poucos pintores europeos en expoñer na prestixiosa feira chinesa ART BEIJING, xa no mes de abril.
"De formación autodidacta, na pintura de Alejos podemos ver influencias de diversas correntes estilísticas, como son o pop art, a arte naif ou o xaponés ukiyo-e, aínda que el prefire denominar o seu estilo como "un novo impresionismo". Manchas de cores puras, ben definidas, xogan entre si harmoniosamente creando sutís paisaxes que impregnan as nosas retinas e que quedarán fixadas na nosa memoria, probablemente para sempre. Tráennos recordos de mestres de tempos pasados...del xaponés Hokusai, de Matisse e as súas cartolinas recortadas, tamén de Van Gogh e os seus coloridos paisaxes e mesmo, das xa máis recentes, pinturas americanas de Hockney. É, ante todo, unha pintura lírica, imaxinativa, alegre, suxestiva e especialmente rechamante, coa que este artista nos recorda que a arte é ante todo creación, interpretación, non simple copia da realidade, facendo fincapé en que o mundo debe representarse, non só como é, senón tamén, como se sente. Hai obra de Alejos en EUA, China, Reino Unido, Portugal, España, etc,".
Ningún comentario:
Publicar un comentario