Buscar neste blog

23 maio 2017

Presentación Documental "Deportado 4443". Mércores 24 ás 19,30 h.



O Club de Prensa de Ferrol presentará o mércores día 24 de maio no Ateneo Ferrolán ás 19:30 h., o documental «Deportado 4443», impulsado polo xornalista Carlos Hernández. O periodista, cunha dilatada traxectoria en medios e no ámbito da comunicación política, é tamén autor do libro que derivou neste traballo audiovisual.
Trátase dun documento a modo de «testemuña dos máis de 9.000 presos españois que estiveron nos campos de concentración nazis». O tío de Hernández foi o «deportado 4443» durante máis de catro anos no de Mauthausen e convértese agora no inicio para a historia que relata o documental.

Participarán na charla: Carlos Hernández e Daniel Rocha.

Entrada libre.



Ningún comentario: